O outro dia dime de conta que mentres outras casas son de estilo "retro"a nosa é estilo "reto"...empecei a xirar a cabeza pola sala e non atopei curruncho non que non houbera algo reciclado ou mercado en Reto ... O expositor de libros dos nenos, o espello que hai sobre o sofá,... ata as patas da mesa baixa, compreinas en Reto. A mesa propiamente dita era unha caixa dunha maqueta e foi interceptada de camiño ó lixo... Hai tempo que non me di nada ir as tendas de mobles decoración ou interiorismo, nin a IKEA, nin a sitios así... pero non hai dia que non teime por ir a chambos feiras e compravendas, mesmo o punto limpo municipal dáme mais morbo...¿que me pasa doutor?...
A miña fama de recicladora tola ten a súa compensación... unha compañeira de traballo (gracias Pepa) tróuxome o outro dia esta marabilla para ver si era quen de argallar algo que facer con ela...dis que ten moitisimas... son das bolas das camelias cando secan...na miña casa cando nena tiñamos camelios e non recordo ver nunca esa cousa tan bonita...como de pau...
Pasei toda a tarde dándolle voltas e probando ... de momento estou con ensaios técnicos de comportamento do material ao punzado, á quentura... e non din con nada agás o obvio (cortiñas de flecos, colares, e esas cousas ) pero en todo caso, simplemente así, para velas, xa son unha marabilla...
miércoles, 30 de septiembre de 2009
sábado, 19 de septiembre de 2009
comezou a chover...
e agora presta mais quedar na casa...Ademais temos un anaco de vida salvaxe na mesa da sala... cada vez que paso vexo unha escena diferente, crocodilos que papan xirafas..., dinosauros perseguindo galiñas... ultimamente crocodilos trabando crocodilos ... en fin, arrepiante.
O de pórlle un vasiño á pranta para que beba e idea do neno... din que ese pau seco que lle sae é para iso para buscar auga, algo así coma unha paxiña para beber un refresco, a min dame que é unha trola coma unha casa, pero un vasiño de auga non se lle nega a ninguén, digo eu...
viernes, 11 de septiembre de 2009
o primeiro día do resto da súa vida...
Chegou e pasou o temido día...
Os dous maiores estaban desexando empezar de novo pero o mais pequeno... non o tiña tan claro. Ía ó cole por primeira vez e non participou da expectación dos outros os dias antes... Mostrabámoslle os libros e miraba para outro lado...Fixenlle unha bolsiña para a merenda que tampouco o ilusionou...Estaba preocupado...
O caso é que quedei con el toda a hora...pegouse a min como unha lapa...Pouco a pouco foi tranquilizándose e ao final todo foi ben...Entrou a piques de chorar e asustado e saíu cun sorriso coma un sol... díxome que lle gustara a súa profe...
En fin... foi un dia moi intenso...
As telas de estampados floreados en rosas e laranxas que tanto me gustan non teñen moito predicamento entre os meus rapaces...así que para facer a bolsa probei con esta combinación, máis discreta:
E aquí esta a bolsiña. Penso que quedou ben. Collín a idea do libro de Amy Karol "bend-the-rules sewing"... Por certo, publicou outro, que tamén quero mercar
lunes, 7 de septiembre de 2009
últimos dias antes do cole
jueves, 3 de septiembre de 2009
xa estou de volta...
... con grandes ideas e proxectos ( ben, non sei se grandes, pero si moitas)
De momento vou meterme na deconstrucción-reconstrucción da miña roupa... Vexo que é un campo que me vai moito... Xa contarei... de momento deixo esta idea que atopei aquí.
Polo demais , o verán foi tranquilo, se pode considerarse tranquilo tendo un mínimo de catro e un máximo de nove nenos bulindo ó redor...
Traballei un pouco no vello proxecto da "braided rug", que xa está na fase Rapunzel, como digo eu...
A dita trenza xa ten a súa historia. Primeiro foi sabanas e vaqueiros, cada un deles coa súa historia detrás..... Hai uns dias faltou unha corda para subir unha motoserra a unha árbore que se tiña que talar, e como non había, usamos a miña trenza...velaí está toda bonitiña:
Cando sexa por fin unha alfombra penso que non lle vou dar moito trote, a pobre, xa cumpriu sobradamente nesta vida...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)