jueves, 31 de enero de 2013

xaneiro: feito!

A principios deste ano fixera un propósito para cada mes, coa idea de motivarme un pouco para rematar os mil proxectos que teño empezados. O mes de xaneiro tocoulle o turno a uns coxíns para o noso banco-estantería. Xa tiña os recheos, así que a cousa foi facerlle as fundas. Aproveitei teas que tiña por casa, e especialmente unha de cadriños verdes, de vichy que chamaballe miña nai, que era dunhas colchas das camas que tiñamos miña irmá mais eu cando eramos  nenas.




A tea de cadros tiña un remate ao bies que aproveitei para usar de cordoncillo, polo simple método de meterlle un cordón as bravas. En fin, cos seus defectiños e chapuzadas, aí está, feito...Agora solo queda porlle os libros de novo

miércoles, 30 de enero de 2013

piano

Este foi o dia no que chegou  á casa o novo piano (gracias Eduardo, fixeches o traballo completo: doación, traslado, entrega, montaxe e asesoría técnico-acústico-electrónica) Eu tentei inmortalizar a data facendo algunha foto, pero  xa era tarde, a luz non era boa, e a fotografa tampouco, así que pareceume que a pouca calidade das fotos non estaba a altura do evento e esquecime delas...

Pero hai un par de días alguén dixome que pasara polo blog para ver si puxera as fotos do piano, e dixen, que caramba, pois aí van.
 


Entre o piano e o teclado agora si teño que me desfacer dalgún moble...nestes momentos podemos atravesar a sala de punta a punta sen poñer os pes no chan. 

domingo, 27 de enero de 2013

Paseos





Os sábados pola mañán teñen para mín un encanto  especial...Queda a fin de semana por diante, con todas as súas promesas...aínda que despois non fagamos nada. Estamos todos xuntos, pero cada quen a facer o que mais lle peta, a ritmo lento, sen prisas nin agobios....A verdade, o  único que nos fai saír da casa os sábados pola mañán son os partidos dos nenos. 

Ten o seu punto ir ver un partido de baloncesto de nenos de 8 e 9 anos... As xogadas non son da NBA, é certo, e as veces parece que pasan mais tempo no chan, rifando pola pelota, que botando ou tirando á cesta, pero a emoción non é menor. Alí xuntamonos un montón de pais e nais entregados e os adestradores dos nenos, e os mesmops árbritos... rapaces que adican o seu tempo libre a isto, sen recibir mais compensación, as veces, que as cariñas atentas e cheas de emoción dos nenos...

A verdade, o que leva os nenos aos partidos, normalmente, é o seu pai. Coñece a cada xogador polo seu nome e pode dicir as súas características mais salientables, si tivo un bo ou un mal día e si mellorou as súas  puntuacións respecto do partido anterior. Segue a  evolución do equipo coma si  foran os Lakers... Eu  apenas podo dicir en que categoría xogan, e non sei o nome mais que de tres o catro xogadores do equipo. Normalmente, mentres eles van ao partido, eu aproveito para as miñas escapadas a Reto ou vou facer a compra: non quero porme medallas que non me corresponden. Pero onte tocoume a mín levalo, e disfrutei do partido e do paseo ata o Pavillón Lorenzo de la Torre, onde xogaban. Polo camiño  aproveitei para facer algunha foto de grafittis e pintadas...








Estas son outras que fixera xa hai tempo, en Ferrol. A verdade é que xa teño unha boa coleción de pintadas e grafittis...algún dia hei poñelas todas xuntas...

jueves, 24 de enero de 2013


Eu gosto moito das tendas de segunda man e de compravenda, pero recelo un pouco das tendas que están en liquidación, sobre todo agora, nestes tempos dificiles... sinto como si me estivera a aproveitar da desgracia allea. Suponse que si algo está en venda é que o queren vender, pero, en fin, non entro coa ledicia que entro nun chambo, vaia. 

Onte vin, ao pasar, unha tenda de decoración en liquidación, e pareceume ver no escaparate algún retal de tea de tapicería así que  e entrei a votar unha ollada, non puiden resistir.

Nunca tal fixera! Tiñan varias paredes cheíñas de  mostrarios de teas  para escoller! Casi toleo...Non quero acumular mais cousas, senon desfacerme delas, e ultimamente ando moi mirada cos gastos,  pero tiven que picar algo! Tiñan tanta variedade que eu ía dun mostrarío ao outro sen saber cal escoller, collía un o deixaba...A señora veuse obrigada a calmarme un pouco...Tranquila muller que aínda vamos estar por aquí un tempo...Pensa un pouco para que queres as teas e despois volves, que de aquí non van marchar...
Como si fora tan facil...











Estos da foto son a proba da miña contención, e estou moi orgullosa...Mais de cen mostrarios ben cumpridos de teas preciosas e so collín dous ben pequerrechos por un importe total de 6 €! 

Estou pensando que eses 6 € non contan como gasto, senon como inversión, porque hei facer algo con eles...algún día. Ademais, son faciles de gardar nun armario, e non ocupan espazo, non é como o  piano electrico que acaba de chegar a casa, xentileza dun bo amigo... Se cadra volvo a por mais antes do que pensaba.


martes, 22 de enero de 2013

Frío...

Xa sei que a neve non cubre os tellados nin teño que coller unha pala para sair de casa, nin teño que levar gorro e luvas para non morrer conxeada, pero que queres...para mín vai frío, e o único que me presta e estar cunha mantiña e un libro no sofá...A casa está en silencio, a actividade aos mínimos.. hoxe parece que estamos a prepararnos para entrar en fase de hivernación...

