Estes botóns deumos unha compañeira de traballo que sabe das miñas aficións a merceria e ao costureo. Atopounos nun local antiguo, que ven de herdar e di que ten moitas mais cousas.
Non me canso de miralos..Parecen carameliños! Poñenme de bo humor, moitas  gracias Pepa!
Este luns  non subín o meu rabisco. A verdade é que fixen moitos, pero non os puxen aquí, eran parte do traballo para un concurso de carteis que ainda non se fallou.
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario