Hai uns dias falei de iberlibro, onde puiden atopar algún dos tomos da colección "Xogar Creando" de Ernst Röttger e Dieter Klante que quero conseguir... Hoxe chegou un deles, o adicado a madeira:
Esta moi ben, aínda que sigo a preferir o do papel, coa madeira xa o intentara algunha vez é non me resultou doado, sei que as ferramentas que teño non son as adecuadas...
***
Hoxe, buscando unha cousa que necesitaba, estiven a ordenar uns papeis vellos do negocio que tiña a familia e atopei moitas cousas interesantes, a lo menos para min. Sobre todo papeis do meu avó, a quen no cheguei a coñecer, como tampouco o coñeceu o meu pai, seu fillo, pois morreu uns meses antes de que el nacera...
Calquera que ouvira falar ó meu pai do seu , pensaría que o perdera xa de adulto, xa que sempre falou del como si o coñecera...Penso que a nai, miña avoa, faláballes moito del ós fillos, porque meu pai e a súa irmá son capaces de describilo, comentar anécdotas e falar das súas costumes como si viviran a infancia con el...Penso que por iso conservaron tantos papeis da época do meu avó, e sen embargo non atopei cousas mais recentes. ...Dalgún xeito conservaron todas as súas cousas para telo presente nas súas vidas., eses papeis eran o que del tiñan... Atopei facturas, papeis manuscritos, notas e recibos, todo canto papel tivera relación co meu avó esta na caixa que teño para ordenar. Polo que puiden ver dos seus escritos, e sobre todo do que lle escribían, pareceume un tipo interesante...
Chamaron a atención estas facturas da compra dunhas ¿ roseiras?... Hoxe, con internet, é fácil comprar aquí e alá, eu xa trouxen, via ebay, libros de Xapón e telas de Australia, pero nos anos 20... ¿era normal encargar roseiras a Francia?
Este outra nota do ano 1920 que alguén lle escribiu contestando a unha súa, pareceume tamén curiosa...¡que sería o que meu avó transmitiría a ese señor, que marchaba sen traba nin dificultade co elemento obreiro? non sería espiar para a patronal ou algo así non? hei de preguntarlle o meu pai seguro que o sabe...
1 comentario:
na ebay !! que descobertas estupendas !
Publicar un comentario