O outro dia estiven facendo fotos dos meus monecos para subir a Etsy. É moi divertido. Os meus coñecementos de fotografía son intuitivos e rudimentarios e a miña máquina de fotos é moi básica, gostaríame saber mais. Coñecer a técnica, coñecer o oficio...Pero non chega a vida dunha soa persoa para aprender todos os oficios que me gostaría dominar! e así vou pola vida, aprendiz de todo maestro de nada...
domingo, 28 de octubre de 2012
sábado, 27 de octubre de 2012
a madeira é noble
Na mesa que temos no comedor a luz rebota, o tempo non queda marcado, e as marcas afean a superficie. No vello aparador que me deron os meus pais hai nós e hai vetas, hai marcas e cicatrices e e a luz transfigura as superfices ..Ao atardecer colle un tono de mel dourada coma si a luz saira de dentro...A beleza desa superficie deixame abraiada, non hai color...
jueves, 25 de octubre de 2012
Unha tarde de outubro...
A festa de G. ao ir pasando as horas. Aínda que non saian na foto tamén había moitos nenos, e maiores
viernes, 19 de octubre de 2012
Regalo para o meu sobriño
Por estas datas naceu o G. hai dous anos...E este canciño é o regaliño que lle imos facer...ssshh...Coma sempre estes regalos aos sobriños e aos fillos van sendo os meus prototipos para a tenda...Lástima de non ter mais tempo, teño a cabeza cheia de ideas ...e a casa chea de teas... Aquí o temos dandonos a patiña
E aquí en posición de ataque, e un canciño moi valente.
Aquí esta xa listo para meter na caixiña, coa miña tarxeta da tenda, para que non se diga...
E algunhas imaxes do proceso e algúns detalles, por si alguén se anima...Ao final os circuliños dos pés sustituinnos polos cortizos. A miña idea era porlle unha rodiñas tamén pero ao final decidín que mellor non.
E aquí en posición de ataque, e un canciño moi valente.
Aquí esta xa listo para meter na caixiña, coa miña tarxeta da tenda, para que non se diga...
martes, 16 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
debuxo do neno
Atopei mentres ordenaba o estudio este debuxo que fixera o ano pasado o neno pequeno . Canto mais o miro mais detalliños vexo... A cidade cos edificos altos... as árbores nas montañas, as estradas que paran ao pé do monte, esas grandes áreas de aparcamentos ao pé da montaña,...todo un traballo de ordenación territorial
En fin, moito traballo estes dias, nin tempo de pasar por aquí...a ver si un pouco mais adiante retomo a miña adicación ao deseño textil e aos carteis..
En fin, moito traballo estes dias, nin tempo de pasar por aquí...a ver si un pouco mais adiante retomo a miña adicación ao deseño textil e aos carteis..
lunes, 1 de octubre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)