domingo, 25 de octubre de 2009

semana das cortiñas

Estas fíxenas con tela de saco... penso que queda ben, gústame cando filtra a luz, dálle un aire mais cálido e natural á ventá, tan fría e núa ... A Carapuchiña vermella e o lobo están adicados a Miguel, que gusta moito da historia, e anda a preguntar polo lobo feroz en cada conto que lle contas...
Estas son no carto dos nenos. Fíxenas cus retallos que quedaron das colchas - de Vichí chamábanse- que tiñamos cando nenas miña irmá e mais eu (lémbraste Ana?) Os retallos de flores -que segundo o meu fillo maior rozan a horterada- saqueinos dunha colección de mostrarios de tapicerías e telas opara cortiñas e decoración que comprara hai tempo en ebay. Nunca fixera unha compra con mais rendemento... Por 20 € merquei unha morea de mostrarios que cubrían todo o sofá da sala... Non creo que os dea usado en toda a miña vida...
Estas foron probas previas, que descartei...

miércoles, 21 de octubre de 2009

martes, 20 de octubre de 2009

para quen saiba tecer

a que mola? eu non lle dou moi ben á la pero si hai alguén por aí que lle interese, ese gorro é para copiar! está neste blog, cheo de boas ideas para tecer...agora que por fin ven o outono hai que ir pensando en bufandas e luvas

domingo, 18 de octubre de 2009

un bico para Cristina

Hoxe foi un dia especial...todos os curmáns viñeron a Santiago! Marta, Nicolás, Ana, Ramon, Cristina, e tamén estaba Ulises...Cristina non quería marchar, e foise choricando pero eu prometinlle que antes de que chegara á casa tería unha mensaxe esperándoa ... boas noites Cris! a durmir que mañá tes baloncesto... volve pronto a visitarnos!

viernes, 16 de octubre de 2009

libros vellos

Na casa hai libros por todas partes... non collen mais... un xeito de reciclar aqueles que xa non queremos conservar é esta... dobrando as follas quedan así... eu xa vira varios por aquí pero non pensei que fora tan doado...