lunes, 13 de febrero de 2012

Os rabiscos do luns


Un rabisco feito nunha libreta calquera, nada mais...

Esta que pasou foi unha semana complicada, cos nenos enfermos e moito que facer. O sábado e o domingo  non estivemos na casa, así que non tiven moito tempo de pasar por aquí. A ver si esta que comeza podo acougar un pouco...


2 comentarios:

  1. Ben chulo Esther! A verdade é que tamén o son os anteriores pero a miña fobia ás serpes non me deixou observalos moito. Tiña eu un profesor de debuxo que sempre dicía: "aquel que debuxa con bolígrafo ten moito mérito, cada liña que faga tena que facer ben" Parabens unha vez máis!
    Por certo, hoxe descubrín unha entrada túa do 1/03/2010, na que falas sobre a mercería da rúa das orfas, non daba crédito, eu escribiría exactamente o mesmo, non cambiaría nin unha letra. As mesmas experiencias comprando alí, a mesma apreciación sobre a señoriña, os mesmos soños sobre coller a tenda con todo aquel arsenal de colores dentro e darlle saída...
    Cando paso por alí, aínda me achego ao cristal e bótolle un ollo, por entre as láminas daquela persiana verde, ás cousas alí abandonadas, entón a xente que pasa mírame un pouco desconfiada, non poden imaxinar canto daría por comprar un lote daquela mercadoría! Xa me conformaba con iso.

    ResponderEliminar