Isto é o que trouxen de Reto esta mañá: un sombreiro chinés ( ou iso pareceume), un mapa de Europa, un libro vello titulado Tratado de Armonía e unha bandexa de madeira desas tan bonitas dos anos 50:
O lote completo custou 5 €
RETO 4. Despois
O Reto desta semana foi o das fotos e o arquivador. O arquivador pinteino e teñoo a secar. As fotos eran estas:
O único que fixen foi pegarlles os recortes dunhas mans, enmarcando algún elemento da paisaxe (e de paso, ocultando antenas de telefonía e torres eléctricas) ...
Así e como quedaron ao final, xa colocadas no seu sitio:
De novo me deixas coa boca aberta!
ResponderEliminarEncantame como che quedaron, ainda que eu estivera un mes mirando que facer con esas fotos xamais se me ocurriria algo tan orixinal.