miércoles, 29 de junio de 2011

Mais carteis...


Para este retomei aquela anduriña que gravara na goma de borrar. Seguindo os consellos de María (gracias!), escaneei o debuxo e andiven dandolle voltas ao da serigrafia....Teño pensado ir a un obradoiro para que me orienten un pouco...pero non sei, nuns dias voume de vacacións e cólleme todo a trasmano

De momento fixen esta composición.

A miña idea é desenar cinco carteis ou ilustracións que me gusten e cando os teña  mostrar a tenda, que feita xa está, ainda que estea valeira ... De momento renovei a imaxe da cabeceira do blog e fixen outra para a tenda...Como o vou facendo todo de oidas,  ainda non sei como poñela en big cartel, que é a páxina na que creé a tenda, pero todo se andará...

Cando lla ensinei ó meu, para que  dera a súa opinión, díxome algo así como   ou abres ou non abres...senon andas a crear falsas expectativas...Eu dixenlle, home, falsas non son...que abrir vou abrir(  veña, home,  que non é como abrir un Ikea.). E logo engadiu: ademais eso de  "próxima inauguración" queda un pouco de tenda de barrio, non?...Eu debín sorrir porque logo dixo, o era eso o que buscabas?  Eu, a verdade, non buscaba nada, pero o de tenda de barrio, gustoume bastante...

Despois, volvendo mirar o deseño decateime que  a frase estaba inclinada cara abaixo. Seguro que iso debe ser  pecado mortal no mundo do deseno publicitario...a frase tiña que estar tirando para arriba como a gráfica da cotización en bolsa dunha empresa exitosa... Se cadra, algún dia doulle a volta.

jueves, 23 de junio de 2011

Paseo

Por fin teño a miña cámara dispoñible...cheíña de fotos que estes últimos dias non puiden subir...
Esta vez o paseo non foi pola cidade senon polo campo...Ese día tiña o dia  National Geographic...andiven chocando o obxectivo da cámara con canto árbol atopei...Non poño mais para non aburrir, pero vamos...un cento delas... 










Hoxe é a noite de san Xoan, chégame á casa o cheiro das sardiñas e do lume  na rúa ...boa noite a todos!

miércoles, 22 de junio de 2011

Cartel

Eu sigo coa miña teima ... o da tenda virtual vai collendo forma: de momento voume especializar en carteis, gustame moitisimo facelos! Cando teña feitos uns poucos mais, abro a tenda, aínda que se cadra queda mellor para a volta do verán, que nas vacacións non lle dedico moito tempo ao blog...

Este ocorreuseme esta mañán, cando pasaba diante dos acampados do 15-M, como fago todos os dias no meu camiño ao traballo. Algunhas tendas teñen carteliños colgados e a mín tocame pasar diante dunha que pon "Eu tamén quero ser islandés" e outra que pon " O mundo non é así, está así" 

Eu, co primeiro lema, que queres que che diga, non comulgo moito, pero coa  frase do segundo estou totalmente de acordo. 

Así que pensei que era bo lema para un cartel do tipo do  meu querido  Keep Calm and Carry On, e   fixen esta proba,  unindo duas das miñas cousas favoritas  teas e  tipografía... 

sábado, 18 de junio de 2011

Cartel

Estou a diseñar algún cartel para a tenda que penso abrir algún dia...Este vai moi acorde co meu animo de estes dias...É solo unha proba, hei darlle mais voltas...

martes, 14 de junio de 2011

Os luns: Apunte do natural (o martes)

Onte foi un dia complicado...e parece que o resto da semana vai polo mesmo camiño...No medio do lio de imprevistos de onte esquecín facer o meu debuxiño... Hoxe temos a casa feita un campamento e moreas de traballo atrasado. Dudei entre porme a pranchar roupa ou facer  o meu bocetiño e pensei... que caramba! ...pintar e debuxar é o que me relaxa... se non paro un momento a  coller  folgos non vou poder... 

sábado, 11 de junio de 2011

rabiscos

Esta semana non teño forma de subir fotos ao blog, así que deume por enredar co escaner...ahí vai outro garabato dos que fago nas reunións aburridas...

jueves, 9 de junio de 2011

escáner...



Proba para saber como quedaban as teas escaneadas...xenial! Estou pensando en cousas para facer con esta idea...

miércoles, 8 de junio de 2011

viernes, 3 de junio de 2011

Festas da Ascensión 2011

Non creo que haxa no mundo mundial unha feira tan especial como a de Santiago de Compostela na carballeira de Santa Susana...Onte fumos cos nenos as atraccións e fixen un montón de fotos. Desde que fago as caminatas afecioneime a fotografar o que vexo cando saio,  pero a verdade é que me da moitisimo apuro fotografar xente ou facer fotos nas zonas mais concurridas. A maioría das miñas  fotos son de espazos valeiros de persoas, porque dame vergoña facer fotos á xente pola rúa. 
Onte aproveitei o rebumbio para probar, pero sigo a facelo sen soltura... disparo rápido, case sen pensar no encadre,  como si estivera facendo algo as agochadas...En fin, supoño que co tempo irei collendo o punto ao da foto nas rúas...




Os postos de comida, xa na tardiña..


 A xente pola rúa..



 Os detalles...
E este ano, ademais, foi único, porque por primeira vez na miña vida montei na noria!  pasei un medo de medo, fun con o Val, e mentras el bailaba de risa na cabina a non sei cantos metros sobre o chan eu estaba agarrotada nun recuncho, pechando os ollos cada vez que tocaba baixar...tirei fotos case sen mirar, que non fun quen de soltar as mans da reixa ...





En fin, o ano que ven hei de ir nunha especie de grua xiratoria que te da voltas como a noria, mentras ti vas xirando coma un remuiño...
Eso si que da medo e non a noria, que é de vellas, foi o comentario do meu fillo mais vello, cando aterrei, pálida, no chan.

miércoles, 1 de junio de 2011

un bico o cura todo

Tiña desde hai tempo gardada esta bolsa de papel que me deran unha vez nunha tenda, coa idea de facer algo con ela algún dia. 
O mais facil foi recortala e poñela nun marco.
Así era a bolsa (polo outro lado tiña unha foto):

Así quedou unha vez enmarcada e posta na parede
Xa teño unha lámina para acompañar o meu KEEP CALM & CARRY ON

á caza da pintada

Afecioneime a buscar grafittis alá por donde vou...ás veces están agochados ou nin se ven...pero cando os buscas, atopalos por todas partes