sábado, 23 de febrero de 2013

Pinterest puritano

Hoxe recibin un email de Pinterest decindo que esta imaxe que tiña pineada no meu tablon "ilustración"  fora retirada porque contiña nudity.
Pois manda carallo...

O caso e que estiven tentando lembrar o nome do autor ou o sitio onde a vira e non fun quen, claro, como ma retiraron do tablón!  Vou investigar.

xxxx

Síii, atopeina! É unha ilustración dunha artista francesa que se chama Sophie Lécuyer. Este é o seu blog, fermosas ilustracións, belisimos traballos...recomendo a súa visita.

viernes, 22 de febrero de 2013

ceramicas do castro



Os mércores dispoño de 50 minutos mentres o Val vai a clase, e nese tempo aproveito para facer as miñas fechorías. Para non caer na tenda que ten os mostrarios de teas en liquidación -da que xa falei aquí mais veces- din un rodeo, para ir caer finalmente nunha tenda de segunda mano...Entre vasos de duralex, cuncas de barro e caixiñas de porcelana rococó atopei, como unha xoia, estas pequenas pezas de cerámicas do Castro. O da tenda pediume 50 centimos por cada unha, e non o dudei. 

Fun para a casa contenta e triste á vez...Contenta e orgullosa de ter na nosa terra algo tan especial, algo que sentimos tan noso, e á vez tan internacional, tan parecido a eses  deseños  nórdicos que tanto admiro, como son as cerámicas do castro ou de Sargadelos, e contenta porque o puiden adquirir polo que costa un café.

E triste  porque din en pensar como sería vivir no outro pais que podía ser tido o noso pais, e din en pensar con qué frecuencia a grandeza de espiritu, o afan de facer as cousas ben, o pensamento, o coñecemento, a modernidade, a cultura en suma, son arrasados por intereses mezquinos de xente cativa, que nin sequera son conscientes do dano que fan, ou, simplemente, polo diñeiro.


viernes, 15 de febrero de 2013

al loro

Estes dias do antroido adiqueime a coser, pensando na próxima feria de artesania do Soho de Vigo, que será o primeiro sábado de marzo, e  aquí está o froito do meu traballo: o meu expendedor de papagaios, como digo eu...Hai moito que non facía monecos de trapo, e agora  recollín o tema casi de xeito compulsivo...nada mais e nada menos que 12 papagaios novos a miña coleción!!!














E a maleta de monos e elefantes segue a crecer...

E aquí temos o behind the scenes...destas fotos 





domingo, 10 de febrero de 2013

Packaging

Pensei que era unha boa idea aproveitar un dos meus deseños de teas para facer un papel de envolver especial para a miña tenda...Esta é unha proba para facer bolsiñas de papel para empaquetar os meus monos e elefantes.




jueves, 7 de febrero de 2013

Outro mais

Ola: Chámome Esther  e son teaólica.
Os mércores teño un dia mooooi malo. Dispoño de 50 minutos enteiriños na rúa, mentres espero polo neno, e como non da moito tempo a nada, aproveito e vou remexer un pouco nas tendas dos meus "provedores" habituais. Onte fun á miña tenda de teas preferida, na que apenas estamos dúas ou tres persoas un día normal, e estaba chea de mozos e mozas mercando apaños para os seus disfraces de carnaval. Había tal burumbio que non me prestou moito a visita, así que fun a  tenda de decoración que está ao lado, e ten os  mostrarios de tapicerías en liquidación. Xa falara dela aquí mesmo.
E sí, piquei de novo. Nas dúas.







martes, 5 de febrero de 2013

Proposito de febreiro: iniciado

Comenzo co reto de febreiro: rematar a miña alfombra de tea trenzada, aquela  famosa braided rug que leva comigo xa hai anos. Hoxe non foi mais que tantear  o choio, ver o que tiña feito e calibrar o que falta por facer. Cría que tiña o tema menos adiantado... pero si so falta un empurronciño de na!


Mellor ir así, con folgura de tempo, porque a miña irmá planteoume outro reto para o primeiro sábado de marzo, e agora ando toda tensionada. Sei que quere mostrar as miñas cousas -xunto coas súas-  nunha especie de mercadillo que se fai en Vigo creo que os primeiros sábados de cada  mes (Soho-Vigo, chamanlle) en fin...eu que estaba na miña casiña, tan tranquila...


lunes, 4 de febrero de 2013

Valentines


Unha tarxetiña por San Valentín... para subir un pouco os ánimos, para quentar o corazón, para facer sorrir a tua xente,  para lembrar  que... all you need is love...
Esta podese atopar aquí, na miña tenda bigcartel




E para celebrar o Antroido e o San Valentín todo xunto, que tal este cartel?