miércoles, 30 de octubre de 2013

Facendo o mono outra vez


Deixara unha boa morea de moniños a medio facer antes do verán e atopeinos hai uns dias todos esmagadiños nunha bolsa, cos brazos e as pernas sen coser , así que voume poñer mans a obra e rematar a faena... 
De momento teño estes dous feitos, nada mais. A casiña colgante na que os coloquei está feita cuns divisores de plástico  que se colgaban da barra do armario, nos que eu apilaba as miñas teas...antes de que caera todo co peso. Espero enchela de monecos nos proximos dias, aproveitando que temos un festivo polo medio... ainda que non sei se darei feito, teño outros proxectos en mente...


miércoles, 16 de octubre de 2013

ola e adeus

Estes dias síntome como o gato de Alicia no pais da maravillas (ou era o coello?) Refirome a ese que andaba sempre apurado mirando o reloxo e non daba chegado nunca a tempo...
En fin, o reto dos cortizos quedou sen facer, pero polo menos fun quen de pensar a miña tea semanal para Spoonflower. Esta vez pediase facer un disfraz para halloween,  axustado a unha yarda de tea, o sexa nun trozo de tea de 42 x 36 pulgadas. Pois aquí vai.
Unha pequena chapuza, mal debuxado e   feito  a correr, pero que  fun capaz de entregar a tempo...Para telo empezado un par de horas antes de rematar o prazo de entrega, xusto no momentiño que teño despois da cea e antes de irme deitar, pois non hai queixa, quedo satisfeita:


Post post:
Sen alterar o deseño fixen unhas pequenas correccions no debuxo e engadín alguna instrucción, para que quedara mais claro:

viernes, 4 de octubre de 2013

100 da semana!

O meu deseño das estrelarañas acadou o posto 66 dun total de 211 participantes. Vale, non é tampouco como para andar botando foguetes, pero para mín foi un pequeno triunfo. Primeiro, porque o concurso é por votación aberta, maioritariamente entre os propios  participantes, polo que,  os 117 votos que tiven representan a 117 descoñecidos -na súa maioría deseñadoras textis norteamericanas- que escolleron o meu deseño porque lles gustou, sen mais. 

E ademais, porque é a primeira vez que entro na franxa dos 100 primeiros deseños do concurso que saen públicados na lista dos 100 mellores deseños da semana. Nun sitio onde hai milleiros e milleiros de deseños non é facil facer visibles as túas cousas. e menos cando non as tes a venda, nin fas comentarios nin participas nos foros (o de falar inglés levoo moi mal) así que sair publicado na páxina principal sempre é un empurronciño...

Pois iso, pouca cousa, pero que me deu moito ánimo...Agora a polo top ten, que algún dia ha de chegar!