martes, 25 de octubre de 2011

A festa de Gael


 
 Esta fin de semana celebramos a festa do aniversario de Gael , na casa do meu irmán  Tin...Non podo resistirme a poñer algunha foto, a súa casa é un sitio especial.
Fixo un dia estupendo, soleado, menos mal, xusto ao día seguinte caeu unha boa treboada. Aquí está a horta de Tin

viernes, 21 de octubre de 2011

Gael xa fai un ano!

Parece que foi onte cando chegaba a este mundo o noso querido Gael e xa vai facer este domingo un ano!
Este moneco fixeno onte para el...esperemos que lle guste...Teño que retocar o patrón para facerlle algún axuste...Vou poñerme agora con outro modelo, a ver que tal...Cando os teña perfeccionados se cadra os poño na tenda...Gael vai ser o meu probador de prototipos! 


 Estes son os ingredentes, mais o patrón que fixen  mirando un libro de dinosaurios, pero que ainda teño que perfeccionar un pouco

martes, 18 de octubre de 2011

Receita de 15 minutos (todo incluído)


A min os éxitos culinarios veñenme cando menos os  espero...Aquí vai esta receita para facer as carreiras coa que me fixeron a ola esta tarde. Son palmeiriñas pequenas cubertas con chocolate... Perfectas na súa imperfección.

Receita:
Comprar un rolo de masa de hojaldre xa feita
Dobralo como se ve na foto as metades cara o centro e repetir ata que non dobre mais
Cortar o roliño obtido en lonchas
Abrir un pouco facendo unhas V para darlle a forma.

Aquí convén non perder a fé. Deses gurruños aplastados sairán, mais ou menos as palmeiriñas.

Pintar con ovo batido e espolvorear con azucre e meter no forno, no mesmo papel que trae a masa.
Mentres está no forno fundir chocolate para postres no microondas cun pouco de leite

Cando estean douradiñas sacanse do forno, botaselles o chocolate por riba e si se pode, deixanse enfriar.

lunes, 17 de octubre de 2011

domingo, 16 de octubre de 2011

Pinterest

Xa tiña oído falar do Pinterest pero ata agora non me decidira a probar...Hai tantas cousas na rede...facebook, twitter, flickr..se te deixas ir acabas por tolear...Eu ao facebook non lle acabo de coller o punto...aturullame a cánsame...pero ao de Pinterest estou enganchada...Levo un par de horas cravando chinchetas virtuais no meu taboleiro ...Vou parar que xa teño os ollos a cair...
O que queira botar unha ollada os meus taboleiros de fotos, ainda medio valeiros teño o enlace aí ao lado, na barra lateral.

miércoles, 12 de octubre de 2011

Follas pintadas

Boa idea para facer cos nenos non? Todas estas imaxes estan collidas do blog The art room plant, unha boa fonte de inspiración

lunes, 10 de octubre de 2011

Os luns: Apunte do natural

Esta que pasou foi unha semana de cambios e axustes  nas nosas rutinas...novo horario no traballo, menos horas para as miñas cousas...mais cousas que facer na casa...
Xa casi non tiña luz natural cando puden coller o caderno, pero empeñeime en facer o meu apunte rápido dos luns coma sempre...que non se diga que afurriquei!

lunes, 3 de octubre de 2011

MOO


Xa teño na casa as minitarxetiñas que encarguei en Moo. Lástima que non chegaran a tempo para enviar co meu primeiro pedido da tenda...Teño tamen unhas pegatinas redondas como a imaxe da tenda que está na barra lateral. Estas cousas a min perdenme...

Por certo, dinlle unha pequena volta ao escaparate da tenda. Volvo poñer algun dos carteis  que tiña antes e tamén engadín o cartel que enviara para o concurso do Congreso sobre a lactancia.

O apunte do natural deste luns, vai ter que ser mañá, hoxe non fun quen de acougar nunha cadeira ata agora mesmo, e xa non tiña luz natural... nin forzas

Post-post

Logo de publicar este post, recibín un correo de MOO no que explican que os seus  clientes teñen un enlace especial e personalizado, que sei que si o pos, e alguén coñece e usa Moo a través dese enlace  fanlle no seu primeiro pedido o 10% de desconto, e ao que o pon, tamén lle fan descontos, así que aí vai o meu enlace personalizado  a  MOO, se picas aquí e fas algún pedido, tes un aforro e eu otro.

domingo, 2 de octubre de 2011

A miña primeira tea!



Recibín unha  proba daquela tea que desenara en xullo e que mandei a Spoonflower...Fíxome moita ilusión, é a primeira vez que vexo algo desenado por mín fabricado de verdade (que non sexa, claro, feito con cartóns de ovos, envases de plástico ou demais elementos collidos camiño do lixo).

Chegou nese paquetiño tan molón. E pouca cosa, xa o sei, o que no mundo das teas en yardas chaman o  fat quarter, de quilting cotton, o sexa, para o traductor de google "un cuarto de grasa de algodón acolchado"

Falei algunha vez do divertido que é ler cousas en outros idiomas co traductor de google?
Un día lin, traducido dunha páxina en sueco, algo así como... "Aquí está, a miña mesa de merda de galiña conxeada" 

¿Verdade que iso non pode estar ben traducido?

sábado, 1 de octubre de 2011