martes, 27 de septiembre de 2011
domingo, 25 de septiembre de 2011
Cartel
Onte fallouse o concurso de carteis para o próximo congreso sobre Lactancia materna que organiza Fedalma. Este foi o cartel que mandei eu. Ainda que non gañei, estou moi contenta, porque o xurado considerou que o meu cartel, xunto co de outra participante, merecía unha mención especial pola súa calidade.
Acabo de lelo na súa páxina web, e estou moi emocionada...dame ánimos para seguir traballando e aprendendo, voume dormir cun sorriso na boca!
miércoles, 21 de septiembre de 2011
Estou a ver si boto a andar a máquina de coser vella que teño na casa, porque o pedal da outra rompeu xa definitivamente. Non sei se haberá recambios.
A cousa é mais ben entendela, e ver como se pon o fío, onde raios está a canilla e esas cousas, que funcionar sei que funciona. Aquí teño ó técnico botando unha man... Como ten mais paciencia ca mín foi quen de conseguilo, e ademais baixoume un manual da Singer modelo 15 de internet. De momento, no manual, non atopei a explicación de para que sirven todos eses artiluxios tan raros...se cadra é porque está en inglés.
E esta é unha foto que poño de parte do meu fillo Valentín, que quedou moi contento de como lle quedaba a súa marca feita coa sombra dun clip.
martes, 20 de septiembre de 2011
tartaruga
Esta tartarugiña fixena o outro dia para a neta de María, Isabella, que naceu a semana pasada...O patron é do libro Bend the rules Sewing, de Amy Karol, que teño na casa hai tempo, e co que collin o puntiño de darlle a máquina de coser, porque ten moitas cousas que un principiante pode facer..
Esta é a parte de abaixo. Penso que a tea da cabeza quedaría mellor ao revés, coa parte que quedou abaixo cara arriba.
E estes son os patróns. A parte que fai a cuncha cortase sobre a tea dobrada. Da forma das patas, cortanse 8 pezas, da parte de arriba da cabeza dúas. Da parte de abaixo da cabeza 1. Da barriga, dúas, que coses ao final porque é por onde recheas.
Aquí están as pezas xa cortadas:
lunes, 19 de septiembre de 2011
Os luns: Apunte do natural
Tiña o apunte a medio facer cando nos chamaron dicindo que o neno maior caira no entrenamento e que estaba no hospital. Afortunadamente nada grave, pero si molesto, un par de osos rotos e o brazo inmovilizado...Á noite rematei a lápiz un pouco os figos que deixei a medio pintar cando saín pitando.
Mañá pola maña sae para o correo a miña primeira venda da tenda!
Estou moi emocionada.
jueves, 15 de septiembre de 2011
Cambio de escaparate
Como xa comentei, na miña tenda -que abrín o pasado dia 5 de setembro- non podo ter mais de 5 cousas á vista, porque ten un escaparatiño virtual moi pequerrechiño, (lembrame unha mercería que hai aquí) así que teño pensado darlle unha volta cada 10 dias mais ou menos ... Pinto de novo color e poño outras cousas distintas... Ao retirar as cousas que tiña antes borrei as estatísticas das visitas anteriores, das que estaba moi fachendosa, pero, en fin, empezar de cero cada vez tamén ten o seu aquel.
aberto |
miércoles, 14 de septiembre de 2011
Os músicos de Bremen
Ultimamente collinlle o tranquillo ao dos concursos, e teño sempre un na cola de producción..Cando teño un momentiño penso un pouco (ainda que mais ben penso coa man, facendo garabatos); cando teño outro pouquiño de tempo, debuxo un pouco e, entre lusco e fusco doulle un pouco ao ordenador, e así pouco a pouco, vou facendo...
Hai uns dias vin un concurso para desenar unha camiseta para Animei beat, co tema da defensa dos animais...e lembrei un garabato que fixera nunha reunión, pensando no conto aquel dos músicos de Bremen...Un pouco con esa idea, e axustando o garabato orixinal co photoshop saíu isto.
