lunes, 25 de abril de 2011

Os luns: Apunte do natural

 Ten que ser rápido... non collo un parado, eso que aproveito cando ven debuxos na tele

miércoles, 20 de abril de 2011

outro fular

Sigo a miña rolda de fulares feitos con teas que teño por casa. Afecioneime ao asunto e xa teño algunhas teas seleccionadas para facer algún mais.  A gracia é  ir  maquinando un remate (ou non-remate) diferente para cada un.

Este fixeno hai moito tempo, sin mais procedemento que facerlle un simple nó a cada extremo da tea. Eso sí a tea é como unha gasa de algodón... unha caíada moi bonita. Mañán é xoves santo así que pareceume que a cor cadraba ben coa época así que ocorreuseme mostralo hoxe.

Ademais aproveitei para recortarlle un poco un dos extremos, que estaba mais longo que o outro. Corteino coas tesoiras que teño de picos un pouco en curva e quedou como si fora un caravel. Ao outro extremo nin lle toquei, sempre pareceume unha rosa.
 
Coido que estarei uns dias sin pasar por aquí, se cadra vemonos o luns...

martes, 19 de abril de 2011

Os luns: Apunte do natural...(o martes)

Onte tiven un pequeno despiste, esquecín que era luns.

viernes, 15 de abril de 2011

chocolate

 
Esta mousse fixérona practicamente eles sós. Mesmo separar as xemas, que é ben dificil...Afurricaron un pouco co punto de neve... e quen non?

lunes, 11 de abril de 2011

Os luns: Apunte do natural


Onte estiven na casa dos meus pais e trouxen estas camelias. Tan pronto as colles da árbore empezan perder a súa cor branca e porse oscuras...que pouco duran. Pero tamén é bonita esa beleza murcha.

sábado, 9 de abril de 2011

mais teas e panos

Onte estiven cubrindo os cristais do meu chinero con panos, cintas e teas que tiña por casa, inspirada un pouco polo xeito de dottie angel  
Teño moitisimos, boa parte deumos miña nai, outros veñen dalgún mercadiño...Xa era o momento de airealos un pouco e sacalos dos caixóns pechados. 
As veces gustaríame ter unha casa cun gran xardín so para lavar as miñas teas, manteis e fulares e poñelos todos xuntiños a secar ao sol nunha corda...

viernes, 8 de abril de 2011

Cousas que estou seguindo en ebay

Estes son algúns carteis que atopei a venda en ebay...
Posta xa no modo verán, como pide este tempo






















 







lunes, 4 de abril de 2011

domingo, 3 de abril de 2011

Andaina


Esta mañá do domingo fun de andaina cun grupo de amigos. Dezaseis kilometros en total, de parque en parque e de barrio en barrio na nosa cidade... Ainda non estou moi entreada, pero hei de repetilo... 
Aquí estamos o grupo de valentes antes de votar a andar

viernes, 1 de abril de 2011

globos...

A volta ao mundo en globo...
Mañana vou ao mercadiño de Vilagarcia...eso e esta foto do pasado xullo traeme aromas do verán...

Caderno da viaxe

Nun primeiro momento pensara en mercar unha moleskine, como manda a tradición viaxeira...pero atopei que este caderno negro de hule da nosa Miquel Rius de toda a vida ten un tamaño mais axeitado para o meu gusto, mais semellante as proporcións DINA, así que paseime da Moleskine ao Miquel Rius, e alá fun carrexando co meu caderno por Londres adiante.
 Estas son algunhas das páxinas que fixen. Alguns dos debuxos están feitos alá pero a maior parte do traballo está feito xa na casa, coa idea de fixar na memoria as lembranzas desta  pequena pero intensa viaxe.