jueves, 27 de noviembre de 2008

ideas para os adornos de Nadal (1)

As revistas xaponesas son as mellores do mundo, para mín, nesto do craft. Chamolle así porque é a palabra coa que máis me identifico. Cando digo artesanía ou manualidades me ven á cabeza cestiños de vimbio ou coroas feitas con migas de pan...non sei, nada co que me identifique especialmente... En cambio, cando navego polo mundo do crafting...vou suspirando de aquí acolá, decindo.... quero facer isto, vou tentalo, isto xa o pensara eu...¡ góstame todo!... Esta imaxe está sacada deste libro , e desta tenda, que visito (virtualmente) a diario.
As folerpas de neve nas ventás ou pendurando da árbore...¿no quedarían moi ben? fácil e barato.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

ultima raioliña da tarde

Isto da influencia das cores no estado de ánimo é moi certo. Inconscientemente, supoño, no noso dormitorio todo está en cores neutras, suaves...todo é moi relaxante.
O outro día puxen unha especie de porta dun armario vello colgada da parede para poñer todos os meus colares e baratixas, e logo de posta, retireina porque me daba repelús, ver tanta cosa brilante e de cores pendurada , era coma si me estiveran berrando... Do meu vinilo personalizado, en cambio, quedei moi contenta e non o retirei... Sen embargo, a habitación dos nenos (pequenos) é unha explosión de cor...Unha explosión no sentido real, hai veces que teño medo de quedar cega cando entro nela...Eu non o pensei moito, foime saíndo así...

lunes, 24 de noviembre de 2008

mia.in.the.sky

Cargado originalmente por mia.in.the.sky
En flickr atopei unha artista que me paréce boísima. Un día din con ela por casualidade, e me pareceu tan bó o retrato dun neno que fixera que dende entón procuro seguila. Chámase Maya Bloch, e a súa páxina de flickr é esta. Pódese ver a súa obra en http://mayabloch.carbonmade.com/
A maioría dos seus cadros son retratos, e todos teñen algo especial. Teñen forza e expresión... Non fai concesións... é o ollo dun artista traballando sobre o que ve... sen amañar, sen compoñer, ... As cores que emprega son escuras: grises, azuis... os xestos adustos, serios, os temas escollidos non son fáciles, e, sen embargo, a súa obra , na miña opinión, non transmite tristura, amargor ou desesperanza.
A verdade é que en flickr atopei unha fonte de inspiración continua. Ollando nos grupos adicados ao arte e á pintura, vexo, día a día, traballos que a mín parecenme boísimos (polo medio de outros que non tanto, para que nos vamos a enganar...)

viernes, 21 de noviembre de 2008

vinilo tutorial

Hoxe coloquei no noso dormitorio un vinilo deses que se compran xa feitos para decorar as paredes . O caso é que pensei en personalizalo un pouco, e decidín recoller o proceso para facer un tutorial, xa que eu agradezo atopalos cando vou de pica flor pola rede. Isto non ten ciencia ningunha, pero pareceme mellor empezar así, cunha cousa sinxeliña.

O vinilo que comprei é este:


A inspiración para a súa personalización atopeina, como tantas outras veces, na páxina de Camille Engman, na que a cotío vexo esta imaxen:

Así que aí vai o meu tutorial:

Colocación personalizada dun vinilo standard

  • Material necesario:

O café é opcional. Aí falla un cordel e papel celo, que tiven que ir a buscar despois, pese o meu afán de ter todo preparadiño antes de iniciar os traballos , para que non se me note que polo xeral son un pouco chapuzas. Por outra banda, o lapis e a escobiña de borrar non cheguei a usalas. Que cada quén faga os axustes oportunos.

  • Limpeza da parede.
Polo xeral, mesmo nas paredes máis limpas, (a nosa casa acabamos de ocupala, pode dicirse que vemos de estreala) sempre hai algúnha mancha ou rozadura, que convén eliminar antes de inicia-lo traballo, primeiro, para que quede ben, e segundo, porque unha vez posto o vinilo non vamos poder facelo.