A min, gostame moito e paseino ben facendoo, misión cumplida, ...se logo gaña ou non, iso xa non é asunto meu...
lunes, 12 de septiembre de 2011
Os luns: Apunte do natural
O outro dia fun visitar a horta urbana que ten o meu amigo Rogelio en Belvís. Que ben se estaba e que paz!...Deume un montón de cousas. O apunte do natural deste luns foi dos seus tomates (os últimos) que son de tres tipos distintos e tamén dalgún pemento.
Esto é todo o que me deu, e porque non podía carrexar con mais...
Na miña cociña estes dias predominan o amarelo e o bermellón, cando lle cae o sol da tarde as froitas e as verduras brilan como xoias.Eu sospeito que iso non lles fai ningún ben, pero o que é alegria, optimismo e cor si que dan.
Esto é todo o que me deu, e porque non podía carrexar con mais...
Na miña cociña estes dias predominan o amarelo e o bermellón, cando lle cae o sol da tarde as froitas e as verduras brilan como xoias.Eu sospeito que iso non lles fai ningún ben, pero o que é alegria, optimismo e cor si que dan.
domingo, 11 de septiembre de 2011
Pois non
Uff, resulta que non fun quen de subir o meu deseno ao concurso este de spoonflower. Eu seguín todos os pasos pero algo non foi ben. Mandeilles un email e explicaronme coidadosamente os pasiños a seguir, pero nada.Volvín mandar outro deseno, so para comprobar que era quen de subilo ao concurso desta semana, pero nada, tampouco. Volvín mandarlles outro correo e repetironme os pasos paseniñamente, so faltoulles dicir con voz forte, ...Oeme ben, avoa? Estaba xa toleando e convencendome que era parva, cando me veu a inspiración... E si cambio de navegador? Deixei o Google chrome habitual e pasei a Mozilla e todo foi como a seda...Resulta que co google chrome a metade dos botonciños non saían...Que alivio, a miña correspondencia cos de spoonflower empezaba parecer un dialogo de xordos...
Este foi o que mandei para o concurso desta semana, que ten por lema As Cores do Outono. Non podías usar mais que tres cores mais o blanco. A min gostabame mais o outro pero que se lle vai facer...
martes, 6 de septiembre de 2011
Spoonflower
Creo que xa falara algún dia de Spoonflower, ou non?
É un sitio no que podes deseñar as túas propias teas. Ti mandas o deseno e eles fabrican a tea, no tipo de tecido base que queiras. Se queres, podes mostrar o teu deseno, e poñelo á venda alí mesmo, (levas unha participación nas vendas e paganche en spoondollars je je) ou, se non queres mostrala nin poñela á venda, simplemente encargas a tea para tí.
Eu xa hai moito tempo que tiña ganas de subir algún deseno, pero como pasa sempre, nunca teño tempo. Hoxe, por fin, decidinme. Teñen un concurso semanal e coincidiu que o tema desta semana (páxaros, cunha paleta de cores reducida e prefixada) coincidía bastante cun deseno que fixera, un pouco por xogar, en xullo, un dia que chovera moito na illa. Así que alá foi o meu primeiro deseno ...a ver como queda nunha tea...Teño que investigar mais o mundiño este, penso que é apaixoante. Esto é o que mandei:
Paga a pena pasar por Spoonflower e curiosear as teas que teñen, e, si alguén se anima subir algún deseno pois veña, ánimo...A min é que as teas fanme tolear...como me gusta miralas e tocalas...
lunes, 5 de septiembre de 2011
Os luns: Apunte do natural
Esta é unha xarriña que mercara en Reto hai tempo. Non me convence moito o boceto, pero sego a disciplina que eu mesma me marquei: cada luns facer un apunte rápido do natural.
Por certo, HOXE 5 DE SETEMBRO ABRE A TENDA "COUSAS PEQUENAS"
O poño así, a modo de noticia, para darlle mais bombo ao asunto.
