domingo, 24 de octubre de 2010

Xa naceu Gael!

Antes do previsto...
Tiña pensado facer un baby sling, como os da miña admirada Ervillha, para regalarlles ó meu irman e miña cuñada. Xa atopara un patron en internet (aquí) e a vista dos acontecementos puxeme mans a obra... acabei polos pelos, xusto para levalo de regalo quentiño... Tiven que facer varios axustes e quedou moi curto...é o primeiro que fago, teño que darlle mais voltas: é mais facil do que parece cando lees as instruccións pero é mais dificil do facil que parece cando te pos co chollo...eu me entendo...

Que pequerrecho é que bonitiño é o meu sobriño!, por certo non lle gustou nada o farrapo, tan pronto o metín alí dentro empezou berrar coma un tolo...se cadra a tea non era moi doce...

Aquí está o baby sling, e unha proba de carga (cunha almofada, no cun neno...)

3 comentarios:

  1. Quedouche ben feitiño! :)
    A miña experiencia cos pouch é similar mas cando xa poden ir sentadiños (5-6 meses) é o mellor do mundo e encántanlles porque non só van no coliño da súa nai, senón que inda por riba van ollando ao mundo :)

    Bicosssss

    ResponderEliminar
  2. Ola meniheira! (deboche unhas mariquitas non o esquezo...)

    ResponderEliminar
  3. Aiiii, un bebeciño!!! Mmmmm
    Benvido Gael!
    Eu cos pouches non sei, epro a bandoleira useina coa L. dende que naceu, posta vertical no meu peito coma unha ra, e moitos meses despois noutras posturas.

    Quedouche ben chulo!

    ResponderEliminar