Este apunte do natural foi un encargo do meu fillo mais novo
lunes, 30 de mayo de 2011
domingo, 29 de mayo de 2011
Dúas receitas e media
Este sábado levanteime en modo cociña, e deume por facer pan e un postre...como o pan enredoume bastante, botei man dun postre que por aquí ten moito exito e que é moi sinxelo. Aproveitei tamén para facer fotos do que preparei... cando vexo as fotos tan bonitas dos libros e dos blogs de cociña sempre digo, hei probar eu tamén!
Así que aí van as miñas receitas, os resultados e as súas fotos:
Boliños de pan:
Fíxenos cunha receita de Jamie Oliver, que aprendeu do seu colega Gennaro.Os ingredientes son estes:
-Levadura (eu usei 2 cubitos da que venden envasada, pero tamén pódese comprar na panadería)
-500 gr de fariña de forza
-500 gr de fariña de sémola (non o creeredes, pero a tiña na casa, de cando o meu home dáballe por facer pasta)
-1/4 de taza de mel (ou sucre, eu usei mel)
-174 de taza de sal
-Auga tibia (a que pida a fariña, mais ou menos entre 1/2 litro e 3/4 litro)
O proceso e sinxelo:
Primeiro, medimos e pesamos os ingredentes, despois, mezclamos o mel a levadura coa metade da auga ate que quede todo disolto. Mezclanse as dúas fariña e o sal e formase un volcan sobre a mesa de traballo, cun burato no medio, por algo é un volcán e non un monte.No burato vaise vertendo o liquido co mel e a levadura disoltos e con dous (ou tres) dedos vamos dando voltas no crater ata que o líquido vaia empapando as paredes do volcán. Se queres sacarlle fotos ao choio é importante usar so unha man, porque vai haber un momento moi pegañento de aquí a un pouco.
Así a pouquiños, vaise integrando a fariña co líquido, cando rematemos o da levadura, botamos do outro, cando cheguemos ao momento pegañento é importante non deprimirse, porque de aí a nada o que parece un fiasco, vaise converter nunha masa de verdade, que xa non pega tanto.
Hai que traballala do xeito habitual como un roliño e logo cambiar de xeito, traballandoa ben, ata poder facer un bolo redondiño, ben feitiño, que non se pegue as mans.
Ese bolo, temos que deixalo levedar, que non levitar. Eu deixeino nunha cunca de cristal, cun pano por riba, nun sitio cálido e sen correntes de aire, e esperar que a levadura faga o seu traballo. Cando está? cando vexas que da cunca sae unha especia de alien o dobre de grande do que deixaches nela.
Neste momento, cortase a masa en porcións e volvese amasar, sen medo, quitandolle o ar, ata darlle a forma definitiva, eu fixen boliños redondos, co movemento rotatorio de muñeca que nos aprendeu meu pai e que é marca da casa.
Unha vez feitos colocanse na lata que van ir ao forno, ben engrasada e espolvoreada de fariña, un pouco separados,e deixanse reposar outro pouco. Cando crezan outro pouquiño, ala pa dentro, e apenas nuns minutos de nada xa os tés para comer. Mellor poñelos a enfriar sobre unha rexiña, para que a condensación non os ablande e a comer!
No das fotos fixen moitas, antes e despois, algunhas quedaron mellor que outras, teño moito que aprender!
Esta é a receita dun postre moi sinxelo, para facer nun plis plas e que ós meus gustalles moito:
Mus express:
Esta receita aprendeuma unha compañeira de traballo que se chama Pilar. Os postres resultones e sinxelos son a súa especialidade (aprendeume outra con zume de limón, leite condensado e iogur grego, que teño que explicar outro día).
Ingredentes:
-Unha tableta de chocolate para fundir (non para a taza senon para postres)
-Un vasiño mais ou menos de nata líquida ou un cartón dos pequenos
-Nata montada ao gusto
-Canela ou cardamomo (opcional) dalle un toque aromático especial
Esta receita aprendeuma unha compañeira de traballo que se chama Pilar. Os postres resultones e sinxelos son a súa especialidade (aprendeume outra con zume de limón, leite condensado e iogur grego, que teño que explicar outro día).
Ingredentes:
-Unha tableta de chocolate para fundir (non para a taza senon para postres)
-Un vasiño mais ou menos de nata líquida ou un cartón dos pequenos
-Nata montada ao gusto
-Canela ou cardamomo (opcional) dalle un toque aromático especial
Ponse a quentar a nata líquida. Cando empece facer burbullas, retirase do lume e botase o chocolate troceado e removese para que non pegue, ata que estea fundido. Deixase enfriar un pouco e péscase, si se botou, a semente de cardamomo, que xa non fai nada aí.
Cando xa non está tan quente o chocolate, botas dentro a nata montada (si a compras xa feita, en esprai por exemplo, é ultra rápido) e removes un pouco, con coidado para conservar o aire que se poda da nata montada. Cando a mezcla sexa uniforme, botase nos recipentes individuais nos que se vai servir e metea no frigo. Canto mais tempo estea, mellor estará.
Eu para servilo, dinlle este toqueciño que aprendera de mi prima Andrea, e tamén explica Jamie no seu programa: colles un coitelo grande, e unha tableta de chocolate. Pos a tableta contra tí e co coitelo perpendicular a ela vas sacandolle virutas, para adornar o mus. E moi doado e quedan chulisimas.
