sábado, 27 de febrero de 2010

O reto dos sabados 7.

Non foi quen o Xynthia de deixarme sen RETO...alá  fun como todos os sábados, desafiando o temporal ... pero non trouxen nada... Así que chegou o tempo de atacar a miña querida cómoda dos anos 50, que teño na casa arrumbada sen arranxar dende polo menos hai 12 anos... A cómoda era dos meus sogros... Tiña a chapa  aberta e medio solta , así que arrinqueina., tirando e tirando deixei a cómoda  case nos osos a pobre... Nun momento tolo tinxín de amarelo os frontes dos caixóns... en fin,  unha auténtica desfeita...Velaí está ,que bonita, mailo  maltrato:


Este reto dáme un pouco de medo,  non sei si serei quen de pensar que facer e facelo nunha semana...

O RETO 6, non ten moito que dicir, eran dúas enciclopedia, que están , xa limpas, nos correspondentes estantes...Poño algunhas imaxes delas:






 
 

 
En fin, a maña do sábado é sen dubida a nosa preferida, todos xuntiños, pero cada quen co seu, mesmo en pixama...


martes, 23 de febrero de 2010

chegou un dos libros...

Hai uns dias falei de iberlibro, onde puiden atopar algún dos tomos da colección "Xogar Creando" de Ernst Röttger e Dieter Klante que quero conseguir... Hoxe chegou un deles, o adicado a madeira:


 
  
 
Esta moi ben, aínda que sigo a preferir o do papel, coa madeira xa o intentara algunha vez é non me resultou doado, sei que as ferramentas que teño non son as adecuadas...

***

Hoxe, buscando unha cousa que necesitaba, estiven a ordenar uns papeis vellos do negocio que tiña a familia e atopei moitas cousas interesantes, a lo menos para min. Sobre todo papeis do meu avó, a quen no cheguei a coñecer, como tampouco o coñeceu o meu pai,  seu fillo, pois morreu uns meses antes de que el nacera...

Calquera que ouvira falar ó meu pai do seu , pensaría que o perdera xa de adulto, xa que sempre falou  del como si o coñecera...Penso que a nai, miña avoa, faláballes moito del ós fillos, porque meu pai e a súa irmá son capaces de describilo, comentar anécdotas e falar das súas costumes como si viviran a infancia con el...Penso que por iso conservaron tantos papeis da época do meu avó,  e sen embargo non atopei cousas mais recentes. ...Dalgún xeito conservaron todas as súas cousas para telo presente nas súas vidas., eses papeis eran o que del tiñan... Atopei facturas, papeis manuscritos, notas e recibos, todo canto papel tivera relación co meu avó esta na caixa que teño para ordenar. Polo que puiden ver dos seus escritos, e sobre todo do que lle escribían, pareceume un tipo interesante...

Chamaron a atención estas facturas da compra dunhas ¿ roseiras?... Hoxe, con internet, é fácil comprar aquí e alá, eu xa trouxen, via ebay,  libros de Xapón e telas de Australia, pero nos anos 20... ¿era normal encargar roseiras a Francia?

Este outra nota do ano 1920 que alguén lle escribiu contestando a unha súa, pareceume tamén curiosa...¡que sería o que meu avó transmitiría a ese señor, que marchaba sen traba nin dificultade co elemento obreiro? non sería espiar para a patronal ou algo así non? hei de preguntarlle o meu pai seguro que o sabe...




sábado, 20 de febrero de 2010

O reto dos sábados 6 (antes)

Seguindo a tónica semanal...non podía traer outra cousa...

 
De nenos  tiñamos na casa  unha enciclopedia Salvat moi parecida, era case igual pero toda en cor granate e beige... e penso que eran so 11 tomos,  non estou segura, gustábame tanto... Cando a vin non puiden resitirme. O outro lote é de manualidades, chamase Carrusel e son dez tomos. O lote completo 25 €.

viernes, 19 de febrero de 2010

RETO 5 (despois)

Este foi ben sinxelo... ó dia seguinte xa estaba todo feito, case esquezo poñer as fotos...non fixen mais que colocar cada cousa no seu sitio:

O Tratado de Armonía, que foi un regalo para o P. nas súas mans, léndose..


O mapa de Europa,  no carto do P. pequeno, ...gustoulle ben, por certo:


A bandexa, foi  facer compaña a outra que xa tiña... algún dia será unha colección do luns! :



E o sombreiro chinés, simplemente colgueino do teito a modo de móvil... Esta solución non me convence moito, o que tiña pensado era facer unha lámpada... pero en fin, todo se andará, non descarto facelo a semán que ven...




jueves, 18 de febrero de 2010

iberlibro

O luns estiven repasando os libros vellos  de  traballos manuais que teño na casa, e retomei o enganche que lles teño...Como o meu libro favorito, o do Papel é o tomo primeiro dunha serie, decidín lanzarme a ver si atopaba algún outro desa mesma colección... Ebay quedou mallada, pero podo asegurar que polo menos onte, non  había ningún á venda de aquí a Singapur... ... é o que ten ebay, tes que estar ao que hai, non ao que ti queres... 

