domingo, 30 de enero de 2011

De burato negro a punto limpo (1)

Novos retos semanais!
Boto en falta o meu RETO dos sábados, cando ía  ao Rastro de RETO e mercaba algunha cousa que despois arranxaba (ou simplemente limpaba) pola semana...O sábado seguinte mostraba a cousa arranxada colocada no seu sitio e o novo RETO semanal...Ai! ...canto disfrutaba eu con aquelo....

O RETO dos sábados morreu por falta de espacio material para almacear tanta cousa... A miña aficion ao bricolaxe e ao DIY fai que garde todo tipo de  cousas... por si... , nunca se sabe..., e así teño cortizos a palas, cds por miles, teas nin te conto, pero tamén lampadas fundidas de todos os tamaños, armazóns para facer pantallas, paus e pedras de todo tipo, ramas variadas (sempre quixen facer un colgador cunha pola dunha  árbore, teño a rama, pero ainda non fixen o colgador)... Ferramentas,...teñoas de todo tipo...faltame o banco de carpinteiro, eso sí...(unha cella levantada dun que eu sei paroume os pés a tempo...)

O que non teño é orden...Nunca atopo nada e consumo cada vez mais espacio...o resto da familia xa mo bota en cara...din que son coma unha plaga.O caso é que teño varios puntos negros onde acumulo tantas cousas misturadas que logo nunca atopo nada...Unha poucas ferramentas están aquí e outras alá, os botes de pintura o mesmo...Papeis, lienzos e cartóns de aqui para alá...Máquina de coser por un lado e teas por todos....Por non falar de cintas, botóns, velcros, cordas, arames, recheos, fíos, las, e ropa vella para feltrear, para facer coxíns, para alterar ... unha locura de cousas acumuladas, todas a espera de facer aquela idea que tivera unha vez...

Así non se pode... Renuncio xa de antemano a lograr o ambente zen que tanto gosto de ver nas casas dos outros...pero  un pouquiño de orden e organización, xa é unha necesidade...

Para motivarme na miña cruzada pola orden e a organización nas miñas cousas, e coa idea de facer sitio para disfrutar da miña afición ós rastros e darlle novo xeito ás cousas  vellas...inicio esta nova serie de RETOS semanais, "de burato negro a punto limpo". Cada semana vou atacar un destes puntos negros onde metese todo e nada recuperase para convertelo nun punto limpo, organizado e luminoso., que ao final do día fagame suspirar satisfeita...
Os buratos negros que teño identificados, sen seguir unha orde especial, son:

-O lavadoiro
-O aseo pequeno da entrada
-Os armarios do pasillo
-O estudio enteiro, (que comparto con Pucho e cos nenos, non toda a culpa e miña)
-A esquina da sala onde está o moble dos caixonciños e a miña caixa de costura chea de útiles para debuxar e onde monto a máquina de coser porque teño mellor luz pola tarde (eu xa sei cal digo) 

Nestes cinco sitios teño esparramadas as miñas cousas de facer cousas.

O primeiro reto foi doble: Valeirar de trastos o aseo pequeno e organizar todo no lavadoiro. Feito!

E este e o ANTES:Así estaba antes o aseo pequeno, que quedou valeiro (mais ou menos, as botas seguen alí )

Todo esto é o que había dentro do armario e das caixas que había alí...Por certo atopei os bulbos de narcisos que envolvín en papel de periodico nunhas latas o ano pasado ... xa me olvidara, tamén os plantei. Sosa caustica... ¿para qué? de cando quixera facer xabrón?... fertilizante de plantas, testos e tratamento para mobres de madeira de xardín... pero se non teño xardín!... en fin...
Así estaba o lavadoiro...
Non poño mais fotos porque danme repelús..todo apilado no chan , de calquera xeito...


 E este é o DESPOIS:

Así quedou organizada a cousa no lavadoiro:
A esquerda a columna diríamos sucia: as patacas, (consumimos moitas...vos non? ) , os testos, pedras  e  terra para as plantas, e as cousas para botar ó lixo separadas: botellas, envases, periodicos vellos ,aceites usados.., pilas usadas, lámpada fundidas... (alá van todas... que mágoa...)

No medio o armario pechado para gardar os produtos de limpeza, tamén pinturas, barnices...a sosa caustica famosa etc...

A dereita a columna limpa (básicamente a roupa pendente de prancha, a prancha propiamente dita, o papel hixiénico, rolos de papel de cociña...)

Tamén aproveitei as lamas de ventilación para facer o colgador das basoiras e a fregona...
E ao outro lado a tabra da prancha, colgada- por fin- dun gancho, coa funda bonita que lle fixera
Ata o próximo reto!

jueves, 27 de enero de 2011

cousas que estou seguindo en ebay

Hai moito tempo (para os meus estandares) que non vou por RETO ou calquera tenda de segunda man,   así que teño mono, moito mono...Cando non podo mais, doume unha volta por etsy ou ebay e vou poñendo na miña lista de favoritos as cousas que me gustan...Hoxe empateime con libros para nenos con bonitas ilustracións...A verdade e que sempre quixen facer un libro ilustrado para nenos...Se alguén me dixera e ti ...que queres ser de maior? Eu diría: ilustradora de contos para nenos...
Claro que tamén diría outras moitas cousas..
Aquí van algunhas imaxes de algúns dos libros que vi hoxe en ebay.


