martes, 27 de enero de 2009

panos de cociña outra vez

O dos panos de cociña é a miña última teima... valen para todo. Eu atopara fai tempo unha tenda de aquí cos ten moi baratos e cuns debuxos moi alegres e sempre que paso merco algún...con eses fixen os mandís que regalei en Reis. O outro día vin noutra tenda unha oferta de 10 panos por 6 € e compreinos, con vistas a facer algo con eles algún día, porque dixen eu, esta última tolería miña polos trapos tampouco nos vai levar a ruína, non é que me dea por mercar diamantes... Estes son algúns do lote, habíaos tamén en azul. O caso é cos anteditos panos xa están colocados... Aproveitando que merquei unha grampadora de tapiceiro e aproveitando que tiña o tapizaría das cadeiras da sala que daba noxo pois decidín usar os panos para ese mester...Penso que non quedaron nada mal...Por aquí, que son moi críticos concluíron que a execución, pre-fe-ta, pero a tela, en fin, ... unha trapallada. Aquí vemos ós meus técnicos sometendo o produto a probas de carga e control de calidade

lunes, 26 de enero de 2009

furacán

Como este non tiña nome colleunos desprevidos, pero eu nunca vira algo igual... Ahí debeixo está a caseta do can (sen can) esmagada polas árbores caidas na casa da miña tíaMaruja. A outra foto é da casa da miña tia Teresa... Levan desde o vernes sen luz...non sei si a estas horas terán xa para poder ver as fotos do desastre...un bico as dúas.

martes, 20 de enero de 2009

domingo, 18 de enero de 2009

rematou a fin de semana...

Este deu para moito... Además como estiveron aquí Ana, Javier e Uli foi especial...
O vernes chegou Ana e axudounos a rematar a instalación do acuario... so faltan os peces e as plantas. Mentras a esperabamos fixemos unhas pastas que quedaron moi sabrosas.
O sábado fumos ver o pertido do neno, que foi moi reñido. De feito houbo empate. O árbitro non lembraba moito o protocolo para estes casos e tivo que consultar cos entrenadores... (é o que ten o deporte de base) Ao final perderon na próroga, pero como era un rival tan temido, a derrota pareceulles unha vitoria.

Ao salir do partido, como quedaba perto, fumos mercar á plaza os ingredientes para a comida. hacía tempo que non ía... (desde que mudamos de barrio)

En fin, un fin de semana máis...


miércoles, 14 de enero de 2009

Esta semana estivemos ocupados co traslado do acuario. Os Reis magos trouxeron un máis grande, e vamolo instalar na entrada ao salón, que na habitación do neno non cabe.
Estivemos decidindo a decoración, e chegamos ao acordo de facer algo moi sinxelo (desbaratada por fín a idea de por unha calavera para que pasaran os pececiños polos ocos dos ollos), con area e pedriñas brancas no fondo. Na tenda de animais compramos un tronco natural, que temolo en remollo desde fai dous días, para que solte toda a porquería, e onte fumos a dar un paseo pola beira do río, coa intención de coller algunha pedra, algunha pranta e que sei eu, para coller inspiración no propio habitat que queremos reproducir. A excursión estivo ben, porque o paseo é moi bonito...merece a pena ir... Non levei a cámara pero algún dia poré fotos. Polo asunto das pedras e das prantas, un fracaso. Mollamonos os pés e trouxemos só catro pedras... Alí postas no río todas xuntas están moi ben, pero porse a escoller unhas poucas...ningunha parecíanos a fetén... Das plantas, xa nin falar... Dúas que intentamos coller, arrincamolas sen raíces, e casi caemos todos ó río...Ademáis ¿non estarán protexidas? Haber había centos...desas que son como melenas verdes frotando...pero....eu que sei En fin, que vamos voltar a idea de comprar as prantas na tenda... e logo veremos... Por fin o venres empezamos os traballos. Ao principio. antes de botar o auga, todo foi ben...Despois, en fin, unha desfeita: máis que acuario, fixemos un pantano... Meu fillo, que ten experiencia co tema, dí que é normal, que en unha semana se estabiliza o chollo e a auga queda limpa...non sei, xa contarei. Eu fixerame xa algunhas ideas logo de ver o concurso de decoración de acuarios do que me enterei por papar e vivir e claro, logo de ver cousas como esta, agora o noso xa non ten color...

