lunes, 28 de febrero de 2011

Os luns: Apunte do natural

(O guapo que é e o feo que saíu)


Ordeando caixóns atopei este debuxo que fixera Val hai uns anos, somos eu e mais o irmán... creo que cando fixo o debuxo o neno xa nacera

domingo, 27 de febrero de 2011

De burato negro a punto limpo (3)

O moble de caixóns que teño debaixo da mesa do estudio tende estar sempre así
Por mais que ordee cada certo tempo, volve a embarrullarse unha e outra vez.

Casí a modo de terapia, decidín valeirar todos os caixóns e colocar o seu contido, todo  ordeadiño, para velo dunha sola vez e ser consciente do que tiña e si atopaba un patrón de orden...

Aquí esta o contido dos catro caixóns, mais ou menos...

Caixón nº 1
Caixón nº 2
Caixón nº 3
Caixón nº 4
Si xa sei, unha locura...hai de todo..O sistema mais sinxelo para ordear tal maremagnum, ben cho sei, sería botar todo ó lixo, como xa me recomendara moi amablemente o  Sr. Camilo, de  mudanzas Camilo, co que fixen xa varias mudanzas...Señooora... ten demasiadas cousas...

Pero este sistema non vai comigo: ainda que botara ó lixo todo hoxe a semana seguinte tería todo outra vez cheo...Así que teño que pensar un sistema de orden que vaia co meu propio xeito...

O primeiro problema que creo que teño e que non fago distingos ou categorías entre os obxectos... todo son materiais para facer cousas con eles, e dame igual un molde de madalena que unha goma de borrar que un papel de periodico que un gancho...O segundo problema é que gardo as cousas en varios sitios distintos.. Aí falla o postulado básico do orden: Un sitio para cada cousa e unha cousa para cada sitio.  Eu teño varios sitios para cada cousa...e mesmo varias cousas para cada sitio.


O primeiro polo tanto, é categorizar, establecer unha estrutura, ver que tipo de cousas gardo en cada sitio (esto é mais dificil do que parece...) e o segundo, (que cae como unha pera madura cando tes dominado o anterior), non ter mais que un sitio para cada tipo de cousa...

A miña estrutura, imperfecta, xa o sei, pero a fin de contas a miña propia estrutura, resultou ser a seguinte:


No moble de  caixóns do estudio: O material propio de oficina, e o que necesito para a xestión do dia a dia na casa.

Na cómoda branca da galeria: Ferramentas de todo tipo e materiais para reciclar e facer cousas, o que non colla, xa non entra na casa ata que faga sitio.

No moble alto de caixonciños pequenos: Recortes, folletos, material para collages, postais, fotos... e as cousas para facer selos de goma: tintas tampóns gravadores...

Na caixa costureiro: Material artístico pequeno:  lapices rotuladores ...

Nas caixas de plástico que quedaron libres do aseo pequeno: Material artistico mais grande: acrilicos pinturas, pinceis botes... Onde vou poñer estas caixas? Uff.. xa veremos hai que ir a modiño...

De momento o moble de caixóns quedou así:

 

Non,  non repito papel no caixón 1 e 2, un é papel usado para recicler e o outro e limpo. Estou a facer caixiñas de tea a medida ( xa falei delas no post anterior)  para gardar as cousas...

E pensar que hai xente que todo esto do orden o leva sen esforzo ningún, sen pensar sequera! ...e o que eu levo maquinado!

Tutorial: Como facer unha caixa de tea que teña unha determinada medida.

No mes de febreiro desatouseme unha vida social inusitada as fins de semana e non son quen de rematar o meu programa de orden no estudio que tiña collido con tanto pulo...Así que o meu programa "de burato negro a punto limpo" vai mais lento do que eu pensaba. En calquera caso non está de todo parado, e aos poucos vou facendo cousiñas....como ordear caixóns.

Nestas andaba cando atopei que sería útil facer unhas caixiñas de tea  para gardar mais axeitadamente as cousas dentro dos caixóns, así que,  a modo de descanso entre tanta arranxo, din en maquinar como facer para que as caixas tiveran a medida que eu quería,  según os ocos que tiña e as medidas das cousas que tiña que gardar.
A primeira, de medidas 21x13x9,  xa está feita, e posta no seu caixón correspondente.
 Aquí están as instruccións.
Espero que se entenda mellor que cando expliquei o da caixa de xoguetes de Uli, que sempre penso en facer uns debuxiños e logo dame preguiza...

En fin, non sei si se entenderá ben...creo que falta algún paso...teño que aprender a facer videos...
Carai, xa é domingo?

jueves, 24 de febrero de 2011

Onte fixemos...

