domingo, 28 de junio de 2009

Ricky Louro e os tres loros

Onte o meu rapaz maior quedou pasmado cunha noticia que saía na Voz de Galicia, que eu estaba a ler no meu ordenador... O titular dicía algo sobre Ricky "Louro", que quedou 5º no draft ou algo así...Ó meu fillo, que se toma o do baloncesto moi en serio, o de chamarlle Ricky Louro a Ricky Rubio parecíalle cousa inconcibible... Expliqueille que o periódico facía unha tradución automática, o sea que traduce unha máquina, por así dicilo, e empezamos a imaxinar traducións de apelidos e escachamos coas risas... ao final quentámonos tanto que acabamos mandando un correo ao periódico dicindo que se deixaran de traducións automáticas e que escribiran en galego, para facer honor ó seu nome... é o que ten o insomnio....
E aquí están os tres loros:

sábado, 27 de junio de 2009

aguacate e novos proxectos

O aguacate vai para diante como as fabas máxicas do neno do conto. Fíxose de rogar, pero cando colleu pulo, xa non parou, vai a 10 cm / dia. Aquí abaixo está o corte antes de coser do meu loro... Xa fixen tres, un prototipo, un de proba e outro fetén...tivo moito éxito entre os rapaces...e eu tamén gusto del...aproveitei un mostrario de telas que tiña comprado fai tempo en ebay...Non hai cousa que me relaxe mais que facer monecos de trapo, agás facer pan, claro... O caso é que o pan o comemos, pero os monecos de trapo... vou ter que abrir unha tenda... Mañá porei a foto dos tres loros, hoxe xa non podo mais...

sábado, 20 de junio de 2009

corchos?

Teño, porque os pedín, non porque as beberamos, mais dun milleiro de tapóns de botellas de viño... Onte decidín matar dous paxaros dun tiro, desfacerme dos tapóns e resolver o problema que temos coa nosa casa-invernadoiro: se baixas as persianas para protexerte do sol non podes abrir a ventan, si abres a ventan para que corra o aire, tes que ter a persiana levantada e torrarte... Cos tapóns de corcho sinto algo parecido o dos cartóns de ovos... gústanme, sempre ando a argallar que facer con eles porque me parecen fermosos, con unha certa cualidade estética no deseno e no material, e que, sen embargo, tratamos como lixo... Seguramente quede un pouco trapalleiro, pero non aturo mais andar apañando os corchos...cada certo tempo chega unha nova remesa do Racó, e xa toca facer algo con eles... De momento teño enfiaos uns trinta ... vai ser longo o choio...

martes, 16 de junio de 2009

de enquisas e pantasmas

Hai uns dias os nenos trouxeron a famosa enquisa, un papeliño que tiraron da mochila como cando traen unha nota dicindo que van de excursión , que non teñen que levar bocadillo e que lembremos porlles unha gorra... A min isto da enquisa paréceme tal trapallada que da un pouco de preguiza facela, é como participar nunha bufonada, non sei ... como si Berlusconi chamase por telefono a casa dicindo que está a recoller a opinión popular para decidir se modifica o código civil .. e que lle mandemos a resposta nun cuponciño que dan nos kioscos ó mercar o periódico... non sei Despois, pensei que era mellor cubrila, e ademais, deixar unha notiña no apartado das observacións... xa que preguntan, imoslles responder... Non sei poñer un vídeo de youtube no blog, nin sequera sei se se pode, así que poño o seu enlace xa que me pareceu interesante e ten moito que ver co tema e coa teima. E Isto de propina, dedicado ós meus amigos vigueses. E para cambiar de tercio, a baralla de "monstros e cousas que dan medo" que fixo V, e que lle quedou arrepíante:
A pantasma:
Frankenstein, Drácula (pendurado) e de novo a pantasma:
Este é un xigante, tan grande é que non lle cabía a cabeza, ademais ten unha árbore ó lado para que se vira o grande que é , segundo explicou o autor:
E aquí temos a momia é un guerreiro medieval, con "mazapán" é todo
Non poño mais, pero que saibades que ten 36, vamos, a baralla completa... En fin, como xa dixeramos, arrepiante...

