martes, 3 de febrero de 2009

o acuario non tira

Ben, xa podemos dicir, oficialmente, que o acuario non vai...
Ao principio parecía que era cousa de ter paciencia, que nun par de semanas todo cambiaría... co efecto combinado do filtro, da decantación, mesmo cunhas bacterias boas que sei que ían traballar connosco , a lameira que temos na casa se transmutaría en augas cristalinas... pero non. O tronco xurde ameazante do fondo das augas escuras como un mostro do lago Ness (...tedes unha morena? comentou javier; tedes unha tartaruga de dous kilos o que?... comentou Tin...) Así que vimos claro que algo ía mal...O caso é que nos puxemos a investigar na internet e xa vimolo todo moito máis claro (ca auga). No noso descargo dicir que fixemos exactamente o que nos indicou o simpático pet shop boy. O que nos mandara o da tenda de animais foi botar o tronco en auga con sal un par de días e logo lavalo ben e xa está. Nooooo! iso nunca¡ e opinión común nos foros que eso non é recomendable. Agora, a touro pasado, dámonos conta de que non tiña moito sentido...tanta leira cos parámetros da auga e ala¡, a botarlle sal ao acuario de auga doce... O dos taninos, que tinxen a auga, sei que é somentes un problema estético, porque mal ós peces non fan. Pero a cousa, para mín, é que si é un problema estético, é un auténtico problema, polo que deixei ben claro que quero a auga cris-ta-li-na ou fora de ahí co acuario, co que a opción de deixalo tipo lameiro, simil natureza, foi rexeitada. Ben, para evitar o dos taninos sei que hai un produto, pero é máis ben cousa de limpar e traballar o tronco. Vamos, que non podes botar o tronco a auga sen máis, ala... Agora que cho dicen, claro, parece moi doado, e dis tí , claro home, como non o pensaras antes... Pero, sinceramente, eu pensaba que os troncos que mercabas nunha tenda de peces cunha etiquetiña co P.V.P colgando viñan xa listos, vamos, que solo tiñas que ciscalos dentro e ala, a outra cousa... Pois non, tes que traballalo igual que si o colleras da ribeira, e, a xulgar pola porcaría que sacamos del, mellor fora telo collido do río, que traballo nos daría o mesmo, pero tiñamos máis donde escoller e ademáis de balde. O chollo é que hai que retirarlle ó susodito tronco toda a parte blanda, que poda empodrecer para poder chegar, sic, a súa alma imputrescible. Pura teoloxía En fin, pasamos toda a fin de semana batendo no tronco cal miguel-anxos enardecidos, buscando o David agochado no bloque de marmol... escarbando na madeira para acadar a súa alma inmortal e imputrescible... E o caso é que a atopamos. A cousa foi curiosa. Ao principio as partes máis brandas caían soas cal estrume mesmo saía terra do interior do tronco. Despois fervemos o tronco, varias veces, e ao ir secando víanse moi ben onde quedaban partes brandas, que tiñan outra cor por tardar máis en secar. Ao final quedou un pau teso e duro, que viña sendo a alma do tronco, e que non era tan diferente ao corpo do principio... Iso é ao final a nosa alma... unha cousa bastante parecida a nos mesmos! Para rematar o proceso, e para cortarlle toda posible vía a un novo fracaso, hoxe puxemos o tronco no forno. Penso que despois do martirio que pasou o pobre pau, xa non ten taninos, ni ten nada. Agora vamos volver a empezar. Vaciamos toda a auga e vamos por o tronco "purificado" outra vez e a ver que pasa... mañana veremos, hoxe xa é moi tarde...

No hay comentarios: