sábado, 12 de septiembre de 2015

Fin do verán

Agora sí, acabou o verán definitivamente, o martes empezan as clases os dous que faltaban. Este ano teño un en primaria, outro en secundaria  e outro en bacharelato.
Volta a empezar...

lunes, 7 de septiembre de 2015

As Meninas de Canido

Non sei si xa comentei algunha vez neste blog que eu son de Ferrol, supoño que si. Esta fin de semana tivemos unha xuntanza familiar todos os irmáns  e aproveitamos para ir tomar algo na praciña do cruceiro de Canido -moi perto da nosa casa- como facemos tantas veces. Esta vez fumos co aliciente de que era a fin de semana das  Meninas, e o barrio de Canido  estaba en autentica festa veciñal:  concertos, recitais,  xente pintando polas rúas as tabernas cheas e moita xente paseando e disfrutando do bo tempo.. Xa falei aquí do barrio das Meninas e creo que merece a pena darse unha volta por alí si algunha vez vades por Ferrol.

Aquí vai unha pequena mostra de algunhas das cousas que vi, unhas novas e outras xa doutros anos.