jueves, 3 de febrero de 2011

my darling Valentine

 
Ós meus fillos non lles mola nada o rosa, nin hello kitty, nin os corazóns...O outro dia ,mentres axudaba a vestir ó pequeno dinlle a Valentín  uns calcetíns e devolveumos como si foran unha pataca quente... Estes non mamá, por favor, non hai outros que non poña LOVE?...Os calcetíns eran azul marino cunha pequena liña verde, moi discretos ... pero tiñan a fatídica palabra...

O martes estabamos a recortar cousas con papel de cores e ao ver os folios vermellos e rosas deume por facer unhas tiras de papel de corazónciños... os blogues polos que pululo habitualmente están que ferven coas Valentines...será por iso...

Nin pensei en que me ían axudar pero o papel picado e dobrado é a especialidade de Valentin e Miguel gustalle imitalo, así que non poideron resistir...Ao final fixemos uns buratos nos corazóns, pasamos un cordel e puxemolos na lampada...As pantallas brancas e sosas é o bo que teñen, admiten o que lles botes...





 Aquí está o xeito pouco ortodoxo de facer buratos coa perforadora do meu fillo, axudandose co pé:

Miguel non fixo corazóns...debuxou uns Gormittis e os recortou ...

No hay comentarios: