jueves, 8 de diciembre de 2011

volve o mono

Xa hai tempo que non facía un sock monkey, pero con esto da tenda, retomei a idea. Paréceme un xoguete moi bonito para regalar a un neno pequeno. Os meus fillos e sobriños teñen cadanseu un, que lles fun regalando desde que fixera aqueles primeiros. Os que eu fago seguen o patrón tradicional, coa pequena variante das pernas largas, que lles dan, na miña opinión, un toque especial, e os fai   mais xeitosos para o xogo. Os que están na casa, que xa teñen un tempo,  seguen aí, vixentes,  formando parte dos xogos cotíans, pendurados do sitio mais insospeitado, usados como voleadores pampeñas, ou coma pontes colgantes...

Estes dous monecos fixenos onte  e vounos subir a tenda axiña. Apeteceume probar algo mais que o Sock monkey,  que xa está moi estudiado, e pensando, pensando,  ocorreuseme, con pequenas variantes sobre o mono, o sock elephant.  Estou moi orgullosa da miña idea, , ainda que,  estou casi segura,  xa debe estar inventado.

O dos calcetíns tenme moi entretida, dan para moito. Onte dediqueille o dia  á investigación do calcetín, e ocorreronseme mais ideas. Mañan, se cadra, as poño aquí,  que estes dias festivos dan moito de sí.

Aquí mostro algunhas das fotos que fixen dos monecos. Paseino ben facendolles as fotos para Etsy. A miña cociña parecia hoxe un estudio de fotografía profesional, con dúas super modelos posando para mín!


Estes son os mencionados calcetíns (fixen os monecos con dous pares combinados) antes de poñerme con eles.
 E aquí están os resultados:





1 comentario:

Os Tartarouchos dijo...

Que graciosos o sock ekephant ese que te marcaches :D