martes, 29 de mayo de 2012

Texturas

Levo uns dias traballando nun cartel...e a verdade é que non acabo de collerlle o punto. Farta de ver a cor plana do fondo, tan virtual, tan anodina, pensei que o que estaba a botar en falta era esa sensación de tocar algo material, no que quedan as marcas do paso do tempo, algo con textura...
Así que hoxe adiqueime a fabricar texturas para facerme unha especie de catalogo...como disfrutei!

 









 
A que estan chulas? A quinta lembrame unha nena cun paraguas camiñando contra o vento...faría unha boa ilustración no?...Penso que ven de nacer a miña nova obsesión!

lunes, 28 de mayo de 2012

Os rabiscos do luns




 
O rabisco deste luns e cousas vellas que vou atopando cando ordeno. Esa sirea era para un cartel que tiña en mente e non cheguei rematar para enviar...se cadra noutra volta retomo o choio.

lunes, 21 de mayo de 2012

Os rabiscos do luns

Facendo limpeza estes dias atopei esta libreta vella con algúns debuxos...lembro que este en concreto tivera moito exito entre os meus fillos.

sábado, 19 de mayo de 2012


 Casi todolos anos por estas datas dame a ventolera de sacar e ordear todas as miñas teas...Estou inmersa nunha desas limpezas de primavera de varios dias que monto unha feria na casa e logo as presas teño que volver metrer todo nos armarios casi como estaba porque chega o luns e non fun quen de arranxar nada...

Esta vez dille unha volta de torca ao de ordear as teas. Agora teño tantas que xa podo formar combinacións e agrupalas por cores e texturas, pensando e imaxinando o que pedería facer con elas. A verdade e que fun feliz facendo eses lotiños...e casi como si xa tivera xa feito cada cosa.










martes, 15 de mayo de 2012

Os rabiscos do luns









Pois estame costando manter a miña rutina dos rabiscos do luns... pois que sexa o martes, logo. Facer recortables de papel é unha das cousas mais relaxantes do mundo...Vale, se cadra unha masaxe no lombo tamén

domingo, 6 de mayo de 2012

Cartel de san Fermín



Este é o cartel que presentei ao concurso dos Sanfermíns de 2012. Como non quedei entre os oito finalistas, coido que xa podo mostralo aquí.



Pois a min gústame, que queres