jueves, 24 de diciembre de 2009
boa noite boa a todos!
Xa perdimos as caras de San Xosé e a Virxe María... algún dia atoparemolas misturadas coas pezas de lego o cos gormitis...
Imos de peregrinaxe como todos os anos polas casas dos abós...non creo que poida pasar por aquí nuns dias... en calquera caso BO NADAL a todos!
martes, 22 de diciembre de 2009
adornos (2)
martes, 15 de diciembre de 2009
adornos de balde
Seguindo coa idea de encher de novo as bombillas, unha vez aprendida a forma de valeiralas, pensei neste adorno de Nadal... O caso é que agora ando escasa delas. Pásame como coas bolsas de plástico... na casa xa non teño reservas, acabei con todas, e hai tempo que xa non entra unha nova. Pois coas bombillas igual, xa son todas de baixo consumo...esta debe ser das últimas que quedan.
Outro adorno de balde son estas folerpas feitas con papel de periodico. É preocupante a miña afeción polo lixo o reciclaxe e o aproveitamento...será que son tacaña?
A idea, que collín de aquí, é coselas cun fio para facer unha guirlanda...A verdade é que teño a casa cheia de cousas pendurando...Mentras non impidan abri-la porta, como di o meu, vou tirando.
domingo, 13 de diciembre de 2009
estes dias
O que estivemos a facer desde a última vez que pasei por aquí:
- Montar-literalmente-o Belén.
- Facerlle un regalo a Ulises, que vai estar de cumpre o dia 18 (canto regalo arrexuntado nun solo mes)
jueves, 3 de diciembre de 2009
Xa está aquí
Vai para o un ano que a miña tía Fina dérame a maquina de coser que fora da miña avoa...Non tiven ocasión de traela ata agora...Pero, por fin, aquí está, tan bonitiña...
O Val tolea coas maquinas, aínda que sexan para coser... faltoulle tempo para ir osmar o mecanismo...Xa montou el a cinta na roda e explicoume o chollo: ves mamá ? tes que darlle aquí co pé para que ande...
Á casa da miña avoa ían dúas costureiras...A de acotío, por así dicir, chamábase, creo, Luisa... Ás veces ía outra mais fachendosa, para facer cousas mais historiadas que era a Señora Esther. De aí parece ser que ven o nome da miña nai, e polo tanto, o meu propio...A avoa tiña 15 fillos e cos últimos xa non tiña moito repertorio para por o nome. Coa filla numero sete, que era a miña nai, votou man do nome da costureira...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)