Xa hai algúns dias , vira nalgun blog dos que visito unha referencia a un concurso de máscaras de carnaval feitas con cousas recicladas, e quedara con ganas de participar... tentei lembrar onde o vira, pero non o atopei...En calquera caso como o carnaval está cerca,  pensei en ver que se me ocorría e decidín facer algo con  este embalaxe que tiña por casa...Dentro  da caixa viña unha bola de cristal con neve,  e viña suxeita con ese cartón con dos buratos..Así que pensei enseguida en Mr. Magoo, ou nun extraterrestre...
 Co resto da caixa podese facer o resto da cabeza do allien...

 ...ou un casco vikingo, que vale tanto posto para arriba como para abaixo Aquí esta o guerrero poñendo caras de asustar


 
 
O escudo azul é unha aportación de Valentín, que tolea co photoshop...

Atopei o blog que fai o concurso... é este: Mr Spoki


miércoles, 23 de febrero de 2011

Roddy & Ginger

Tiña en mente darlle un novo aire ao moble da miña máquina de coser Singer pintandoo e debuxandolle algún motivo ou adorno... Pensei que calquera dos desenos de Roddy & Ginger  (teño un enlace ó seu blog  aí ó lado) quedarían estupendos e decidín preguntarlle diretamente a autora si tiña inconveniente en que  eu copiara o seu debuxo no moble da miña máquina de coser e  (se quedaba ben) o puxera no meu blog.

Contestoume axiña, moi amablemente, decindo que estaría encantada, e que a avise cando o faga...
Para poder copiar o deseno merquei este pano de cociña tan bonito, que chegou hai uns dias xa...O repintado da máquina inda vai ir para largo, (estou con otros retos preferentes...) pero mentras, ocorreuseme poñer o pano a modo  de cortina na porta da  cociña...As medidas coincidían exactamente, e penso que queda moi ben!


Cando faga o da máquina de coser, (se soi quen de facelo), xa o mostrarei tamén...

lunes, 21 de febrero de 2011

Os luns: Apunte do natural

Moitas horas perdidas nunha sala de espera, chegar tarde, prisas,  un rascazo no lateral do coche o espello retrovisor feito papilla e a chapa afundida (reparación carísima) chuvia e vento, un dia gris...
Así que ...un café quentiño e unhas froles...e parece que xa vai remontando o día...

As praias do inverno...





Esta fin de semana estivemos cos amigos...e dimos un paseo pola praia...para mín non hai nada mais relaxante que o ruxido do mar cando baten as olas...este mar e o mesmo que vin desde nena...é o mar que me gusta...
Entre estar ordeando caixóns na casa ou sentindo o mar e o vento ...que ía elixir?

jueves, 17 de febrero de 2011

Onte fixemos...

Sego a ordenar o estudio...cada día un pouquiño... ( de burato negro a punto limpo..ese era o reto) e onte tocoulle ós caixóns...(Xa comentarei a odisea...)

Para que non enredaran moito os nenos no rebumbio que montei para ordear , puxenos a afiar lapices de cores...Entre a morea deles que temos hai uns que son moi cativos, non afían ben e son demasiado duros... (comprara un lote de 100! en alcampo, hai mil anos). Sempre estou a piques de botalos ao lixo pero sempre penso.. con esas cores tan bonitas algo podía facer algún día...

Pois onte foi o tal día, así que fixemos esta especie de  ready made cos lapices de cores e as labras de afiar e o montamos nun marco deses baratos que sempre teño por casa. A cousa mais sinxela non pode ser, non hai que quentarse moito a cabeza: as labras do lapis estan pegadas sobre un folio en branco, que é o que enmarcamos. Unha vez enmarcado, pegamos os lápices entre sí con cola e logo diretamente sobre o cadro, sen mais.

Aquí está a obra no seu contexto, baixo aqueles porqiños que fixera xa hai tempo e que xa mostrei no blog




Estes eran os porquiños, feitos co cartón que sobrou da guirlanda feita co cartón de ovos que adorna a cabeceira do meu blog...(uf) a frase parece dun deses contos tradicionais infantís...
E aquí estamos dandolle ao afiamento e facendo a "sobra de arte" como diría a miña querida amiga Yeyi

 

miércoles, 16 de febrero de 2011

Randeeira

Coa nova tea que lle puxen onte
sobre a nova alfombra... 
(está claro que andiven por Ikea ultimamente non?)

martes, 15 de febrero de 2011

Hoxe...

Comimos as últimas galletas que fixemos onte, cun chocolate quentiño.
(o batman no quedou moi ben)
e tapicei de novo aquela cadeira que comprara en RETO...a tea de raias rosas estabame volvendo tola...
Cando rematei o choio xa non había boa luz para fotografar, pero creo que quedou moito mellor..

domingo, 13 de febrero de 2011

Regalo para o avó Valentín

 
Esta fin de semana fumos visitar ao avó Valentín que celebrou o seu santo. Os nenos regalaronlle esta camiseta, gustoulle moito. Aí está mais o menos o proceso:



 Logo de poñer o texto cun rotulador para tela (eu uso en realidade os permanentes normais, valen tamén) os nenos estamparon as súas mans (esta si que ten que ser tinta para tecidos)
Facil e xeitoso no?