Buscando buscando, primeiro pola referencia da editorial, que da a casualidade que en moitos dos libros trátase da editorial Bouret, fun dar con Iberlibro...e xa non saín de alí o resto da tarde....O paraiso do amante dos libros de vello! Xa teño dous  en camiño...Estaban todos os que me gustan alí agochados!!! Mirade, mirade que maravillas:





Vale xa sei que as fotos son malas, son as que teñen na librería, pero pode un facerse unha idea...

E os titulos que teñen algúns,  por Dios, que afán didactico:


"Manual de Esgrima y Duelo. Comprende la Historia de la esgrima, el conocimiento de la espada, la daga, el sable, el florete, el palo bastón, el fusil ó carabina con bayoneta: el código del duelo y la historia anecdótica de los duelos modernos más célebres "

O estes outros:

Tratado de ensayes tanto por la via seca como por la via humeda de toda clase de minerales y pastas de cobre, plomo, plata, oro, mercurio, etc., con descripción de los caracteres de los principales minerales y productos de las artes en América . 

Diccionario biográfico universal, que contiene la vida de los personajes históricos de todos los países y de todos los tiempos: santos ó mártires, sabios, artistas, escritores, etc., héroes ó personajes fabulosos de todos los pueblos. Nueva edición aumentada con muchos artículos y corregida con esmero. 

Este promete, ou non?

"Iniciación botánica Obra fuera de todo programa dedicada á los amigos de la infancia". 

Todos estes libros e moitisimos mais son da mencionada editorial Bouret, si ben en moitos casos, figura como Libraría da viuva de Ch. Bouret, non sei si é a mesma que o laconico Ed.. Bouret que aparece nos meus libros... intrigada polo traballo dunha editorial que agrupa tanto libro que me volve tola, atopei por casualidade outra Bouret que non coñecía, pero pouco mais... e de seguir a investigar...


lunes, 15 de febrero de 2010

A colección do luns

Libros antigos de manualidades...comprados en tendas de vello e en ebay...Aí vai unha pequena mostra dalgúns deles... 
 
Os meus favoritos:


Neste capitulo, por exemplo mostran como  estampar tecidos, obtendo desenos complexos a partir dun debuxo matriz que se vai combinando...

 

Outro libro dos meus preferidos, penso que xa falei del algunha vez, e este sobre traballos con papel:

Mostra distintos modos de traballar o papel, conseguindo cos mínimos medios as composicións mais elaboradas. Combinase técnica e  imaxinación, e desenvolvese coma un xogo... En cada capitulo dánse unhas regras (por exemplo: deben facerse figuras simplemente recortando e dobrando o papel, por negativos e positivos, non se pode quitar nada, nin engadir nada; ou outro: debe converterse unha superficie plana en un releve, por incisións no papel as que se lles da un certo ángulo...e moitisimos xogos mais...) É sorprendente a cantidade de solucións distintas que saen a partir dunha regras comúns bastante estritas...

 


A maioría destes libros poden adquirirse en internet practicamente polos gastos de envío, por moitos deles non paguei mais dun euro...e son, para min, excepcionais...

As veces os rapaces traen da escola traballos feitos en clase de plástica ou algunha manualidade feita por mor de algunha data especial... dia da nai ou cousas así... e, a maioría das veces , parécenme cousas banais e mesmo de mal gusto... carentes do mínimo sentido artístico. 

Paréceme que se desaproveita unha boa ocasión de inculcar nos rapaces  o aprecio polo arte, a artesanía e mesmo a historia...Sorpréndome moitas veces cando vexo as cousas que fan os cativos na casa  cando van ó seu ar, cousas cheas de espirito, por dicilo dalgún xeito,  e as comparo co que traen da escola... nada que ver... 

Penso que o tipo de xogos e traballos manuais que traen estes libros serían  adecuados para facer na escola en vez deses outros que soen traer..e serían traballos fermosos...A maioría poden facerse cos materiais mais sinxelos e baratos ... cartón, papel, un cordel, e os nenos acostumaríanse a  facer e ver obras cun certo sentido da proporción, a combinar as cores, as texturas,  a entende-la simetría o ritmo o oco, e dicir as manexar as  palabras coas que se constrúe a linguaxe do arte, da cultura visual... Algo de moito mais valor   que esas cousas que fan as veces, carentes de sentido estético, que nada lles aprenden os rapaces, onde o neno non pon nada de seu agás o estrito e literal traballo manual,  e que, logo de pasar un dia ( ou menos) exhibidos na neveira, acaban no lixo.

