Xa teño o meu toque de neón na decoración da sala!. Un dia vin un taco de post-it de cores fluorescentes e non puiden deixalo ir..O outro dia ocorreuseme un uso para o meu taco. Este é o meu primeiro experimento, pero teño xa en mente outras posibilidades...Pensaba que coa primeira ventoleira ía cair todo o tinglado, pero non, o inevento aguanta o tipo, aturou xa varias ventilacións x-treme na casa e non caeu nin unha folla...
viernes, 26 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
Outra tea mais...
Este é outro dos meus deseños para unha tea. Mandeino ao concurso desta semana en Spoonflower. O tema proposto era Pop art chicken. A votación remataba hoxe, penso que ao longo desta semana iran saíndo os gañadores...
Tamen fixen esta variación, xa sin concurso:
Tamen fixen esta variación, xa sin concurso:
sábado, 13 de abril de 2013
Deseño textil
Volvo retomar as miñas prácticas de deseño textil. Este deseño é para un dos concursos semanais de Spoonflower. Estes concursos semanais motivanme moito. O ter un tema e un prazo axudame a concretar e ao tempo que vou facendo vou aprendendo, pola ben coñecida técnica da proba e do erro.
Este concurso é de tema nautico é cunha paleta de cor restrinxida: catro colores predeterminados mais o blanco...Se cadra os barcos estarían mellor variando as cores, tería que probrar...non sei. Ata o martes 23 de abril podense subir deseños... se alguén se anima, ainda queda moito tempo!
viernes, 12 de abril de 2013
ganas de...
martes, 9 de abril de 2013
ultimas minicompras
Para facer quén sabe qué, quén sabe cando...
Quén se pode resistir a estas boliñas rosas e a estas pasamanerías? eu non...
domingo, 7 de abril de 2013
Facendo o mono
Estes son os monecos que fixen ultimamente...Estes catro son pequerrechos, con calcetíns de neno pequeno.
Aquí está a panda completa do mes de marzo. Doume conta de que é rosa de mais...
Aquí aínda non lles tiña feita a cara
Atopei estes calcetíns coa nena pintada en Kiabi, e non puiden resistirme a facer estas sireíñas...
Esto meu co dos calcetíns xa é vicio...
martes, 2 de abril de 2013
blues
Na casa dos meus sogros hai unha boa colección de vinilos e un tocadiscos que ainda funciona. Esta fin de semana aproveitei para escoitar vellas cancións de blues..., ata o punto de chegar a sentir morriña dun mundo que, sen embargo, nunca coñecín.
Sei que o meu sogro era - é- un grande aficionado ao blues e, nunha epoca na que non existía internet, nin youtube, nin spotify, foi quen de facerse cos seus enlaces para conseguir traer discos que aquí non podía atopar.
Eu escollín estes, dunha serie chamada "House of the blues", porque me chamaron a atención as ilustracións, todas firmada por un tal Jean Vern, do que nunca oira falar.
Intentei saber algo mais sobre él e descubrín que foi un jazzman francés, que naceu en Saint Francois no ano 1940 e morreu no ano 1998, que ademias de tocar o saxofón, deseñou comics e ilustrou numerosas portadas de discos, como as que mostro hoxe aquí, e que pese ó seu grande talento está casi olvidado, mesmo na súa terra natal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)