Un gorro feito duns calcetíns
O outro día estiven dándolle voltas a que mais cousas podería facer cun par de calcetíns, aparte do coñecido mono e pensei que era ben doado facer un gorriño gracioso para un neno, (ou para un maior)
Nesta foto queda resumida a idea:
Tense que cortar os calcetíns pola parte posterior ata a metade do talón, seguindo a liña que se ve na foto. Despois, dáselle a volta aos calcetíns, e cósense un a outro unindo as dúas pezas pola liña do corte, volvense dar a volta para que queden do dereito e xa temos o gorro feito.
Os pes do calcetín podense agora arranxar de mil maneiras, para darlle un toque simpático ao gorro: facerlle un par de nos, dedeixalos colgando, como unhas orellas, facer un so nó. Na última foto, vai con unhas pelotas saltarinas de goma, para facer un agasallo doble!
A idea pode elaborarse un pouco mais, según a inspiración de cada quen... Por exemplo, pódense usar uns calcetíns dunha so cor e poñerlles unha tea estampada en contraste na base do calcetín para darlle mais resalte ao efecto orella...e que sei eu...






Que idea! Vexo que mercaches os mesmos calcetins que merquei eu. Fixen un mono hai un mes e aínda teño varios pares á espera. Moitas grazas por compartir a túa creatividade.
ResponderEliminar