Este é moi doado de facer. Simplemente recortanse duas pezas iguais de figuras sinxelas (estrelas, corazóns...)en papel resistente e cosense facendo unha bolsiña, deixando dentro a larpeirada.
Este é o outro que xa fixera hai uns anos, no que, supostamente, nos petos caben sen problemas duas saltarinas, e varias chocolatinas
Os nenos están xa que bulen. A min veñen decindome xa hai uns dias que o Concello xa colocou a arbore de nadal na Praza do Obradoiro e que xa están postas as luces das rúas, polo que xa vamos con retraso, temos que adornar a nosa casa xa, as carreiras. Eu digolles que as luces están postas, si, pero que ainda non as acenderon, pero eles repican que eu faga o mesmo, que as vaia poñendo, que o de acender xa se falará...Así que para entrar en modo Nadal, apañamos un pouco as escondidas estas ramiñas que hai de camiño para a casa e as colgamos así, tal como chegaron da rúa.
1 comentario:
Una de las cosas que más echo en falta de navidades pasadas es esa impaciencia por adornar la casa, así que leo tu post y me llena de felicidad saber que la emoción sigue viva aunque vaya por otros barrios. Tus ramas y tu calendario son preciosos, claro que comprendo que los niños reclamen el antiguo tan lindo y tan generoso!
Publicar un comentario