Polo menos iso é o que penso eu...


sábado, 13 de febrero de 2010

O reto dos sabados

RETO 5 (Antes)

Isto é o que trouxen de Reto esta mañá: un sombreiro chinés ( ou iso pareceume), un mapa de Europa, un libro vello titulado Tratado de Armonía e unha bandexa de madeira desas tan bonitas dos anos 50:

O lote completo custou 5 €

RETO 4. Despois

O Reto desta semana foi o das fotos e o arquivador. O arquivador pinteino e teñoo a secar. As fotos eran estas:

 
  
  
  
 

O único que fixen foi pegarlles os recortes dunhas mans, enmarcando algún elemento da paisaxe (e de paso, ocultando antenas de telefonía e torres eléctricas) ...


Así e como quedaron ao final, xa colocadas no seu sitio:


jueves, 11 de febrero de 2010

calendario

Hoxe tiven o dia moi denso...por dicilo de algún xeito....para dar unha idea, logo de andar todo o dia de aquí para acolá,  ir a  festa de disfraces  no cole dos rapaces... !!tiña cita coa dentista as 9 da noite!!
Cando volvín estaba cansada, (aínda que, posiblemente, menos ca dentista), e abrín o buzón por rutina, sen pensar... e alí estaba! o meu calendario de Camilla Engman!

Curiosamente déronme gañas de ter mais días cheos de citas médicas e eventos varios, para anotalos todos ordenadiños no novo calendario...a verdade, non ten consolo o que non quere...

O Reto 4, sen embargo, con tanto movemento, o teño un pouco verde, pero en fin...aínda non rematou a semana.


domingo, 7 de febrero de 2010

O reto dos sabados 4 (antes). O domingo.

Onte meu irmán reuniunos a toda a familia para ir comer un cocido a Lalín, así que non houbo tempo de ir a RETO pola mañá , como fago sempre ( vale, fun,  pero ás carreiras, e así non presta)...nin tampouco de marca-lo reto dos sábados desta semana... así que o fago hoxe.

Como non trouxen nada de RETO, tiro do lixo, e mira ti por onde, teño material fresquiño...

Esta vez non ven dereito do lixo, senón que foi interceptado no camiño...Os meus compañeiros de traballo de delineación queren reordenar a sala onde traballan que sei que non lles presta como está agora, e pasaron toda a semana a limpar e a se desfacer de trasgos... Cada media hora pasaba algún pola miña porta a face-la pregunta de rigor:   e isto o queres?  A miña fama recicladora estáche moi estendida...dinme conta cando vin a C. cuns embalaxes dos que veñen nas caixas dos ordenadores na miña porta  dicindo...Eu creo que isto non merece a pena, pero di o M. que te pregunte, porque aínda que parece porexpan pero non o é, e si o tocas xa ves que é un material diferente, moi duro... O caso é que o M. tiña razón e  apañei  o choio, pero non me atrevín a traelo aínda para a casa, o teño agochado debaixo da mesa do traballo, xunto cunha caixa chea de  cds inservibles que apañei da limpeza anterior...

A verdade é que logo de tanta trasfega de enriba abaixo, o venres subín a ver como ía o feng shui en delineación, e non vin moita diferencia, a verdade..., é había moito acumulado... Sei que esta fase  foi  soamente de eliminación de material vello e usado, a ver si cae algo a semana que ven que supoño que empezaran a mover mobles ...

Rexeitei, con mágoa, moreas de tapas de plástico e tubos de cartón dos rolos do papel de planos, porque (aínda) non teño un almacén onde metelos. Pero, case que de xeito simbólico, algo penisquei...Un arquivador vello, que non merece ir ó lixo, co todo o que traballou ata que chegou a informática, e unhas fotos pegadas a un cartón pluma que  chamaron a miña atención polo desaquelado dos lugares fotografados... Hei de preguntarlles de que eran...

O caso é que aí vai o reto desta semana, ver que fago con estas cousas. O lote completo 0 €:



Aproveito tamén e poño a foto dun  marco do reto da semana pasada, que non está no grupo cos outros, porque o adiquei a outra cousa e esquecín de poñelo o venres. Tiña unha tela vermella e  non tiña  o Moises do Pórtico da gloria,  que é o que rezaba,  a plaquiña que tiña pegada, aí vese a dereita da foto:

Así é como quedou:

 



Non podo resistirme tampouco a poñer algunha foto da excursión de onte, da que me chamaron a atención estes cochos, refírome aos de cores:

 
  
  


PD:  Carmen, está é a túa oportunidade, ou agora ou nunca,  sei que lees ata o final, así que manifestate e da tres golpeciños (toc, toc, toc) si é que estás ahí.