![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhrAZvw4He32iO9sjYefShbz8HNTBer5jSwt96gp2n1OI69hSLlKosEwXWfAUO3cL9ZXsp2LzRxHI6NTWgEV-W659R-q97pXC8w_TkEJf2DI8fu22wS3_rYrhgWxsicHkcrTxbUOe2sagE/s320/DSC03203.JPG)
Vai para o un ano que a miña tía Fina dérame a maquina de coser que fora da miña avoa...Non tiven ocasión de traela ata agora...Pero, por fin, aquí está, tan bonitiña...
O Val tolea coas maquinas, aínda que sexan para coser... faltoulle tempo para ir osmar o mecanismo...Xa montou el a cinta na roda e explicoume o chollo: ves mamá ? tes que darlle aquí co pé para que ande...
Á casa da miña avoa ían dúas costureiras...A de acotío, por así dicir, chamábase, creo, Luisa... Ás veces ía outra mais fachendosa, para facer cousas mais historiadas que era a Señora Esther. De aí parece ser que ven o nome da miña nai, e polo tanto, o meu propio...A avoa tiña 15 fillos e cos últimos xa non tiña moito repertorio para por o nome. Coa filla numero sete, que era a miña nai, votou man do nome da costureira...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhuZMNv6t8kV68Yf_5d2zyYeeOgk5JLDqF82b5H8A5HvbJpNYOWFWOIeSBsrZsF8DN-POC01kh4EbFHIGa0XnOt_rqVYLAfJibv24RH3JLw9T4-xWM5_v5ts2PLiDN193Ympjbdd8IhRFQ/s320/DSC03205.JPG)
No hay comentarios:
Publicar un comentario