sábado, 30 de julio de 2011

Adeus, illa de arousa!






Mañán vamonos de A Illa... Ata o ano que ven barquiñas do porto pequeno!
Vou desenchufar o ordenador
O luns volvo por aquí, nun novo escenario

viernes, 29 de julio de 2011

primeiras probas

Coas camisetas de proba na casa penso que vou facer algún axuste, sobre todo na parte de diante, e tamén que collín tallas demasiado grandes, a XL parece unha tenda de campaña...en fin.  Creo que vou pensar unha liña unisex e outra especifica muller... A miña nai pediume unha liña especial para xente grande pero estilosa...como ela . Calquera diría que teño un emporio textil verdade? e solo teño unha camiseta...

miércoles, 27 de julio de 2011

Uff

O luns foi moi festivo e pasouseme, o martes andiven moi ocupada e non fun quen, e o mercores xa queda moi lonxe do luns...así que O apunte do natural do luns 25 de xullo, vouno dar por perdido...

Estes dias de vacacións aproveitei para facer probas cos meus deseños...que se fago camisetas que se fago carteis...Sei que algún dos deseños que teño non van ben para serigrafiar, outros si...en fin 

¿A quén van dirixidas as miñas camisetas? preguntoume o da tenda de camisetas cando veu a miña cara dubidosa sobre que tallas pedir...Que sei eu...¿Pero son para home o para muller? Eu que sei...aínda non vendín ningunha....Veume tan perdida que me recomendou pedir mais ben  na talla L, que sei que vai tanto para un home delgadiño como para unha muller ben feita...en fin...mañana danme unha primeira rolada de proba, a ver que tal van...

O deseno desta primeira camiseta ven sendo este que mostro. A primeira imaxe iría diante, en pequeniño e esta que xa mostrara algunha vez iría  nas costas:

A ver como quedan...

miércoles, 20 de julio de 2011

Paseos pola illa



Detalles de cousas que chaman a miña atención cando paseo, e cando no miro cara ao mar e as barquiñas do porto...

martes, 19 de julio de 2011

Os luns: Apunte do natural (o martes)

Con esto das vacacións é dificil atinar cando é luns...onte andiven de aquí para alá facendo recados e pasouseme o do apunte do natural, así que o fixen hoxe, mentres estaba na praia cos nenos...
O encadre elexido foi obxecto de moito comentario: que si xa tiña ganas de complicarme a vida, que si o borde vermello son nubes, que si o que se ve a esquerda é o meu pé o meu nariz....en fin,  sexa como fora aí vai:
A praia de Cabodeiro vista desde debaixo do meu sombreiro:

viernes, 15 de julio de 2011

Traballos do mar










Onte, nun paseíño dunha hora á tardiña vi moitos  mariñeiros pintando ou reparando as barcas....Gostariame fotografalos mais de cerca, pero dame apuro disparar as persoas...Aí vai algún que pillé ao descuido.

Coido que queren ter as barcas a punto para a festa do Carmen , que vai ser estes dias....
As mariscadoras son de esta misma mañán, na ponte...

miércoles, 13 de julio de 2011

lunes, 11 de julio de 2011

Os luns: Apunte do natural

Este é o apunte de hoxe.
Onte tiven un dia moi mariñeiro. Fun de excursión pola ria cunhas boas amigas. Gracias Pilar (e gracias Jorge!) polo paseo  (o resto das fotos mandovolas por email )





viernes, 8 de julio de 2011

Chove...

Aquí non para de chover...Estiven a probar co deseno dunha tea, ainda que tamén valería para un papel pintado ou para un azulexo...Tiña ganas de probar con Spoonflower, vou darlle voltas a esta idea e se cadra, mando algunha...

miércoles, 6 de julio de 2011




Todo isto foi onte, hoxe amanceu chovendo a mares....Non teño  moito tempo para pasar por aquí, pero inda que sexa para deixar de cando en vez algunha imaxe, vouno facer...

lunes, 4 de julio de 2011

Os luns: Apunte do natural

Estou de vacacións...O apunte do natural esta vez foi na praia, cheo de areas e con acuarela mollada en auga de mar...