Eu usei unha desas esponxas borra todo que se humedecen e eliminan calquera marca.

Logo de usala, convén deixar secar ben a parede para non ter logo problemas de adherencia co vinilo. Mentras seca ben, é un bo momento para toma-lo café ou ir ver que fan os nenos.

  • Marcar cun cordel o marco de traballo.

Esto é importante se non queremos acabar cun deseno mancornado.

Convén utilizar o metro e non fiarse do noso ollo de bo cubeiro. Hai que marcar primeiro as liñas horizontais, e neste punto é absolutamente imprescindible medir cun metro, senón as liñas quedarán irremediablemente tortas, e logo as verticais, reproducindo máis o menos a dimensión total que se lle quer dar ao debuxo. Para marcar a vertical é suficiente deixar pendurando un pequeno peso no cordel.









  • Axuda tamén deixar marcado cun cordel o eixo de simetría do cadro, para ter unha guía ao reproducir o debuxo. Neste caso, o cordel fixase só no punto alto, mantendo libre o extremo, no que disporemos un pequeno peso para marcar a vertical. E agora, a empezar a debuxar!



  • Hai que ir facendo o debuxo pouco a pouco, procurando manter a simetría na disposición dos elementos. Primeiro vanse poñendo as ramas, mirando de cando en vez desde lonxe, para ir vendo como queda.




  • Despois poñemos as follas máis grandes, unha en cada remate da rama. Logo poñemos as medianas, a carón das outras e por último as pequenas.



E xa está!


martes, 18 de noviembre de 2008

caida da bici

Isto é o que peor leva: estar de brazos caídos todo o día. Iso e a dor...
Tamén debe doer bastante todo esto...

sábado, 15 de noviembre de 2008

nunca máis

Antonte fixo seis anos do afundimento do Prestige Lembreime ao ver este grabadiño que fixera por aquel entonces, cunhas gomas de borrar. Fixen creo que uns 25 e repartinos pola familia o dia de Reis, como regalo de Navidad... Este é o molde, feito coas gomas de borrar. Agora que sei que existe o Print Gocco, ábrese un novo mundo para mín. Traballar coas gomas de borrar é bastante limitado, eso que estas que usei son das máis grandes que puiden encontar.

domingo, 9 de noviembre de 2008

eesti

Xa estou de volta. Pasei menos frío do que esperaba, tivemos bo tempo. Foron poucos dias, a metade do tempo foise en transbordos. ACoruña-Madrid, Madrid-Copenhague, Copenhague-Tallin, e despois case tres horas de viaxe por carretera de Tallin a Tartu.
Gostáronme os barrios de casas de madeira que visitamos. A metade da cidade foi destruida na guerra. É unha sensación estrana, porque hai moito espacio na zona histórica, o trazado medieval apenas se conserva, as rúas e as plazas son espacios moi amplos. Pero si te fixas, no chan, hai unhas marcas no pavimento... Son o recordo dos edificios e as casas que estaban ahí...Eu pensei que sentiría se houbesen bombardeado Santiago, se a catedral estivese en ruinas e houbesen desaparecido a metadade das casas...é triste. Polo que eu vin, Tartu é unha cidade nórdica. A arquitectura é sinxela a escala das cousas doméstica, os espacios confortables, a natureza, sempre presente... Sempre envidiei esa condición nórdica nas casas e nas cidades... Por comparación, aquí todo me parece ostentoso ou vulgar, ou ambas cousas...

martes, 4 de noviembre de 2008

preparando a maleta

Marcho de viaxe! Dentro dunhas horas estarei voando. Volvo o sábado, ata entón! A verdade, non sei se haberá alguén de quén me teña que despedir, pero, si o houbera, que saiba que nunhos poucos dias, volverei estar por aquí