Xa hai tempo que acumulo camisetas de algodón para facer nobelos coma estes. Tutoriais de como convertir en fio para tecer ( ou o que sexa ) as camisetas hai moitos en youtube que o explican mellor ca mín (coas palabras clave yarn e t-shirt, saente todos de golpe xa). O truco está en seleccionar as camisetas, todas non valen para o mesmo. As que van ben para isto son as que están feitas dun tubo, e dicir , as que non teñen costuras laterais. Eu antes non me decataba destas cousas, agora que dín en facer nobelos de tea de algodón, ando sempre a mirar se as camisetas vellas teñen costuras ou non.
Hai que coller a parte do corpo, e retirarlle os elásticos. Dobrala sobre se mesma e cortala en tiras, deixando unha parte sen dobrar e sen cortar, que é a que vai manter unido todo o choio. Despois esta parte cortase en diagonal, para facer unha tira continua e non aros soltos. Mais facil facelo que contalo. Unha vez tes a fita continua vas dandolle tironciño e faise o fío soliño. Rápido de verdade, eu fixen todos eses nobelos nunha hora mais ou menos.
Os elásticos que lle quito usoos como coleteros para o pelo. A parte de arriba, que leva as mangas, como gorro para a praia. Fas como si foras poñer a camiseta normalmente pero do revés. Tiras para arriba como para sacala, e quedas tipo monxa coa toca. Despois retorces as mangas, fas un nudo atrás con elas e xa está, tes un turbante para protexer o pelo do sol e o auga do mar...
O que fai estar sen nenos...