jueves, 18 de septiembre de 2014

Mi nueva tienda en SAATCHI ART.


Saatchi Art é unha galeria de arte on-line que descubrín non hai moito, onde se poden atopar moitisimas obras orixinais, organizadas dun xeito que anima a curiosear. A primeira vez que entrei foi coa intención de ver si atopaba algunha obra orixinal para mercar, que me gustara e que estivera dentro do meu (imaxinario) presuposto para compras de obras de arte. E navegando pola web decidín que non perdía nada por probar algún dia como vendedora...quen sabe. 

Así que aquí está xa, a miña galeria de arte particular. Agora mesmo so teño tres cadros dos que fixen este mes de agosto, pero teño pensado ir subindo algún mais.

Este é o enlace para a visitar a galeria e curiosear para ver o que andan a facer os artistas polo mundo adiante 
E este é o meu curruncho particular, a miña exposición permanente en permanente construcción:


sábado, 6 de septiembre de 2014

Pintando II

Eu collín vacacións no mes de xullo, así que no  mes de agosto tocoume traballar , pero ao estar aquí soa, sen os nenos, foi tamén unha especie de vacación. Pola semana adiquei as tardes a pintar, e as fines de semana reuníame coa familia. Así que a maior parte do tempo estiven soa e metida na casa, pintando sen parar..e foi un mes estupendo! Tendo a casa para mín, montei un auténtico estudio de pintura, e puiden escoitar a miña musica mentres pintaba, e, o que aínda é mais valioso, estar en completo e absoluto silencio!

Pero a cousa chegou ó seu fin. Agora estamos todos de volta e resulta imposible manter  a paleta chea de cores pringando, as pinturas, os pinceis e o  augarrás por ahí ciscados. Tocoume levantar o cabalete e os espellos que tiña montados na cociña e todos os lenzos pintados que tiña  polo chan da sala están agora en espera de atopar un destino, arrumbados  polas paredes,  interrumpido os camiños públicos da casa. Sorte que xa están casi secos! 

Me vai resultar moi dificil seguir co pulo que collera cando estaba sola, pero heino intentar...Se cadra podo buscar alguén que quera compartir un estudio,  ou buscar un baixo pequeno e valeiro que teña luz e queran alugar por pouco ou ningún diñeiro (seguirá existindo a figura do Mecenas?)

En fin, mentres nos afacemos a estar de volta e a estar todos xuntos outra vez  mostro o resultado do meu traballo deste mes de agosto. Algúns cadros xa os puxera na entrada anterior, e aquí van algúns mais:

Estes pinteinos sobre lenzos comprados nos chinos, que son moitisisisisimo  mais baratos: non o volverei facer nunca mais: non paga a pena.



Estes son lembranzas do mes de xullo na Illa (como algúns do  post anterior)


 Estes de abaixo fixenos sobre dous lenzos dos nenos que tiñan un debuxo de Bob Esponxa e outro do seu amigo Patricio para pintar...polo revés ainda se ben os trazos...

 Este non me acaba de gustar:

Aquí adiqueime a rematar ou modificar algúns vellos lenzos que empezara hai moito tempo e tiña olvidados no trasteiro. Ainda pode que traballe mais neles, non sei.

Mirando a rúa de Romil:
Unha planta que deixei a medio a pintar no ano 80 e chegou ata hoxe. Engadinlle a man e cambiei todo o esquema da cor.


Nestes outros, simplemente, pintei de novo por completo cadros vellos que pintara cando nena.
Por exemplo, debaixo desta man hai un bodegon cunha xarra de barro, un pemento e unha manzana, sobre fondo verde clariño. Parte das cores son aínda as do fondo.

Debaixo deste (auto)retrato había unha cafetera branca e azul con dúas tazas e un exemplar da Voz de Galicia do ano 79 creo quero lembrar

Estes retratos están feitos nuns lenciños moi pequenos



O de pintar sobre lenzos vellos non é so por aforrar cartos...de algún xeito, ao principio, quedabame bloqueada ante o lenzo en branco, limpo, noviño...e non era quen de empezar, ou ía con medo, mentres que cos cadros vellos lanzabame  a pintar sen medo e sen control e obtía resultados que me gostaban. Un par de veces fun a RETO a buscar cadros vellos para repintar, porque xa non tiña mais dos meus! .Espero ter resolto xa ese problema, ainda que sigo preferindo os repintados que os que pintei sobre branco e novo...tiña que ser Dióxenes ata para isto!

En fin, fixen uns 18 cadros en total, polo que se refire á cantidade non estivo mal...o da calidade xa é outro cantar. Uns gustanme mais que outros e algún no me convence nada e vouno refacer, pero a miña idea de seguir pintando e pintando sin parar, e ir mellorando pouco a pouco xa non ten volta atrás.
Se atopo un sitio para pintar, mellor...e si non, tamén! 
Acabouse o tempo das excusas