Tentei facer unha foto dos meus novos xacintos, que xa floreceron, pero non me gusta moito a luz...tristona e  fría...Pero xa se sabe que para dar calidez ao ambiente non hai nada como a cor bermella...


 A miña tarefa do mes de xaneiro vai indo, aínda que agora coa hivernación esta, todo vai mais lento...



En fin, ata outra tarde menos preguiceira!

jueves, 17 de enero de 2013

 Moitas veces vou pola rúa e penso: esto facía unha boa foto. Onte saín coa idea de facer algunha, mentres esperaba ao neno, e comprobei que non teño madeira de reportera...Deume moitisima vergoña andar a facer fotos pola rúa...Pararme a encadrar  xa nin pensalo, todo as carreiras, disimulando e como si estivera  a facer algo malo...Mira tí, en Santiago, a quen lle importará que andes a facer fotos polas rúas!
Quería ter feito unha serie completa de escaparates que me chamaran a atención no meu percorrido habitual, pero xa digo, fracasei ...pero heino conseguir, e cousa de coller oficio, digo eu.

Ao final so fixen as fotos destes dous escaparates, os primeiros anuncios do próximo Antroido, que xa ven pedindo sitio cando aínda estamos a recuperarnos da tolería do Nadal...



sábado, 12 de enero de 2013

Reto

Pois xa facía tempo que non pasaba por RETO, ni por ningunha outra tenda de segunda man porque non quero acumular mais cousas e estou mais ben na idea de me desfacer de trastos. Pero que queres, a cabra tira ao monte! Unha compñeira faloume de unha tenda de compravenda nova e fun repinicar nela,  e desatouseme o ansia. Hoxe tiven unha recaída, e fun o meu RETO de sempre.  Tiñame xurado que non ía traer mais cousa para a casa, pero non tiña ningún xuramento feito de non poder ir deixar cousas alí. Así que fun para alá con catro trastos dos que me desfacer, so para botar unha ollada, non para mercar nada, claro...Facía tanto que non pasaba por alí que había moita cosa nova: dous pianos de parede preciosos...unha cadeira de madera cun toque especial...Non fun quen de me conter e piquei este pequeno lote por 5 €:





Seis vasos de cristal para Xacintos, no seu envase orixinal, e un rolo xigante de cordel de pasteleria.
Eu non teño forza de vontade dabondo para non coller un rolo de  cordel coma este...menos mal que foi de balde, regalo da casa!

Este é o almacén de RETO ao que vou eu. E pensar que nunca usaba o telefono para facer fotos...




miércoles, 9 de enero de 2013

Instagram


Hoxe atopei unha compañeira pola rúa e dixome: que,  facendo fotos no teu paseo? Eu dixenlle que no, que non ía con esa intención, e   deume mágoa non levar comigo a máquina de fotos, pero logo pensei ... ¡pero si levo o telefono!
 Así que fixen un par de fotos para probar co Instagram. Ainda non lle collín  o punto, pero xa chegarei...



lunes, 7 de enero de 2013

Doce retos para doce meses.

Os primeiros dias do ano hai certa tendenza a facer resumo do feito no ano que pasou e listas do que se pensa facer no ano que comeza...Eu pasei un rato cavilando, e tiven a sensación de que este ano foi un ano perdido, no que non fixen nada digno de mención...e que simplemente pasei o tempo esperando que pasara o ano...Así que repasei o meu blog, para refrescar a memoria....

Mentras repasaba o blog ía pensando na cantidade de cousas que comezo e que nunca remato,  o exceso de pulo que teño  para iniciar e a falta de determinación que manteño para concluir, así que ocorreuseme facer este planning anual, un compromiso comigo mesma para cada mes,  coa idea de  rematar cousas que teño comezadas ou facer algo con cosas vellas que gardo á espera de facer algo con elas algún día.

Como o exito dun reto deste tipo consiste en facer previsións realistas, non vou poñerme o listón moi alto, precisamente porque teño a intención de cumprir o trato. Así que hai vai o meu compromiso para o 2013:

2013 MES A MES
XANEIRO: Rematar os coxins para aquela estanteria

FEBREIRO: Si!!! tocoulle o turno a miña alfombra trenzada! O queda rematada neste mes, ou desfagome dela....uuhhh, que tensión! precisamente no mes mais curto do ano!
 MARZO: Toca arranxar e persoalizar lámpadas de papel. Aquí van incluidos a miña colección de moldes de madalenas e de filtros de café 


ABRIL: Tocalle o turno a miña colección de corazóns serigrafiados.


MAIO: A ver que se me ocorre para facer con todo esto:



 XUÑO: A ver que podo facer coa miña coleccion de panos


XULLO e AGOSTO: Tema libre, ou o que apañe polas praias, se chegamos alá


SETEMBRO: Basta xa de carrexar  cortizos!




OUTUBRO: Que tal facer algo cos cartóns de ovos que ainda gardo?




NOVEMBRO: Toda a miña reserva de teas de tapicería ten que ir saindo para que entre outra nova. A ver o que podo facer.

 DECEMBRO: Si cheguei ata aquí, ven poderei facer algo con isto!


O último dia do mes teño que mostrar o traballo feito!

Vou xa a polos coxíns, que xa vai alá unha semana enteira do mes e ainda non empecei!