jueves, 24 de diciembre de 2009

boa noite boa a todos!

Xa perdimos as caras de San Xosé e a Virxe María... algún dia atoparemolas misturadas coas pezas de lego o cos gormitis... Imos de peregrinaxe como todos os anos polas casas dos abós...non creo que poida pasar por aquí nuns dias... en calquera caso BO NADAL a todos!

martes, 22 de diciembre de 2009

adornos (2)

As cousas nas que estou a traballar neste momento son de altisimo segredo, e non as podo mostrar... Así que ahí vai outra de adornos do Nadal...

martes, 15 de diciembre de 2009

adornos de balde

Seguindo coa idea de encher de novo as bombillas, unha vez aprendida a forma de valeiralas, pensei neste adorno de Nadal... O caso é que agora ando escasa delas. Pásame como coas bolsas de plástico... na casa xa non teño reservas, acabei con todas, e hai tempo que xa non entra unha nova. Pois coas bombillas igual, xa son todas de baixo consumo...esta debe ser das últimas que quedan. Outro adorno de balde son estas folerpas feitas con papel de periodico. É preocupante a miña afeción polo lixo o reciclaxe e o aproveitamento...será que son tacaña? A idea, que collín de aquí, é coselas cun fio para facer unha guirlanda...A verdade é que teño a casa cheia de cousas pendurando...Mentras non impidan abri-la porta, como di o meu, vou tirando.

domingo, 13 de diciembre de 2009

estes dias

O que estivemos a facer desde a última vez que pasei por aquí:
  • Montar-literalmente-o Belén.
  • Facer selos con gomas de borrar
este e o meu e este o de Valentín
  • Facerlle un regalo a Ulises, que vai estar de cumpre o dia 18 (canto regalo arrexuntado nun solo mes)
Este e o meu: E estes son os de Val: unha pantasma e un marcapáxinas: e moitas pequenas cousas mais, que non tiven gañas de fotografar...

jueves, 3 de diciembre de 2009

Xa está aquí

Vai para o un ano que a miña tía Fina dérame a maquina de coser que fora da miña avoa...Non tiven ocasión de traela ata agora...Pero, por fin, aquí está, tan bonitiña... O Val tolea coas maquinas, aínda que sexan para coser... faltoulle tempo para ir osmar o mecanismo...Xa montou el a cinta na roda e explicoume o chollo: ves mamá ? tes que darlle aquí co pé para que ande... Á casa da miña avoa ían dúas costureiras...A de acotío, por así dicir, chamábase, creo, Luisa... Ás veces ía outra mais fachendosa, para facer cousas mais historiadas que era a Señora Esther. De aí parece ser que ven o nome da miña nai, e polo tanto, o meu propio...A avoa tiña 15 fillos e cos últimos xa non tiña moito repertorio para por o nome. Coa filla numero sete, que era a miña nai, votou man do nome da costureira...

lunes, 30 de noviembre de 2009

paumes books

estaba a piques de encargalos a Xapón, e mira, atopeinos aquí...a dona da librería é unha fan coma mín e tróuxonos porque lle gustaron...

viernes, 27 de noviembre de 2009

reciclando

Estas imaxes atopeinas na páxina dos instructables, un sitio que visito moito porque é como a enciclopedia universal do "feito a man ó teu xeito". Por fin atopei o truco para reciclar as lámpadas vellas... Cando o tentei pola miña conta fixen unha desfeita que non vexas... Non tiven paciencia de atopar o intringulis para sacar a roscas e os filamentos e abordei o tema ao bruto, como si estivera a abrir unha lata cunha baioneta... e así non pode ser. Xa vou poder darlles uso a aqueles tan grandes que atopara un dia.

jueves, 26 de noviembre de 2009

lampadas

Estes dias fixen experimentos e probas de lámpadas, a partir dun soporte dunha de Ikea que rompera. Ao final, quiteille os paus e aproveitei este frasco de cristal que me dera miña nai. Antes probei coa funda dun sifón que tiña por casa, a atando unha tiras de encaixe que comprara hai tempo en ebay nun lote de restos de merceria.
Tamén ando con gañas de facer unha lámpada cunha camisa, pero para eso teño que darlle mais voltas ao tema, almidonar ou escaiolar e darlle a forma do corpo, para que quede tesa como un fantasma. A camisa esa vai vella, pero sempre me gostou moito...e dame pena tirala. De tanto poñela a tela está case transparente, ...pero eso para a lámpada vai ben...
Por certo atopei un blogue de nome case parecido que me gusta moito:cosas mínimas

martes, 17 de noviembre de 2009

Reto

Non paso unha semana sen ir. Aproveito os sábados pola mañá, que podo ir sola, porque os nenos non acaban de collerlle o puntiño ó asunto, para meu pesar. Creo que esta alfombra é o último que merquei... (si, pasou pola tinturería, mamá) As tendas de segunda mano están a desaparecer da cidade... por que? non o sei, diríase que coa crise e co junkstyle ou o fleamarket tan de moda andarían a florecer, pero non... O rastro de antigüidades que fan na zona vella non me convence, é como de anticuario para turistas... So me queda Reto para ir osmar en persoa, ... e , ebay, claro, para osmar de xeito virtual...

lunes, 16 de noviembre de 2009

il signore della pasta

Il signore coas mans na masa, facendo non sei si fetucini, parpadelle, tagliatelli ou que sei eu... A pasta estaba boísima... cada vez gústame mais esta afeción que colleu a cociña... Si ben, en xeral, ten que collerlle mais o punto ó tema das cantidades...En realidade non cociña, fai experimentos, polo tanto o tema de cuantificar as racións non lle quita o sono, simplemente pon sobre a mesa os seus prototipos...para que o comité de expertos dictaminemos...

domingo, 25 de octubre de 2009

semana das cortiñas

Estas fíxenas con tela de saco... penso que queda ben, gústame cando filtra a luz, dálle un aire mais cálido e natural á ventá, tan fría e núa ... A Carapuchiña vermella e o lobo están adicados a Miguel, que gusta moito da historia, e anda a preguntar polo lobo feroz en cada conto que lle contas...
Estas son no carto dos nenos. Fíxenas cus retallos que quedaron das colchas - de Vichí chamábanse- que tiñamos cando nenas miña irmá e mais eu (lémbraste Ana?) Os retallos de flores -que segundo o meu fillo maior rozan a horterada- saqueinos dunha colección de mostrarios de tapicerías e telas opara cortiñas e decoración que comprara hai tempo en ebay. Nunca fixera unha compra con mais rendemento... Por 20 € merquei unha morea de mostrarios que cubrían todo o sofá da sala... Non creo que os dea usado en toda a miña vida...
Estas foron probas previas, que descartei...

miércoles, 21 de octubre de 2009

martes, 20 de octubre de 2009

para quen saiba tecer

a que mola? eu non lle dou moi ben á la pero si hai alguén por aí que lle interese, ese gorro é para copiar! está neste blog, cheo de boas ideas para tecer...agora que por fin ven o outono hai que ir pensando en bufandas e luvas

domingo, 18 de octubre de 2009

un bico para Cristina

Hoxe foi un dia especial...todos os curmáns viñeron a Santiago! Marta, Nicolás, Ana, Ramon, Cristina, e tamén estaba Ulises...Cristina non quería marchar, e foise choricando pero eu prometinlle que antes de que chegara á casa tería unha mensaxe esperándoa ... boas noites Cris! a durmir que mañá tes baloncesto... volve pronto a visitarnos!