jueves, 26 de julio de 2012

reciclaxes varios


Este cabo mariñeiro atopeino enredado nas algas nunha praia da illa o ano pasado...quedou todo o inverno esquecido nun curruncho e este verán seguía alí. Así que retomei a idea que tivera cando o atopei: facer un felpudo para a porta da entrada. Está feito unindo as voltas con tanza, coa técnica das braided rug... Quedou ben, moi alegre.Vale, solta un pouco de area, pero...¿ non é ese o destino dos felpudos  nunha illa?

E falando de reciclaxes, aproveito e poño tamén a última obra do meu sensei do reciclaxe, o meu irmán Tin. Velaí que hamaca fixo cun metálico vello...Por qué o colocou na figueira, que din que ten  a sombra traicioneira non o sei, pero cómoda é, que xa a probei.

lunes, 23 de julio de 2012

Verdes e azuis

 De novo por aquí.
Serie chalanas da illa. Combinacións de cor mais usadas.
Hoxe: verde a azul turquesa