sábado, 13 de junio de 2009

aguacate,arte postal e reto

O meu segundo intento co mail art, este vai para a convocatoria da biblioteca da facultade de ciencias da educación da universidade da Coruña, que ten por tema "radiografía do medo", da que nos falou Inma Doval no curso de mail art do roteiro
Esto outro é todo un acontecemento na casa, despois de moitos osos de aguacate (carozos?) podres de terlos a remollo en vasiños de agua, por fin co sistema que nos recomendou pepa, enterralos un pouquiño en calquera maceta, a cousa por fin vai... é importante non desesperar, as veces o de ser cabezona vai ben.
Aquí unha imaxe actual daquel trasto que mercara en reto... esta sen rematar, teño que facer un coxín para o banquiño, o que ten é provisorio, con algo que tiña por casa... o de estar sen máquina de coser estame matando...

miércoles, 10 de junio de 2009

xeografia imaxinaria (1)

Case todos os dias, de camiño a casa paso por diante dun pequeno estudo de arte no que traballan dúas mulleres... está na planta baixa e vese pola fiestra desde a rúa. Eu sempre paro diante e suspiro con envexa, vendo como se afanan entre tintas e cores, e volvo a casa matinando sobre vellos soños que as veces olvido...Ós nenos cando ven que pasamos por diante cambian de beirarrúa con disimulo, porque non aturan que me quede pasmada tanto tempo osmando pola ventana, (son mais educados ca min).
O caso é que hai uns dias vin un cartel na porta do taller que falaba do roteiro de creación, e unha páxina web, e entrei...O asunto está moi ben, fan visitas guiadas polos estudos dos artistas locais (por fin poderei entrar no meu walhalla) fan exposicións, cursos e talleres ... abertos para todo o público... o caso que no meu taller fixeran a semana pasada un curso de estampado sobre tela! que mágoa non chegar a tempo... Tamén ofertaban un taller de mail art, a carrego do artista Manoel Bonabal na biblioteca pública Anxo casal. Apuntamonos Valentín e mais eu.
Hoxe foi o dia. Na planta de investigación e consultas da biblioteca, o neno ía sobrecollido... eramos 12 ou 13 participantes e o único neno era el. Ó principio o profe deu unha pequena charla para entrar no tema e Valentín miroume como si o enganara, a verdade parecía que estabamos na facultade para coller apuntes... mentres o profe falaba da historia do movemento os dos seus principios, por así dicilo, o neno discretamente sacou da mochila un lapis e empezou a debuxar... Cando rematou de falar, o profe díxolle ó neno que lle cambiaba o seu debuxo por un del, e deulle este tan chulo que está aí abaixo... O neno quedou de mandarlle mañá o seu debuxo por correo... levoulle todo o resto da clase escribir a dirección... O caso é que estou -estamos- entusiasmados coa nova descuberta... chegamos a casa cheos de proxectos para facer... o traballo que empecei deixeino alá, pero aquí, na casa, logo de cear e deitar ós rapaces, coa casa xa en silencio, fixen este outro que está ao principio (cun cartón de ovos, como non) que vou mandar, mañana mesmo, xunto co do neno, ó noso profe Manoel, dandolle as gracias polo seu debuxo, e por ternos aberto as portas deste novo mundo

martes, 9 de junio de 2009

tapizar

Hoxe tocou darlle ó tapizado... desde que merquei a grampadora de tapiceiro, tapizo cadeiras e tallos sen pensar, sempre teño por casa algunha tela que poda valer... Esta banqueta era dun piano que había na casa cando era nena, e leva comigo toda a vida, desde que fun estudar fora da casa ata hoxe, mudanza tras outra... A última tela que tiña xa a puxera eu, ... que pouco profesional! vaia chapuza , con chinchetas de cores... Así quedou o choio agora, moito mais profesional, se ve que ós vinte tantos anos andaba a outras cousas... e mercar unha grampadora de tapiceiro non era unha das das miñas prioridades

lunes, 8 de junio de 2009

dándolle mais voltas a grilanda

Á grilanda que fixera co cartón de ovos, a partir desta fíxenlle unhas pequenas variacións... pintei as flores por dentro de colores e corteille unhas lisquiñas nos pétalos, e gústame moito como quedou... Acendida está mais bonita na realidade que na foto, sei que non son boa fotografa ...

