lunes, 29 de agosto de 2011
jueves, 25 de agosto de 2011
estes dias
Estes dias andiven dandolle voltas a un cartel que vou presentar a un concurso e que veño de rematar. Penso que quedou ben, (non é o da foto, cando poda xa o mostrarei). O fixen a partir dun grabado en linoleo, que xa hai tempo que quería probar... as gomas de borrar vanseme quedando pequenas.
Nunca antes grabara nada en linoleo así que o que se di a técnica non a coñezo... Mirei nun libro que teño e a teoría pareceume fácil...Ilusa... A parte do grabar foi ben, é mais ou menos como coa goma, pero á hora de entintar, miña naiciña, a que montei.
As gomas de borrar fagoas coa típica tinta de oficina, eses tampóns que xa venden para os selos de caucho , pero claro o linoleo era moi grande para iso. Probei embadurnar con pintura acrilica un rolo e darlle, peo non foi ben. Logo probei con tinta china en frasco e nin chegou agarrar, estaba moi aguada. Fun a tenda onde mercara o linoleo e non me souberon dicir que tinta tiña que empregar. Mirei en internet e dis que hai tinta especial para linograbado ou tinta offset (?) pero eu por aquí non a atopei.
Como eu non son de me desanimar, volvín a casa e tomei medidas á desesperada, collín o frasco da tinta líquida e pusena a ferver nun cazo, a ver si ao evaporar o auga espesaba un pouco e ía mellor a cousa. Un pouco mellor si foi, pero non para tirar foguetes...En calquera caso valeu, porque despois traballei coa imaxe no ordenador, e retoquei a cousa, pero vamos, teño que mellorar a técnica...
Aquí está cunha tea de raias debaixo
martes, 23 de agosto de 2011
oliveiras
A miña curmán Ursula e o seu mozo regalaron como recordo da súa voda estas oliveiras...deronlle unha a cada invitado, metida nese saquiño de tea. Pareceume unha idea moi bonita.
O meu fillo maior está construindo un estanque para peces en Prado e decidiu plantalas aí...Espero que medren, non sei se o sitio que escolleu será moi sombrízo.
Aí está cos irmáns, explicando as grandes obras de inxenería que anda a acometer, Sei que ten previstas varias pozas independentes, comunicadas entre si cunha tella para facer unha pequena fervenza dunha a outra...Este neno tiña que ter nacido xapones, digocho eu.
lunes, 22 de agosto de 2011
miércoles, 17 de agosto de 2011
(Pequeno parentesis)
Andiven un pouco liada de aquí para alá, e mesmo non sei onde teño a cabeza...Nestes dias houbo de todo un pouco, volta ao traballo, unha voda na familia, viaxes dunha punta a outra de Galicia...non atopei momento para pasar por aquí, a ver si acougo un pouco...
Estes dias teño pensado traballar en mais desenos para a tenda, que con tanto bule bule non din feito, e tamén nun cartel para un concurso do que me falaron (gracias tartaroucha!) que remata o prazo moi pronto.
En fin...esquecín a máquina de fotos na casa dos meus pais, así que ata que a recupere non vou poder subir imaxes fresquiñas. Deixo esta de hai xa uns dias, que me pon de bon humor ... A foto non a fixen eu, fixoa o pai da rapaza. Quen poidera voar como ela!
domingo, 7 de agosto de 2011
...fin das vacacións
As miñas vacacións rematan hoxe....
Esta semana foi moi intensa e fixemos moitas cosas, pero non tiven moita ocasión de pasar por aquí...e ademais sempre esquezo coller a máquina...
Nesta excursión lembreime dela e así pude sacar estas fotos das illas Cies, tan fermosas, e dos nenos buscando barro para un proxecto que se traen entre mans co avó Pucho...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)