O caso é que nos facemos regalos, pequenos detalles, a maioría das veces feitos a mán por cada quen... Son sempre moi comentados os do meu tio Carlos, que inventa e fabrica él mismo o que nos trae, desde xoias de madeira a cuncas feitas cun coco. Tamén os de Margara e Jose: xabón feito por eles na casa o ano pasado, outro ano un almanaque é un CD con máis de 1000 (ou eran 100 ?) fotografías antigas da familia, recopiladas e escaneadas durante meses... Tamén durante meses estiveron macerando as herbas aromáticas no aceite que nos regalou a miña prima Andrea.
Eu, como sempre, teño problemas co predimensionado dos proxectos...Logo de argallar no papel regalos para facerlles (facer a man, quero dicir, non comprar) a todos e cada un dos presentes, de xeito personalizado, que darían para montar un posto nunha feira de artesania, chega o día e teño soamente dous ou tres feitos, e estes aínda sen rematar ou a medio facer. O ano pasado mesmo regalei cousas sen acabar para que as rematara pola súa conta o destinatario¡¡
Este ano non vou permitir que me pille o touro... Rebaixei as miñas expectativas, para acomodalas as miñas capacidades e tempos, e ademáis estou xa a traballar, non como os outros anos que facía todo dous dias antes (máis ben duas noites, para non ter que dar explicacións ós nenos de por que estaba eu a facer o traballo que terían que estar facendo os Reis magos) Asi que levarei pouca cousa, pero eso sí, penso levala rematada...e envolta!
Non lles fagas nin caso aos homes que tes na casa.
ResponderEliminarA julia e a min encántanos o teu blog.
Vémolo a miúdo e sempre comentamos o bonitas que che quedan as cousas que fas.
Ademais o mellor de teu blog é que sempre dá bo rollo, Como ti.
^-^
ResponderEliminargracias!