domingo, 7 de junio de 2009

Dando unha volta por flickr atopei aqui este taller... como me gustaría poder ter algo así na miña casa! claro que tamén necesitaría outra zona mais de pintor, e outra mais para as telas e a maquina de coser, separada destas para non fozar todo coa pintura... non me ía chegar unha nave industrial... Esta fin de semana xa puxemos algunha herba na cociña, para ir collendo man coa futura horta... De momento mentres non teñamos un taller axeitado para traballar madeira ou ferro, imos seguir dándolle ao papel, que en calquera recanto montas o obradoiro, e as ferramentas que precisas caben no peto. Agora temos ademais do dragón, un crocodilo A verdade é que volvendo a mirar o taller do principio empezo a velo un pouco relambido de mais, non creo que estivera cómoda para traballar nese sitio... espírito amish, a verdade, non teño

viernes, 5 de junio de 2009

aprendendo dos erros

Sei que o dos terrarios foi un furor polos anos 60-70 nos estados unidos ... haiche un montón de libros desa época sobre o tema e estou xa trala pista dalgún deles para aprender un pouco mais sobre o tema... Porque unha cousa é a teoría e outra a práctica.... unha cousa é poñerse a montar terrarios como unha tola e outra ver como seguen un ou dous meses despois, refírome ós de ter tapados e autosostibles, por chamalos dalgún xeito... O que lle fixeramos a Ana, segundo conta o seu pai, esta dando problemas (leaves are caindo and becoming pochas, como diríamos no lenguaxe feixoada trilingual) ... Dos que teño en casa, que son mais pequeniños, dous están rufos como repolos, indo para riba que da gloria velos e outros dous, logo dun tempo estupendos, enchéronse de mofo, apamparon e houben de tirar con todo... Estes volvinos a facer, de momento, non podo asegurar nada sobre o seu futuro. A primeira conclusión á que cheguei é que antes de pecha-lo ecosistema, temos que asegurar que prendeu ben e está arraigado, doutro xeito é inútil, e telo na furna non fai mais que acelerar o proceso de liquidación...Polo tanto, si a idea é regalar algún, hai que facelo coa antelación suficiente para asegurarse de que vai ben, so risco de facer un regalo que lle apodreza ao destinatario nos morros, que parece mais ben que regalaches un mal de ollo. Tamén é necesario ventilar algo de cando en vez o receptáculo (cantos adolescentes non terán escoitado isto na boca da súa nai desde a porta do seu carto?) Outro problema, que me apuntou o meu irmán é a necesidade de esterilizar dalgún xeito o tranganillo... -Queres que ferva as plantas, ou!? díxenlle eu. Miroume coa cara que me poñen moitas veces meus irmáns, que ven sendo algo así como... pero esta lela, como chegou ata aquí? Vale, o que tiña que ferver é o recipiente e os monicreques de plástico que poño para darlle color ao asunto, ata aí chego, pero ... a terra?... tamén podería poñela no microondas, ou non? Claro que así pode que matara cousas de mais, bichos bos coma os dos iogures, que foran necesarios para a planta.... En fin, é de parvos estar dando tanto bombo á propia ignorancia, así que vou calar un pouco...
Por certo, Ana, Ramón... como vai a vosa desfeita... recupera ou xa non ten remedio?

jueves, 4 de junio de 2009

mais papel

Hoxe caeu unha treboada tremenda e deunos o punto de tomar un colacao quente, coma se fose un dia de inverno... logo de merendar puxémonos a debuxar e facer cousas xuntos un rato... ao poco estabamos cada quen coa súa teima canturreando polo baixo...e facendo bromiñas... Doume conta que é algo que nos gusta de verdade facer, e que nos pon de bo humor! Quedou molón o dragón, se tiras do fío, move as alas.