viernes, 31 de agosto de 2012

Spoonflower (n)

Así quedou o meu deseño do zigzag quilt para o concurso de spoonflower, despois de axustarlle a cor. Por alguna razón que non chego a comprender, despois de envialo ao concurso, non sei que fixen, debín darlle a un yes! cando debía darlle a un no!, never! e despareceu do panel de votacións. Estaba aí e de repente, zas, esvaneceu!
Mágoa, ao revés que nos outros concursos semanais, nesta ocasión o meu era un dos que mais me gustaba!
Mandeilles un email para ver si a desfeita tiña arranxo...se cadra cando volva o luns xa está resolto...

Boa fin de semana

miércoles, 29 de agosto de 2012

Coleccion anduriña

Esta tarde adiqueime a crear unha colección de teas. Usei aquela impresión dunha anduriña que fixera hai tempo dunha goma de borrar e fixen varias combinacións. Penso que saíron uns deseños bonitos para tecido ou papel pintado ou para papelería... Polo menos a mín gostanme. Para empezar, mellor o mais sinxelo, distintas combinacións do mesmo debuxo e colores variados.  





 


 


 







Para definir os colores guieime polas cores da tinta. Vounos  subir a spoonflower, ainda que pode que barulle todo o esquema da  cor...cambian tanto ao trasladar os arquivos!

O deseño que fixe para o concurso do quilt en zig-zag tíveno que modificar. Ao subilo a spoonflower cambiaronse as cores e chirriaba...Esto da cor é todo un mundo.

(Ramón, observarás que esta vez estiven atenta e puxen deseño con ñ)

lunes, 27 de agosto de 2012

Estaba a facer limpeza nos meus arquivos dixitais e apeteceume poñer xuntos os carteis que fun mandando a  diversos concursos, para velos con ollo crítico e un pouco de  perspectiva.

Dos erros e do que mais se aprende non é?



viernes, 24 de agosto de 2012

Spoonflower 3

Esta é a miña proposta de deseño de tea para o concurso da proxima semana de Spoonflower. O que pedían  é un deseño de tea que imite o traballo dos tradicionais quilts en zigzag ou de liñas quebradas. As cores non me convencen de todo, pero xa está, mandeino.

Por certo xa están elixidas as teas gañadoras do concurso semanal que tiña por tema o camping. A miña proposta obtivo 100 votos! Moi lonxe aínda da puntuación gañagora, pero moito mellor que o que saquei na anterior dos avionciños (59 votos) 

Vemonos o luns (se cadra)

jueves, 23 de agosto de 2012

camisetas vellas ...a saga sigue

Estes dias ando un pouco descentrada... As miñas vacacións xa remataron hai tempo, pero a rutina diaria, aínda non se asentou. Ando de aquí para alá sen acougo, en modo espera,  botando xa en falta  un pouco de orden nas nosas vidas. 

Estes meses de verán non tiven moito tempo nin ocasión para ter o blog ao día.., nin tampouco, as veces,  gañas de facer cousas e moito menos de facerlles fotos para o blog...Pero  penso que, aos poucos, hei recuperar o pulso. 

Para ir collendo arrincada poño aquí unha cousa que se me ocorreu para a aproveitar as pezas sobrantes das camisetas vellas que uso para facer isto ou isto outro  ou aquelo.





Penso que  estas bolsiñas para os zapatos resultan moi útiles para meter na maleta, mantendo sempre xuntiños os dous zapatos de cada par. O unico que hai que facer é coser (coa camiseta do revés) a zona cortada e as mangas, e darlle a volta, para ter unha bolsa pechada. O colo da camiseta fai  a entrada da bolsa. É ultra fácil e penso que moi practico.

Así, con isto, a camiseta vella ven disputarlle o trono  ao mesmísimo  porco, do que, como todo o mundo sabe, aproveitase todo.

lunes, 13 de agosto de 2012

obsesion

Eu sigo coa teima do deseno textil, deume por aí. Como son autodidacta, vou de erro en erro cara ao desastre final, pero estou aprendendo moito polo camiño.
O concurso de teas de esta semana de Spoonflower ten como tema o "Camping". Pensei que unhas cantas esceas bucolicas estilo as vellas toiles de Jouy,  como estas, podían  quedar ben. E esto foi o que fixen (creo, porque teño tantos arquivos repetidos que xa non sei o que subín) 

Esta é a combinación básica para o fat quarter
 

Estes son algúns dos bocetiños que fixen para montar a miña toile. Si o miras moi perto vese a chapuza bastante, pero ao reducir e combinar os motivos coido que da o pego.

 
E xa non tiven tempo para facer moito mais ...esto de un concurso de teas cada semana e moito para mín...Por certo, no concurso pasado  dos avioncitos obtiven 58 votos!, e ademais algun comentario favorable de outra  participante. Estou orgullosa.  Ademais a tea gañadora (que tivo mais de 400 votos) foi un deseno polo que votei eu!


miércoles, 1 de agosto de 2012

Spoonflower (2)

Creo que xa falei algunha vez de Spoonflower. É un sitio no que podes subir os teus desenos de teas e, si a alguén lle gustan, os pode mercar...está moi ben.
Cada semana fan un concurso para deseno de teas, cun tema. A miña idea é participar en todos os que poda. O tema da última semana de xullo foi "Aviación".

Este é o deseno que presentei eu. So podese presentar un, pero teño moitas variantes . Onte foi o último dia para presentar os desenos.  De moneto aínda non empezou perto estou desexando ver como son os outros.
Esta é a miña tendiña en spoonflower. De momento so teño o deseno que fixera o verán pasado, pero xa haberá mais. Agora que descubrín a ferramenta definir motivo e a capa de recheo en photoshop vou como unha moto!