martes, 31 de marzo de 2009

papel e tela

Cantos nenos estarán hoxe no mundo facendo monecos con papel? curiosamente a filla de mi admirada e visitada ervillha tamén andaba na mesma ocupación que Val... Eu por fin decidinme a empezar un proxecto que tiña en mente fai tempo...O primeiro foi descifrar as instruccións, ...Xa somos dous na casa que, por distintos motivos, estamos pensando en aprender xaponés. Eu por poder facer as cousas tan bonitas que traen as revistas xaponesas de costura e meu fillo maior porque é un fan de Naruto, e do manga en xeral...(foi el quen me explicou que sakura e a flor da cerdeira...) Hoxe non puiden terminar, porque, unha vez máis, fallou a máquina de coser e tiven que facer todo a mano... senón houbera terminado nun plis-plas... Aí vai o que xa teño feito, maña se podo, mostro o traballo rematado

viernes, 27 de marzo de 2009

hola!

Outra vez por aquí...logo de trece dias nos que houbo unha metade de vacacións e outra metade de uso xeneralizado do SERGAS, (gargantas e dedos infectados, alerxias, catarros, visitas hospitalarias...)
Non houbo tempo de facer moitas cousas, e nin sequera de querer facer, pero xa estamos de novo en pé...
O primeiro e dar noticias do acuario, que neste medio é onde o avó Pucho pode seguir o dia a dia dunha cousa na que participa tan activamente... aí van unhas imaxes das novas adquisicións, entre as que está o meu preferido, un estupendo Koi prateado, que é o xefe absoluto... Convén ver unha foto antiga do acuario para comparar a vexetación... esa elodea canadiensis vai acabar por saír do acuario...e enredarnos a todos mentres durmimos!
E outras cousas...
Cando un cambia de casa ten moita ilusión por ir montando as cousas, e ir dándolles xeito, pero chega un momento -normalmente en torno ós seis meses- no que pérdense folgos, e, pasas por diante de caixas sen desfacer e dos cadros sen colgar como si non os viras... Nos estamos nese punto crítico... E iso non pode ser, así que embarquei nunha campaña de mobilización brico-decorativa sen precedentes: ... craso error. Non é un tema que apaixone por estes lares... O meu primeiro obxectivo foi poñer as cortinas da sala (as outras), para o que previamente tiñamos que colocar a barra, así que fixen o que puiden, pero non me atrevín a darlle ó taladro subida nunha escaleira inestábel cos tres rapaces roldando por aí, así que deixei todo o tranganillo posto coa idea de camelar o meu home tan pronto chegara para que fixera el o choio. O tal chegou, e foi a sala, pero si viu a barra das cortinas apoiada na escaleira como un cristo xacente non me dixo nada: como unha indirecta non o tomou. Foi a cociña a tomar un café, e eu pensei esta é a miña, desta cae, así que o seguín... Alí estaba, lendo o libro do McGee (volveu a recaer, xa contarei...) Por sacar o tema e porque é unha dúbida real que eu tiña, pregunteille... -Oes, ti sabes como vai isto dos parafusos? Por exemplo si tes un parafuso do 6, tes que mercar o taco do 7 ?, e a broca, xa eles saben o tes que calcular ti, por exemplo, o parafuso do 6 o taco do 7 e a broca do 8, por poñer un exemplo? -Do 6 todo -logo xa está calculado? -Si, eles xa saben -Pero o número entón que mide?, non é o calibre? Será distinto nunha cousa e noutra, no? -Mide o tojino -O que? -A peza de metal da que sairá o parafuso -Ahá, entón para poñer, por exemplo, as cortinas da sala, busco o taco do 6 para o parafuso do 6 no? -Non -Como no? -O ladrillo español non admite tacos Aí xa esfurriquei...A cosa ía estar máis dura do que eu pensara... -Como que "o ladrillo español non admite tacos"? levo case corenta anos axudando ó meu pai, mira si non terá posto tacos...toda España ten cortinas e cadros nas paredes vasme dicir ti agora que non os poñen con tacos... -Mal postos -Pero home, como dis iso, por Dios... -É un tema que teño moi estudado... O ladrillo español é diferente do británico ... e do europeo en xeral...Nos ladrillos perforados normais o oco (que é menor) énchese nas xuntas, para facilitar o agarre, no ladrillo español a cara da xunta é lisa o oco vai no outro senso, unha merda de suxeición... o caso e que si taladras unha parede de ladrillo non tes agarre, rompes a cedilla e quedas no ar... Non existe taco en España que estea ben suxeito... dígocho eu...Todas as fixacións están pensadas para o tabique de ladrillo normal, pero en España o ladrillo é diferente... os tacos non funcionan...non serven para nada... Iso é o que ten estar casada cun corpus teoricus... Non tes forma de ganarlle o pulso cun razoamento... A miña cara debeu ser de auténtica desesperanza, porque penso eu que o abrandei un pouco... -Anda, vai ti buscar ó neno a inglés que xa te poño eu as cortinas, muller... Xa na rúa, aínda recibín unha chamada -Pero non me dixeras que o parafuso era do 6? -No, home, no, era só un exemplo, non sei de que número é...
En fin...aquí está o documento gráfico de como, máis mal que ben, vaise tirando co taco no ladrillo español...pero sen garantías...

viernes, 13 de marzo de 2009

boa sorte

Estes mozos tan guapos que se miran ós ollos son meus pais. Un saúdo ós dous, e moito ánimo papá...

martes, 10 de marzo de 2009

filloas

O domingo tocou facer filloas, ou freixós como dicimos na miña terra. Non resultaron moi fotoxénicas pero estaban boas... Pero o das filloas non é nada comparado co traballo deste chef... Os nenos da clase foron de excursión a escola de hostalería e cociñaron algunhas cousas que lles ensinou un cociñeiro.Fixeron pizza e tarta de améndoas, que trouxo para casa e xa comimos e estaba moi boa. Déronlles o gorro e o mandil...veu máis rufo con eles co Ferrán Adriá. Aí está, repasando as receitas. Polo demais foi un fin de semana de pouco facer... Un paso máis na futura alfombra: unir as tiras en rolos máis grandes... Ao final, fallou a maquina de coser outra vez... terei que ir pensando en traer a que me regalou a miña tía... Por certo, un saúdo e ó meu primeiro seguidor oficial rexistrado¡ Como vai todo Manuel?