lunes, 12 de enero de 2009

fin de semana

O mellor do fin de semana é o de remolonear sin facer nada concreto. O bó é que levantámonos relativamente cedo desde que o rapaz ten partidos os sábados e o dia da para moitas cousas... ...como intentar sacar a música da canción de Ben Ten, que sei que están a piques de conseguilo, porque eu xa escoitei algo que mo recordaba un pouco... Como o da música non é o meu, eu adiqueime a seguir a luz, da mañá, e da tarde, que das dúas teño. Na sala principalmente hai luz pola mañá e un pouquiño pola tarde.Na cociña sempre da pola tarde...A última hora, cando xa a casa está oscurecendo, na cociña reverbera a última e dourada luz do día...xusto antes de porse o sol...O último raio do día atrapao xustamente o meu froteiro Tamén atopei este babeiro que fixera dunha toalla vella cando empecei a experimentar coa máquina de coser...O meu sincero agradecemento a Miguel, que amablemente modelou para mín, para mostrar a prenda en cuestión...

viernes, 9 de enero de 2009

2009

Esta mañá, amañeceu nevando... alegroume como se fora unha nena...Lástima que a cousa non dera para máis... o chan non chegou a porse branco, apenas os tellados...A medida que foi avanzando a mañá e quentando o solciño, da neve non quedou nin rastro, parecía ( mirando a través da ventá, claro, ben abrigadiña) un día de primavera... Sempre teño a impresión que o novo ano comenza ao redor do día 8... Realmente nesas datas é cando me fago os bós propósitos para o ano que comenza... O de facer deporte ou ir ao ximnasio ou estudar inglés xa non mo creo nin eu, pero polo demáis teño a cabeza chea de novos proxectos e de cousas (pequenas) que me gostaría facer... Meu irmán Luis regaloume este bonito calendario ... Cando miro para él entranme gañas de facer cousas e de levar á práctica as ideas que me van e ven pola cabeza, e de encher cos meus propósitos as súas páxinas como se foran os dias que quedan por vir... En xaneiro, de momento, estoume adicando as lámpadas. Teño desde fai moito soportes sen pantalla e pantallas sen soporte, das lámpadas que foron rompendo, e que non me decido a tirar, pero tampouco a arranxar. Onte puxenlle un papel plegado en abanico ao soporte dunha lámpara de Ikea da que se rompera a pantalla de cristal. Non quedou de todo mal...aínda que nada que ver co maestro Este vai ser o lema de xaneiro... nin un pé sen pantalla, nin unha pantalla sen pé!

lunes, 5 de enero de 2009

noite de reis

Hoxe estamos xa en casa, logo de andar vagando de aquí para alá dende o día 23... A Noiteboa e o Fin de ano pasamolos sempre cos abós...pero a noite de Reis volvemos a casa...
Fumos ver a cabalgata, e logo deixamos todiño ven preparado para cando veñan os Reis, que virán con frio, de andar toda a noite por ahí: tres copiñas de licor de guinda da aboa Esther, que lles gosta bastante, a xulgar polos outros anos, que non deixaron nin pinga, e auga para os camelos. Tamén deixamos turrón, abeláns e dátis. O caso é que de andar de aquí pa acolá non puiden facer todo o que tiña pensado, eso que andiven carrexando por toda Galicia o meu canasto de labores... Algo fixen, pero andar cosendo en casa allea non é tan doado como na túa propia... A parte boa foi que a miña tia Fina vendo tal entusiasmo, regaloume a máquina de coser que ten na casa, que era da miña abóa Neves... unha Singer das antiguas, tan bonita!... O dia 27, fixemos unha cea na casa da miña nai para poder estar todos os irmáns xuntos, que nas datas máis sinaladas non sempre podemos estar todos á vez. Ahí está o equipo de cociña...Os mandís que levamos son parte do que pensaba regalar no dia de Reis,pero... que mellor que ese día para estrealos! Estou moi fachendosa con eles... Están feitos con trapos de cociña, dobrados para arriba, para facer o bolsillo...Levoume menos de 20 minutos facer cada un... Ceamos brochetas de polvo e langostinos, galiña en pepitoria coa receita da miña tía Maruja, que quedou xa rexistrada pa sempre, (ainda que sei que se trabucou co momento de botar o ovo...) e de postre semifrio de vainilla, cortesía de javier, (e de Jamie Oliver) que quedou moi resultón: En fin, son as dúas da mañán, acabo de rematar a última bufanda, e por aquí aínda non chegaron os Reis, así que ... creo que vou darlle un groliño ao licor de guinda!