miércoles, 17 de diciembre de 2008

papel picado

Onte chegounos a casa o libriño sobre recortables de papel que compramos en ebay. Este é un tema no que o Val e máis eu andamos moi interesados últimamente. Facer despeglables de papel é algo bastante sinxelo... pero eses monecos collidos da man que todos fixemos algunha vez (para mín moi queridos porque eran precisamente o logotipo da fábrica do meu abó) non son máis que o rudimento dunha técnica milenaria -o recortado do papel para facer bonitas figuras- , moi vixente aínda en moitos paises. A primeira aproximación nosa ó tema foi o coñecemento da tradición do papel picado do Dia de muertos, en Mexico, que descubrimos por casualidade, pero despois fumos sabendo do arte do papel cortado chinés e tamén, como non, do xaponés
Estes traballos, sen embargo, están feitos por un home que se chamaba Johann Jakob Hauswirth, un suizo que traballou como leñador e carboeiro alá pola metade do siglo XIX. O curioso é que ese home era un xigantón, sei que tiña os dedos tan grandes e gordos coma chourizos, ata o punto que tivo que facer unhas tesoiras especiais cos ollos máis grandes, para poder meter os dedos. Eu imaxino a ese home coma un auténtico oso, coa macheta ao lombo e cunha voz de trono, bebendo cervexa polas tabernas.... Imaxinoo despois chegando á casa, e indo lavar as más nun barreño, e logo sentándose nun tallo e o veo collendo delicadamente o papel, plegandoo e recortandoo, coa puntiña da lingua de fora, co primor que tería unha velliña de Bruxas, ou de Camariñas, para non ir tan lonxe...facendo unhas cousas tan delicadas...

2 comentarios:

TERESA dijo...

HOLA MARÍA,
YA VES QUE DE VEZ EN CUANDO TE VISITO AUNQUE NO COMENTE.
ENTRA EN EL BLOG DE MI HERMANO,PAPAREVIVIR,QUE SALEN EL RACÓ Y LA CASA DE TIN.

TERESA

esther dijo...

Hola, xa estiven curioseando polo blog do teu irmán. O engadín na miña lista de blogs para non perder. E agora voume correndo a facer a cena, que entraronme unhas ganas locas de cociñar e de comer!