Clásicos ...

























dramáticos e épicos


 


 
Casiñas nevadas...






estranos persoeiros






nenos do mundo...



animais de todo tipo...









e mais insectos...






lunes, 24 de enero de 2011

O paraiso terrenal

Esta fin de semana fumos ver ós meus pais e reunimonos todos os irmáns. Meu irmán Tin estivo arranxando un pouco o taller do meu pai, onde él gustalle pasar o tempo facendo as súas cousiñas...Meu pai cada vez vai menos, anda canso, e agora usao mais o meu irmán...Contoume que desde que deixou de fumar para matar a ansiedade metese no taller de meu pai e fai mobles...ten algun ben curioso!
...Ai se poidera ter un espacio así na miña casa! ..Para mín é coma o paraiso terreal... Lémbrome cantas horiñas pasei de nena co meu pai "botandolle unha man" mentres facía  as súas pequenas choiaditas como el dicía...Arranxar unha ventá que non abría ben, facer unha estanteria para  os meus libros na  buhardilla...pintar de aquela bonita cor verde auga as cabeceiras das camiñas da miña irmán e a miña ...co aspirador! (como raios o fixo? aquel vello Electrolux vermello que xa era da miña aboa quedou para sempre cun nebulado verde!) Aquela casiña de monecas que nos fixera, que podías entrar dentro...Sempre andaba a facer ou a arranxar algo...con el collín querencia ao olor do serrín, da pintura,...a pasar a man con suavidade logo de lixar con mimo unha boa madeira...De aproveitar as cousas para darlles novo uso... a non tirar nunca nada...cousa que a miña nai non lle gustaba nada...Este toque de síndrome de Dioxenes que temos meu irmán Tin e mais eu vennos de aí , do meu pai e daquelas tardes infinitas a carón do seu banco de carpinteiro...






 Aquí deixo un par de imaxes da casa do meu irmán, a carón do taller, onde el montou o seu refuxio, o paraiso terrenal en medio da cidade.



Os luns: Apunte do natural

Zapatiño de neno con moitos kilometros ...

martes, 18 de enero de 2011

Os luns: Apunte do natural...(o martes)

Glups...onte esquecín facer o apunte do natural do luns...así que o fago hoxe. A risco de ser pesada debuxo a guirnalda, porque é o que teño diante e está índose a luz natural, así que non teño moito tempo para andar buscando localizacións. 
Por certo, mandei a miña idea da guirnalda á web "ikea Hackers" toda chea, e despois navegando por alí vi que xa alguén  tivera a idea antes ca mín (ademais gustame mais como quedou a outra, mais primaveral e cálida ca miña)...en fin...

Por certo, gustaríame saber si esto é o famoso bokeh do que tanto escoito (leo)  falar últimamente ou simplemente unha foto mal feita...Terían que estar as luces desenfocadas pero o resto ben nítido non? A ver algún fotografo por aí se pode clarexar estas dubidas de principiante...

domingo, 16 de enero de 2011

Ikea hacker ó meu xeito


Todos os anos pásame o mesmo...cando chega o momento de recoller os adornos do Nadal dáme mágoa retirar as guirlandas de luces...remoloneo e remoloneo e ao final quedan postas ata a primaveira, na que xa a luz e as froles veñen de fora...
Este ano aproveitei o meu paso por Ikea e merquei estes moldes de magdalenas porque foi velos e xa pensar nunha guirlanda...Así que ando a probar como quedan coas luces...Penso que ben, ó meu fillo Pucho lembroulle unha cerdeira...e pareceume unha autentica louvanza, aínda que  non sei como raios fixo esa conexión mental....
Hei darlle mais voltas, teño outros moldes brancos mais pequenos que xa non uso e vou ver de combinalos cos outros.
As luces teñen unha cor azul moi fria pola noite que non me acaba de convencer...Aínda que se cadra é mellor que sexa fria, non vaia ser que prenda o papel e faga unha guirlanda espectacular de verdade, a escala de barrio...

viernes, 14 de enero de 2011

Hoxe no buzón...


Eu son mais ben dos blogues visuais, así que vou de aquí para alá donde vexo imaxes que me inspiran, pero non sempre entendo ben o que está escrito...(a cousa mellorou co traductor de google)
Hai algún tempo atopei por casualidade un blog chamado Ingthings, e decidín incorporalo ós meus lugares de inspiración (está ahí na miña barra lateral).
A autora do blog, Ingrid, propoñía (si entendín ben) unha especie de intercambio e  ofrecíase a mandar por correo unha tarxeta postal  a aquel que lle facilitara a súa dirección. Por certo ten un expositor de postais moi bonito... eu ando a procura dun igual hai moito tempo, pero ainda non o atopei...
O caso é que eu mandeille un email e ela deume a súa dirección e eu mandeille a miña... e hoxe tiña no correo este regaliño!

Pareceme unha boa idea esta de Ingrid, estes envios postais de "cousas pequenas"...Así que aquí queda aberto o meu ofrecemento...Se alguén está interesado nun intercambio postal destas características comigo, pode mandarme a súa dirección postal ao meu e-mail e intercambiaremos os noso cromos, esas cousas pequenas sen valor, ou de valor incalculable, segun se mire...

***

E esta é a miña última tarefa de reciclaxe, primeiro pensei en facer a Nefertiti, pero ese nariz de asa non lle iba moito, así que tirei mais polo lado tribal africano...


 Aí esta colgada a máscara no carto dos nenos...E aquí parte do proceso: