viernes, 28 de diciembre de 2012

Feliz 2013!

Non creo que poda pasar por aquí nuns dias...Así que feliz Ano Novo a todos!
Que o 2013 nos dea a todos unha sorpresa e sexa o mellor ano da nosa vida!

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Ola por aí...

Estes dias ando a facer moitas cousas (pequenas cousas, claro) pero non as podo mostrar aquí: estou botando  unha man a Papá Noel e aos Reis Magos e asinei con eles unha clausula de confidencialidade ...
Deixo polo tanto  algunha imaxe que non me compromete a nada...

Aquí o noso humilde portal de Belén. 

Este ano nunha caixa de viño. A estrela de Belén e un molde que fixera o  meu pai hai anos, cando meus irmáns e mais eu ainda eramos nenos pequenos... Con ese molde facía  unha estrela de pan que penduraba sobre o noso Belén....Aquel si que era un Belén...faciamos as montañas con trozos de leña, os campos con mofo que recollíamos na horta ou no monte, os camiños con area e mesmo facíamos  un lago cun espello, cunha ponte que o cruzaba...O Castelo de Herodes tiña na porta dous gardas da lexion romana, cun casco dourado que lembro moi ben...Había fiandeiras, pastores, xente que sacaba auga dun pozo e como no, os tres Reis magos todos de oro e prata, con os seus camellos e os seus paxes...Cada día había que movelos un pouco cara ao portal de Belén...




Feliz Nadal

sábado, 15 de diciembre de 2012

Dia escuro



Hoxe foi un desagradable dia de temporal fora da casa e de paz e tranquilidade (ata certo punto) dentro...
Lástima de dia tan escuro...Apenas saíu un atisbo de luz fun coller a cámara...
Coma sempre que está a chegar o Nadal, os nenos están dun estrano bo humor... Hoxe fun buscalos ao cole, o que non é o habitual, e iso xa lle deu ao día un lixeiro aire de festa. De camiño a casa atopamos estes tesouros...Algo bo tiña que ter tanto vento!

Levo varios dias buscando o noso celendario de advento e non o atopo. Xa aparecerá en maio.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Serigrafia III


Ata agora traballaramos sobre teas, esto último foi xa sobre papel, a varias cores...Cambia o tipo de tinta, cambia o tipo de pantalla, cambia todo! 
Houbo que rexistrar o papel  para facer coincidir cada pasada de distinta cor no seu espazo.. Vale, na tarxetiña non coinciden, pero non foi problema do rexistro, senon do fotolito, que o fixen as carreiras e claro, pasa o que pasa...
Todos os erros do principiante están xuntos nesta tarxetiña...pero como resulta que son unha principiante, pois coido que é o normal. 

Pois aí están, as miñas primeiras serigrafias! Nada menos que 45 tarxetas dun tirón...Teo dice que teño que numeralas e firmalas, porque son obra orixinal do artista, e as que non estean ben segundo meu criterio, que lles poña PA (proba do autor )....Volví para casa toda chea...obra orixinal do artista, proba do autor...umm, que ben soa

viernes, 7 de diciembre de 2012

Para ir entrando en modo...




Ainda teño na tenda  aquelas tarxetiñas a punto de cruz dixital...Se cadra este ano mando algunha.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Serigrafia II

O próximo sábado será o ultimo dia do meu curso de serigrafía...Soubo a pouco...





 Estes son dous traballos feitos por algún alumno anterior, que están expostos no taller...Non sei o nome, pero heino preguntar a Teo o sábado...góstanme moito.



domingo, 25 de noviembre de 2012

Serigrafia

Xa podo mostrar a miña primeira colleita do curso de sergrafía! Xa levamos tres sábados, pero ata agora non trouxera nada a casa, quedara todo alí, no taller...
Son simples probas, primeiros tanteos: dous debuxos que xa tiña feitos, un que fixen dunha rosa alí mesmo o primeiro día e una blonda de pasteleria en forma de corazon. E despois aprender  todo o proceso do principio ao fin, a matriz, o fotolito, o emulsionado,  o enmascarado da pantalla, a impresión sobre a tea...¡ e como lucen os resultados! 












Canto daría por ter un espazo para mín onde montar un taller!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Xa se pode votar

Hoxe subín a Spoonflower e comprobei que xa está aberta a votación do concurso de teas para o Nasher museum.
A páxina para facer as votacións é esta: weekly contest: Nasher-Matisse. Aí pódense ver todos os deseños presentados e votar por un deles.Que se gaña? Pois nada, ter a túa tea colgada no museo Nasher, mentres dura a exposición de Matisse.

É curioso esto dos concursos. Tiñamos que emplear todos os mesmos  catro colores obrigatorios e o tema era para todos igual: unha tea inspirada (non copiada) nas que se poden ver nalgúns cadros de Matisse. E que cousas tan diferentes !

Aquí vai alguns outros deseños presentados ao mesmo concurso, que me gustaron:

Matisse_Pomegranate
Este é de Yvonne_herbst



Henri
Este é de Lisabarbero



Fauvist
Este é de resdesigns



Painted Colours
Este é de Kimsa



Berry Ugly
Este é de surlybirdstudio




Matisse_Contest
Este é de tippstert

En fin, hai un montón, imposible mostralos todos, son varios centos.

O meu era este:


Se queredes votar por algún destes ou o por calquera outro que vos goste mais,  ide ao enlace que está mais abaixo. Facendo click nas imaxes que nos van gustando, faise unha primeira selección. Despois hai que votar, de entre elas, as que preferimos e confirma-lo voto.
Weekly contest-Nasher/ Matisse
Boa fin de semana!

martes, 20 de noviembre de 2012

Concurso spoonflower. Matisse

Hoxe remata o dia para subir deseños de teas ao concurso semanal de Spoonflower . Esta volta pedíase un deseño inspirados nas teas que se poden ver nos cadros de Matisse, e daban una paleta de cores restrinxida para usar. Os dez mellores serán mostrados no museo Nasher , que sei que ten unha gran coleccion de cadros de Matisse o outros maestros modernos procedentes da coleección das irmans Cone, de Baltimore, herdeiras dun gran imperio textil, a amigas personais do artista. 

Eu levo toda a semana toleando co rapport, os motivos, os patterns e as repeticións...Xuro que cando vexo un deseño textil dos de antes quito o sombreiro...non sei como facian! Agora cos ordenadores todo é mais doado (se controlas o programa, claro).

Non quedou como eu quería exactamente pero mandeino igual. Isto é un anaquiño do deseño que mandei, logo de ir facendo un retoquiño aquí e outro alá respecto o primeiro:

Este motivo repetido fai algo coma isto:
A partir do dia 28 de novembro  podese votar no concurso, na páxina web de Spoonflower. Si eu mesma lembro a data, hei poñer un enlace, por si cae algun votiño...

sábado, 17 de noviembre de 2012

rapport

Hai xa tempo que non subo ningún deseño novo de teas a spoonflwer, ¡ando moi liada !, pero o boto de menos. O deseño textil e unha das miñas ocupacións favoritas: ben podo pasar dez horas trasegando nun deseño e esquecer a hora de comer..(cousa rara en mín).

Agora ando dandolle voltas ao concepto do rapport, esa forma de plantexar un deseño textil  que evita  os fallos na repetición do motivo, ese fallos que sempre aprecio nos meus deseños e que quero corrixir: as xuntas do motivo mal feitas, as liñas ou  ocos cos que non contabas que aparecen estropendoo todo...

Hoxe adiquei a tarde a rapportar un deseño que, se cadra, e chego a tempo,  mando ao proximo concurso semanal de spoonflower. Estes foron os pasos que seguín:




Co motivo así posto, cambiado en diagonal o de arriba abaixo e o de abaixo arriba podense ver os fallos que vai ter a repetición e correxilos...Aquí enchín algún oco e comprobei que algunha parte do deseño orixinal era mellor cambiala. 



Xa escaneado e no ordenador fun facendo alguna proba para ver como ía quedando. Si non tivera feito o rapport, a cousa quedaría como na imaxe seguinte. 
 E así, probando e probando, sin darme de conta, cheguei a unha da madrugada! Boas noites, que mañan teño que madrugar para ir o meu querido curso de serigrafia.