E por último, a miña receita propia e particular:
Cereixas en gama cromática:
jueves, 26 de mayo de 2011
RETO
Hai tempo que non ía por RETO e como o outro día pasei perto da nave aproveitei para botar unha ollada, coa idea de curiosear e non mercar nada... Pero esa cousa de cor rosa estaba alí como chiscandome un ollo e foi vela e pensar: é miña...
As matriculas tamén caeron no lote e para completar un marco, dourado, que sempre ven ben. Sempre me piden o mesmo leve o que leve: 10 €, así que compensa facer un lotiño e levar todo xunto mais que ir preguntando cousa a cousa.
A verdade é que non sabía moi ben que facer co ¿expositor? rosa así que fun probando...Primeiro probei cos discos, pero gustoume mais como os tiña antes. Tamén pensei que facía un bo zapatero xiratorio para os nenos, a ver si así logramos agrupar os zapatos de dous en dous, que sempre andamos as carreiras pola mañán buscando un que falta.
As matriculas foron o carto do neno maior, que non protestou, polo que entendo que lle gustaron, que si non estou certa que xa mo tiña feito saber ...
miércoles, 25 de mayo de 2011
ordenando as teas
Xa comentara algunha vez que teño moreas de teas, vounas apañando aquí e alá ,sen mais criterio que me guste o estampado ou o tecido ou que sei eu...Hoxe deume por ordealas, coa idea de facer algo con elas, e ir dándolles saída...Como todo o que teño, é disperso e heteroxéneo...mil cores e estampados, mil tecidos mil materiais e tamaños diferentes... Quero agrupalas por tipo de tecido ,estampados e cores que combinen ben, coa idea de facer algo con elas...Son cousas tan diversas que é imposible que cadren ben todas xuntas na miña casa, así que estou dandolle voltas á idea de montar unha tenda on line, onde mostrar as cousas (pequenas) que vou facendo a partir deste monton de farrapos... Se cadra, alguén se anima a mercar algunha!
Esta é parte da miña coleción de panos de cociña. Por certo, débolle un mandil (ou avental, como lle gusta dicir ó meu amigo Ertopk) a miña irmá, que sempre mo anda a reclamar, mañán, si podo, fagollo. |
lunes, 23 de mayo de 2011
domingo, 22 de mayo de 2011
Paseos pola cidade
Estou collendo gusto a facer dipticos coas fotos dos paseos. As veces xuntando dúas fotos diferentes parece que xurde un único, novo e misterioso lugar ...outras veces quedan ben xuntas por puro contraste...
En vez de poñelas aos poucos, vou xuntalas todas e facer un resumen semanal: queda inaugurada unha nova sección do blog para os domingos! Os dous primeiros dípticos están feitos con fotos da andaina que fixemos o vernes algúns dos compañeiros de traballo. En vez de o partido de baloncesto da festa de Santa Rita, este ano fixemos unha andaina. Ahí estamos á volta da camiñata, no Obradorio, xustiño diante dos acampados indignados do 15-M.
Neste último díptico, a foto de abaixo é de hoxe, do instituto onde fumos votar. Estarán xuntando trastos para as caharelas de san xoan? A casiña das pintadas vimola ao lonxe na andaina do venres.
jueves, 19 de mayo de 2011
Paseo
Esta galiña tan civilizada que crucei no camiño é a cousa de cor laranxa que atopei no paseo de onte
Pero a cor que predominou no meu paseo de onte foi o verde
miércoles, 18 de mayo de 2011
fular 3
A voltas co dos fulares. Cando collo un oso, non o solto, como quen di...
Aquí teño outro feito con algún dos retais que vou colecionando. Xa cheguei ao punto ese que para facer o fular non teño que ir mercar nada, co que teño por casa -cintas, borlas, fios ou pasamanerías- vou arranxando, é o bo de apañar con todo...
O que si merquei foron estas froles...Nestes tempos de crise e apreturas, apeteceume de repente pensar ao grande e dicir, veña, vai, vou gastar en algo totalmente innecesario! necesitoo!
martes, 17 de mayo de 2011
Paseo
Eu vivo nunha cidade que é patrimonio da humanidade. Ten una zona antigua impresionante e uns parques urbanos que son unha maravilla. Cando a percorro non podo evitar sentirme orgullosa dela. Onte pensei que con eses bimbios, non tiña merito facer bos cestos, e deume por ir a zonas menos fotoxénicas... no que da, claro está, para ir e voltar nunha hora, que é a miña medida.
lunes, 16 de mayo de 2011
domingo, 15 de mayo de 2011
Arbores
O outro dia, camiñando pola rúa abafada pola calor, cambiei de beira para acollerme a sombra das arbores que vía ao outro lado...que ledicia! Deume por pensar que as arbores eran para os homes, no reino vexetal, o que os cans no reino animal, xente amiga. Logo mirando sobrecollida a dimensión do carballo que tiña diante, pensei, mira que chamarlle can a esta cousa sobrecolledora, e impresionante! Deronme ganas de facerlle unha pequena reverencia
Nestes dias abafantes, e de agradecer ter sitios coma estes para pasear...
E poder ver esto desde a fiestra cando almorzo é , simplemente, un privilexio:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)