miércoles, 28 de mayo de 2014
Cosmic voyage II
Bueno, pois estes son as teas que fixen para o concurso de Spoonflower. Teño catro feitas, pero por votación popular aquí na casa estas dúas son as mellores, as outras vounas retocar...
A min gostanme moito. O P. xa me encargou unha camiseta coa de arriba, que lle gustou o estampado.
Cosmic voyage
Estou traballando nun deseño textil para o concurso de Spoonflower que ten por tema "Cosmic Voyage". O gañador deste concurso terá a posibilidade de producir as súas teas con Robert Kaufman, un fabricante moi coñecido, no mundiño textil, claro.
Polo pronto eu deixei todo o salón cheo de pingas de pintura e polvo de estrelas...Cando remate o traballo xa o mostrarei aquí.
domingo, 25 de mayo de 2014
martes, 20 de mayo de 2014
outro cartel
Esta foi a miña proposta...Non quedei moi satisfeita co resultado, pero mandeino igual
Este é gañador, outro nivel:
Este é gañador, outro nivel:
Quédame moitisimo por aprender neste mundiño do deseño gráfico, pero iso é precisamente o divertido!
lunes, 19 de mayo de 2014
libreta para acuarela
Teño que mostrar aquí este fermoso caderno, outro dos regalos que tiven polo meu aniversario. Esta feito a man, pola miña cuñada Andrea. Está forrada de tea (dunha tea que chegou do lonxano oriente xusto para mín) e ten cosido o papel á xaponesa creo que me dixo, pero non estou moi segura.
Con este tipo de encadernación a libreta abre completa é así e mais facil debuxar nela.
Como me pasa con todas as cousas novas e bonitas levo uns dias mirando para ela, sen atreverme a facer unha liña..non vaia estropela.

Se alguén quere ter un caderno tan bonito como o meu, feito totalmente de xeito totalmente artesanal, pode encargarlle un, fainos preciosos e de moitos tipos!
Postpost
Engado o enlace, que non o sabía: cuadernos guiomar
viernes, 16 de mayo de 2014
cartel san fermín, outra vez será
Como xa rematou o proceso de selección do cartel que vai anunciar as festas de San Fermín deste ano, podo mostrar aquí o meu traballo, que, como era de esperar, non resultou escollido. Este é o meu deseño de cartel:
Este cartel, coa denominación Equipazo é o que resultou gañador da edición 2014:
lunes, 12 de mayo de 2014
50
Onte, 11 de maio, cumprín 50 anos. Hai que dicilo así, con todas as letras. A verdade é que pensaba pasar por esta data sen montar moita algaraca...pero non puido ser. Cumplir medio siglo son palabras maiores!
Empecei o dia con este bonito regalo dos meus homes (teño catro para mín sola... de momento) que fixeron un paquete que era pura poesía, ainda que non colou a trola de que o saquiño o coseron eles, a flor si que foi cosecha propia:
A media mañana, chamou a miña nai avisando que viña en camino, con toda a miña xente, que eso de non celebrar os cincuenta non colaba. Foi un bo dia, tomamos uns aperitivos, comimos xuntos, paseamos polo noso parque de Galeras e para rematar un dia glorioso, fumos a un mercadillo no pazo de san Lorenzo...pertiño da casa ¿Que mais se pode pedir? Que os proximos 50 sexan tan bos como estes que xa pasaron!

jueves, 8 de mayo de 2014
adios illas Cíes!
Esta é unha pequena porción da vista que tivo o privilexio de disfrutar o P. desde o seu estudio durante moitos, moitisimos anos...Cando levantaba os ollos do traballo, esta é a vista que tiña diante, sempre a mesma pero nunca igual, distinta cada día do ano, e cada hora do día...
Este é un boceto rápido que fixen antes de marchar, como un humilde homenaxe a tanta beleza. Está feito a correr con rotuladores de cores humedecidos con auga, non tiña as acuarelas...
Esta temporada andamos con moito axetreo e moita mudanza...non sei se terei tempo de pasar por aquí acotío como querería, pero heino intentar...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)