A tenda xa está aberta. Na barra lateral deste blog está a súa porta, clickando nela pódese entrar. Tamen aquí: cousaspequenas.bigcartel.com
Si a tenda fora real e non virtual, podería ver as caras da xente que se parase ao pasar por diante da porta, e sorrir a alquén que, se cadra, entrase na tenda, e animalo a curiosear, e mesmo preguntarlle, ¿gustache a cor das paredes?..pero como a cousa é virtual non podo falar con ninguén...Vou un pouco a cegas.
De momento, mentres vou probando como funciona o sistema, estou na tenda básica de bigacartel, na que solo podes ter cinco cousas á venda. Se cadra cada semana doulle a volta e fago unha rotación do escaparate.
Aquí mostro un dos carteis posto na miña casa . Na tenda vai sen marco eh?
Estou traballando en moitas cousas mais. Teño dúas liñas pensadas, que coinciden coas cousas que me gosta facer: deseno gráfico (camisetas, logos carteis, tarxetas...) e cousas aretesanais: monecos, bolsas...desenos propios feitos coas teas que me gosta coleccionar...
De momento estou centrada no deseno grafico e na ilustración pero o meu ordenador non está pola labor...Non fai mais que dicirme todo o tempo: Non podo facer iso que me pides porque os discos de memoria virtual están cheeeos!
Preguntados ao respecto os dous asesores informáticos que teño na casa, un deles contestoume:
-Tira con ese trasto e compra outro ordenador, mamá
E o outro:
-O que pasa é que traballas con moita resolución.
Eso si que é certo, desde pequeniña xa era así, sempre traballei con moita resolución.
jueves, 1 de septiembre de 2011
Adios Prado
Casi sen decatarnos, chegou o outono. Benvido!. Onte despedimonos de Prado. Ata o verán que ven!
Aquí mostro algunhas cousas que fixeron os nenos co barro que fumos buscar.Agora xa temos localizados varios xacementos pola zona...Algún dia hei coller para probar a facer algunha escultura, é un barro moi bó.
O que teña tenda, que a atenda
Bueno, xa estamos en setembro, e chegou o momento de empezar a rodar. Levo un tempo dándolle voltas ao asunto, e a cousa no é tan doada... que si non me convence o tecido da camiseta, que si non é exactamente así como quería a impresión...Para mín todo é novo, e vou dando chimpos de aquí para alá. Penso que a cousa non está ainda madura, vou seguir traballando mais, probando nun sitio e noutro, mentres vou definindo que é exactamente o que quero facer.
Así que este é o meu plan:
Vou abrir a tenda en Bigcartel e votala andar axiña, un pouco de proba, para ir collendo o xeito. De momento, pouca cousa, so para ir vendo como funciona o asunto, e para ver si sou quen de manexala. A miña idea é enlazar este blog coa tenda a partir do dia 5 de setembro. Mentres hei seguir traballando coa idea xa de facer unha apertura en toda regra, un pouco mais adiante, se cadra tamén en Etsy...
Ocorreuseme que o día 11 do 11 do 11 é un día sinalado e doado de lembrar, así que ¿por qué non?
Despois de ese período de proba (aínda que a tenda estará plenamente operativa a partir do día 5) Queda marcada a data de inauguración oficial para o dia 11 de novembro , así que, si non chega antes a fin do mundo,ou calquera outro contratempo, quedamos emprazados para esa data para celebrar unha inauguración da tenda como deus manda, cuns canapés e un vinito virtual, ou cun cocktail, xa postos.
Por certo veño de rexistrar o meu dominio personalizado ( www.cousaspequenas.com) é ao pasar o meu blog a ese dominio perdín todos os enlaces que tiña, todos os sitios que me gostaba visitar e que tiña na barra lateral do blog baixo o nome "A miña inspiración" Alquén sabe si hai algún xeito de podelos recuperar? Non entendo por qué desapareceron, si blogspot redirecciona ao meu dominio, tiñan que andar por aí ¿ou non?
En fin, non saber e como non ver verdade? A veces penso que me lancé á rede sen rede...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)