viernes, 27 de febrero de 2009

alfombra e acuario

Levo xa moito tempo apañando vaqueiros vellos coa idea de facer algún dia unha alfombra destas, e mesmo mercara un libro na internet sobre o tema: este. O caso e que andar pedindo e carrexando vaqueiros vellos de aquí para alá é a típica cousa que fai que o meu home me mire coma si tivera o síndrome de Dióxenes, e penso que non anda moi descamiñado.
O outro día, farta de andar tropezando cos pantalóns vaqueiros, decidinme a cortalos en tiras, que é o primeiro paso para facer a braided rug, que así é como a chaman. Aproveitei e rachei tamén unhas sabanas vellas de flanela , que non usamos porque nos daban moita calor. Despois de tanto apañar, isto é o que quedou, case nada: Dos pantalóns, so se aproveitan as pernas, así que coa parte de enriba, penso facer mandís de traballo para min e para os nenos, aproveitando os bos petos que teñen. Se chego alá xa se verá. Penso que queda claro que a alfombra que está ao principio non a fixen eu, é unha foto sacada da internet. Non quero que me acusen de ir fachendando por aí das alfombras que fago, porque non fixen ningunha na miña vida. Logo a miña nai queda coa boca aberta coas miñas obras, porque non lee a letra pequena. Tamén temos novidades no acuario. Xa están, desde antonte, os pececiños dentro. Ata agora todo vai ben, agás o desgusto de comprobar que dous viñan da tenda sen unha aleta. Sáltome o episodio de cando nos saíu mofo branco no tronco, porque, de verdade, xa dáme vergoña tanta nulidade pola nosa parte...

lunes, 16 de febrero de 2009

sábado, 14 de febrero de 2009

algunhas das cousas que fixemos estes dias

O conto dos tres porquiños, co cartón de ovos que sobrou da lámpada do outro dia (temos o proxecto de facer unha serie completa) O acuario, que vai vento en popa, (non foi sen tempo) Hai que dicir que tivemos duas baixas na outra pecera...O disgusto xa pasou, pero non temos nin idea do porqué... O caso é que o acuario xa está listo para recibir ós novos peces... Tamén houbo sesión de pintura, penso que foi este luns, que non houbo clase. Os manguitos para non manchar a roupa están feitos cos calcetís vellos do pai... Son o mellor do mundo para esto: só tes que cortarlles a punta e facer coincidir o talón do calcetín co codo do neno...doado e efectivo! E entre cousa e cousa, unha merendola, nesta, por certo, atopamos un plátano doble, cosa que ninguén dos presentes vira xamais

miércoles, 4 de febrero de 2009

estas xa son as miñas

Xa dixera que tiña ganas de facer isto, pois xa o fixen. Non leva máis de dous minutos. Estas son o tipo de cousas que me diverte facer: non levan tempo, non costan diñeiro, reciclas o que tes por casa e obtés un resultado (para mín) espetacular.
Levo tres semanas cunha guinlarda de Nadal metida dentro dun cartón de ovos nun estante da sala e tiña a todos despistados. Agora xa saben para que era. O traballo aínda está sen rematar (teño que ir mercar máis ovos) pero xa se me están ocurrindo algunhas variantes... A verdade e que os cartóns de ovos sempre me pareceu que tiñan un montón de posibilidades...como esta...do artista Enno de Kroon Eu sempre ando a agochalos polos recunchos pero o encargado de bota-lo lixo é demasiado expeditivo: o cartón, ao contenedor azul.

martes, 3 de febrero de 2009

o acuario non tira

Ben, xa podemos dicir, oficialmente, que o acuario non vai...
Ao principio parecía que era cousa de ter paciencia, que nun par de semanas todo cambiaría... co efecto combinado do filtro, da decantación, mesmo cunhas bacterias boas que sei que ían traballar connosco , a lameira que temos na casa se transmutaría en augas cristalinas... pero non. O tronco xurde ameazante do fondo das augas escuras como un mostro do lago Ness (...tedes unha morena? comentou javier; tedes unha tartaruga de dous kilos o que?... comentou Tin...) Así que vimos claro que algo ía mal...O caso é que nos puxemos a investigar na internet e xa vimolo todo moito máis claro (ca auga). No noso descargo dicir que fixemos exactamente o que nos indicou o simpático pet shop boy. O que nos mandara o da tenda de animais foi botar o tronco en auga con sal un par de días e logo lavalo ben e xa está. Nooooo! iso nunca¡ e opinión común nos foros que eso non é recomendable. Agora, a touro pasado, dámonos conta de que non tiña moito sentido...tanta leira cos parámetros da auga e ala¡, a botarlle sal ao acuario de auga doce... O dos taninos, que tinxen a auga, sei que é somentes un problema estético, porque mal ós peces non fan. Pero a cousa, para mín, é que si é un problema estético, é un auténtico problema, polo que deixei ben claro que quero a auga cris-ta-li-na ou fora de ahí co acuario, co que a opción de deixalo tipo lameiro, simil natureza, foi rexeitada. Ben, para evitar o dos taninos sei que hai un produto, pero é máis ben cousa de limpar e traballar o tronco. Vamos, que non podes botar o tronco a auga sen máis, ala... Agora que cho dicen, claro, parece moi doado, e dis tí , claro home, como non o pensaras antes... Pero, sinceramente, eu pensaba que os troncos que mercabas nunha tenda de peces cunha etiquetiña co P.V.P colgando viñan xa listos, vamos, que solo tiñas que ciscalos dentro e ala, a outra cousa... Pois non, tes que traballalo igual que si o colleras da ribeira, e, a xulgar pola porcaría que sacamos del, mellor fora telo collido do río, que traballo nos daría o mesmo, pero tiñamos máis donde escoller e ademáis de balde. O chollo é que hai que retirarlle ó susodito tronco toda a parte blanda, que poda empodrecer para poder chegar, sic, a súa alma imputrescible. Pura teoloxía En fin, pasamos toda a fin de semana batendo no tronco cal miguel-anxos enardecidos, buscando o David agochado no bloque de marmol... escarbando na madeira para acadar a súa alma inmortal e imputrescible... E o caso é que a atopamos. A cousa foi curiosa. Ao principio as partes máis brandas caían soas cal estrume mesmo saía terra do interior do tronco. Despois fervemos o tronco, varias veces, e ao ir secando víanse moi ben onde quedaban partes brandas, que tiñan outra cor por tardar máis en secar. Ao final quedou un pau teso e duro, que viña sendo a alma do tronco, e que non era tan diferente ao corpo do principio... Iso é ao final a nosa alma... unha cousa bastante parecida a nos mesmos! Para rematar o proceso, e para cortarlle toda posible vía a un novo fracaso, hoxe puxemos o tronco no forno. Penso que despois do martirio que pasou o pobre pau, xa non ten taninos, ni ten nada. Agora vamos volver a empezar. Vaciamos toda a auga e vamos por o tronco "purificado" outra vez e a ver que pasa... mañana veremos, hoxe xa é moi tarde...