miércoles, 29 de septiembre de 2010
epoca azul
Por aquí andamos, folgando...
Este cadro pintouno o meu tío Fernando hai moito... nunca acabou de gustarme a cor rosa que tiña e deume por viralo ao azul..Non creo que teña problemas co autor por fuchicar na súa obra...
lunes, 27 de septiembre de 2010
domingo, 26 de septiembre de 2010
practicando..
Tamén fun a RETO, pero non trouxen nada...estou desfacendome de trastos e ir de Rastro non axuda...
jueves, 23 de septiembre de 2010
...novo proxecto: 1000 grúas (das que voan)
Sei que na tradición do Xapón as mil grúas dan sorte e mesmo que son un símbolo da paz...nos empezamos hoxe, que para facer 1000 (xa serán cen) hai que andar presto...Son mais doadas de facer que o que parece lendo as explicacións...
Aquí algunhas imaxes de flickr con paxariñas de papel ... Esa ven sendo a idea...
domingo, 19 de septiembre de 2010
...pintura
Na miña idea de ir facendo limpeza tocoulle o meu material de pintura vello, que levo carrexando desde que era moza e adoitaba pintar, que xa choveu... como era de esperar non teño mais que tubos de pintura secos...
Vai ir todo o lixo e se cadra, terei que renovar...Algún que outro color ainda tiraba, así que aproveitei para rematar un RETO antiguo...un marco cunha foto estropeada que tuneei un pouco:
Vai ir todo o lixo e se cadra, terei que renovar...Algún que outro color ainda tiraba, así que aproveitei para rematar un RETO antiguo...un marco cunha foto estropeada que tuneei un pouco:
Aí está xa, aínda sen secar, colocado na parede...a min pérdeme a impaciencia...
sábado, 18 de septiembre de 2010
Mais teas...
Que foi do RETO dos sábados?...este sábado non fun, pero o anterior sí...merquei dúas garrafas mais para completar a miña colección, unha pequena e outra de boca ancha...Teño a casa tan chea de cousas que vou adicar un tempo a arranxar o que xa teño e desfacerme do que non son capaz de facer... ala foron ao lixo cartóns de ovos baleiros, tubos de carton de papel de planos... teño a pila de mais de mil CDs vellos nun tris de cair...
Mentres, para calmar a miña necesiadde de thriftear din unha volta por ebay....Aquí van algunhas das cousas que teño en seguimento, neste caso teas para a miña colección:
Un momento por favor
Imagen no disponible
Todas estas teas tiñan en común a palabra Boras Cotton Sweden que me intrigou, e indagando cheguei a Boras Wäfveri (ou algo así, faltan os circuliños eses que se poñen enriba da o). Así cheguei a coñecer que Boras é a cabeceira dunha nomeada rexión textil en suecia (sei que hai outra Boras en finlandia) e que desde 1870 hai unha empresa textil chamada Boras Wafveri ou (Boras Algodón). Estas son teas vintage desa empresa, e gostaronme moitisimo...que teñen os nórdicos para dominar dese xeito o deseño textil?
Había tamén unha porrada de teas de Marimekko, desa empresa creo que xa falei algunha vez, aí van algunhas:
miércoles, 15 de septiembre de 2010
teas
Estas son as que fun apañando este verán, nos meses de xullo e agosto, nos mercadillos, en tendas de teas...onde cadrou.
O bo de coleccionar teas e ir comprándoas así, sen destino concreto, so porque son bonitas, é que tes sempre na casa un alixo a túa disposición...para facer calquera cousa.
Esta tarde, por exemplo, fun coller a táboa da prancha e decateime de que daba noxo...coa tea protectora vella e queimada... e sen mais decidín cambiala - xa!
Co que xa tiña na casa, sen ir mercar nin o fío, fun quen de facela...Aproveitei unhas teas que xa tiña, creo que unha é de IKEA, o recheo, un vivo branco...e listo... unha funda para a prancha, reversible e ben chula! A ver canto dura sen queimar...
O bo de coleccionar teas e ir comprándoas así, sen destino concreto, so porque son bonitas, é que tes sempre na casa un alixo a túa disposición...para facer calquera cousa.
Esta tarde, por exemplo, fun coller a táboa da prancha e decateime de que daba noxo...coa tea protectora vella e queimada... e sen mais decidín cambiala - xa!
Co que xa tiña na casa, sen ir mercar nin o fío, fun quen de facela...Aproveitei unhas teas que xa tiña, creo que unha é de IKEA, o recheo, un vivo branco...e listo... unha funda para a prancha, reversible e ben chula! A ver canto dura sen queimar...
lunes, 13 de septiembre de 2010
A colección do luns
Pratos desparellos de xogos de café dos anos 50...xa ves ti...
Estes deumos miña sogra, foran regalos da súa voda
viernes, 10 de septiembre de 2010
miércoles, 8 de septiembre de 2010
Cousas con papel
Onte estivemos probando facer na casa unha lámpada de papel coma esta, que merquei nunha tenda hai pouco. Viña pregada, coma un acordeón en forma de V que ao se despregar formaba ese circulo perfecto...A nos, probando cun folio para entender como estaba feita, quedounos corta, ese tamaño de papel non da para facer mais da cuarta parte do circulo. Quedamos de facela xa ben cun papel catro veces mais longo...
Hoxe cando cheguei a casa logo do traballo o Val xa tiña arranxado a cousa pola súa conta...Mamá podémola facer así e xa non fai falla que sexa mais longa! Puxémola na nosa lampadiña de probas, e así quedou, ben bonita!
lunes, 6 de septiembre de 2010
A colección do luns...
...novas incorporacións a miña colección de cousas atopadas na praia...logo de carretar con elas no coche todo o verán, merecen aparecer aquí. Descubrín un grupo en Flickr chamado all about driftwood ...teño que pasar por alí...
Aquí están xa incorporadas á decoración da casa
Aquí están xa incorporadas á decoración da casa
sábado, 4 de septiembre de 2010
aquela cadeira...
Aquela cadeira que mercara hai tempo nunha tenda de mobles usados en Portugal leva anos con nos pendente de facerlle os coxíns...Cada tempo cambiabámoslle a tea e íamos tirando...Por fin, fixen o que tiña pensado...Cando remato algo que leva tempo pendente quedo ben a gusto....
Aí estou, comezando o choio...e decíndolle adeus ao veran...Xa a rematei na casa. Aí está antes de poñerlle os botóns:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)