viernes, 13 de diciembre de 2013
Street art
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Compostela o dia 11 do 12 do 13
Non puiden resistirme a ter unha entrada con esta data!
Algunhas fotos que fixen hoxe co móbil cando volvía para a casa cos nenos...A que é unha sorte vivir nunha cidade coma esta?
Algunhas fotos que fixen hoxe co móbil cando volvía para a casa cos nenos...A que é unha sorte vivir nunha cidade coma esta?
E aquí uns experimentos fotográficos que fixen dándolle volteretas ao telefono
miércoles, 4 de diciembre de 2013
calendario de advento II
Por variar un pouco fixen outro calendario de advento para os nenos este ano, pero hei de dicir que non tivo un exito apabullante como tivera o outro. Un, porque neste modelo collen menos larpeiradas e agasallos dentro, (por exemplo, non colle unha para cada un, o que xa complicou o reparto) .Outro, porque aquí, na casa, as cosas do Nadal levanse con moito miramento: o que se fai un ano queda xa para o outro como unha tradición sagrada que non se pode variar...E o calendario de advento que se usosu toooda a vida foi o outro (que non ten mais de dous o tres anos)
Este é moi doado de facer. Simplemente recortanse duas pezas iguais de figuras sinxelas (estrelas, corazóns...)en papel resistente e cosense facendo unha bolsiña, deixando dentro a larpeirada.
Así que para entrar en modo Nadal, apañamos un pouco as escondidas estas ramiñas que hai de camiño para a casa e as colgamos así, tal como chegaron da rúa.
Este é moi doado de facer. Simplemente recortanse duas pezas iguais de figuras sinxelas (estrelas, corazóns...)en papel resistente e cosense facendo unha bolsiña, deixando dentro a larpeirada.
Este é o outro que xa fixera hai uns anos, no que, supostamente, nos petos caben sen problemas duas saltarinas, e varias chocolatinas
Os nenos están xa que bulen. A min veñen decindome xa hai uns dias que o Concello xa colocou a arbore de nadal na Praza do Obradoiro e que xa están postas as luces das rúas, polo que xa vamos con retraso, temos que adornar a nosa casa xa, as carreiras. Eu digolles que as luces están postas, si, pero que ainda non as acenderon, pero eles repican que eu faga o mesmo, que as vaia poñendo, que o de acender xa se falará...Así que para entrar en modo Nadal, apañamos un pouco as escondidas estas ramiñas que hai de camiño para a casa e as colgamos así, tal como chegaron da rúa.
domingo, 1 de diciembre de 2013
O que sobrou da guirlanda
Alguns dos cadradiños do mostrario que non usei para facer a guirlanda aproveiteinos para facer unha fundas de gafas ( ou para calquera uso ), combinados coas miñas rosas azuis, que as fixera cando o curso de serigrafia . A miña ide e subir as bolsiñas a miña tenda (en realidade tendas, agora veño de abrir outra en Dawanda, para probar). Faltalles o peche metálico flexible que tanto traballo estame costando atopar...
Estas son algunhas das fotos de proba que fixen das funda, a ver como quedaban mellor...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)