


Estes traballos, sen embargo, están feitos por un home que se chamaba Johann Jakob Hauswirth, un suizo que traballou como leñador e carboeiro alá pola metade do siglo XIX. O curioso é que ese home era un xigantón, sei que tiña os dedos tan grandes e gordos coma chourizos, ata o punto que tivo que facer unhas tesoiras especiais cos ollos máis grandes, para poder meter os dedos.
Eu imaxino a ese home coma un auténtico oso, coa macheta ao lombo e cunha voz de trono, bebendo cervexa polas tabernas.... Imaxinoo despois chegando á casa, e indo lavar as más nun barreño, e logo sentándose nun tallo e o veo collendo delicadamente o papel, plegandoo e recortandoo, coa puntiña da lingua de fora, co primor que tería unha velliña de Bruxas, ou de Camariñas, para non ir tan lonxe...facendo unhas cousas tan delicadas...