Levo tres semanas cunha guinlarda de Nadal metida dentro dun cartón de ovos nun estante da sala e tiña a todos despistados. Agora xa saben para que era.
O traballo aínda está sen rematar (teño que ir mercar máis ovos) pero xa se me están ocurrindo algunhas variantes... A verdade e que os cartóns de ovos sempre me pareceu que tiñan un montón de posibilidades...como esta...do artista Enno de Kroon
Eu sempre ando a agochalos polos recunchos pero o encargado de bota-lo lixo é demasiado expeditivo: o cartón, ao contenedor azul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario