miércoles, 28 de marzo de 2012

Outra tanda de manteliños individuais feitos de panos de cociña dobrados. Estes son de Ikea.


Polo demais estou traballando en algúns carteis para varios concursos. Se cadra algún día gaño algún!. Cando poda, xa os irei poñendo.

lunes, 26 de marzo de 2012

Os rabiscos do luns


Aquí estou, de grafitera de salón. Dúas variantes co meu "tag". 
Hoxe necesito un pouco de evasión...estaseme facendo longo  o día. Se cadra é por este veranillo a destempo que me ten abafada...

miércoles, 21 de marzo de 2012

Algúns dos meus favoritos en Etsy

Dous combinados  de  feito a mán e de segunda mán  atopados en  Etsy  para animar esta semana, na que comenzou a primavera : 

Por exemplo, este bolsiño da tenda de Renklitasarimlar  
Con estes  zocos da tenda de Lucy 





Ou esta outra bolsa tamén de  Renklita Sarimlar  


Con estes outros atopados na  tenda  Glam town vintage 


A primaveira acentúa a miña vea hippy, que lle vou facer...



lunes, 19 de marzo de 2012

domingo, 18 de marzo de 2012

Remendos e reciclaxes

Teño unha cesta enorme chea de cousas que penso arranxar algún dia na que xa non cabe nada mais. Empecei coa idea de tirar con todo e ao final, optei por arranxar algo e volver gardar todo pero ben dobradiño. Deume tempo a arranxar esta camisa de froles, que tiña dous rachóns nas mangas, e que simplemente cortei para deixar coa manga curta. Tamén fixen uns adornos con tea.  

Hai tempo desfixera unhas sábanas baixeiras de franela que tiña e que non usabamos porque daban moita calor. As sábanas en sí useinas para facer unha alfombra trenzada, aquela famosa briaded rug que, por certo,  ainda non rematei. Pois a goma que facía o axuste da sábana non a tirei daquelas pensando que algún día íame server para algo. Pois eso é o que usei para facer os colares. A que quedaron chulos non ? Ademais son reversibles!











O que usei para os colares é isto:




Estou bastante contenta coa transformación:: 



martes, 13 de marzo de 2012

Paseos pola cidade




Aproveitei o paseo para facer algunha foto. Estas son para o grupo LVM de flickr no que participo, que este mes ten como tema a cor amarela.

Que tal quedarían estas cores para decorar  unha habitación da casa? Non me podo resistir a usar a aplicación Chip it ! outra vez


lunes, 12 de marzo de 2012

Os rabiscos do luns

Uns debuxos con boli e tipex que fixera hai tempo...Rabiscos o que se di rabiscos non son...pero a quén lle importa?







domingo, 11 de marzo de 2012

Mira que monadas


Esta semana, nos ratos libres (entre outras cousas)  fixen o mono...Tres novos pares de monecos feitos con calcetíns para a tenda... 






lunes, 5 de marzo de 2012

Os rabiscos do luns

Coido que saltei algún luns, pero eu fago como si tal e sigo para diante. Aquí unha curuxa feita con rotus e tipex




sábado, 3 de marzo de 2012

cousas a medio facer

Estes dias estou retomendo proxectos que tiña en mente e deixara esquecidos , coa idea de ir rematando algo .O caso é que son tantos que volvo estar nas mesmas...vou de este ao outro e non remato nada. Ten razón o   meu amigo Eduardo... demasiadas frontes abertas.






A semana que ven retomo tamén a miña costume dos paseos dunha hora coa cámara ... moitos propósitos xuntos, eso que non contei nin a metade!